Saltar ao contido

Universíada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da Federación Internacional de Deportes Universitarios.

Os Xogos Universitarios ou Universíadas son os eventos deportivos internacionais que reúnen aos atletas universitarios de todo o planeta. As Universíadas son organizadas pola Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU). A palabra "Universíada" provén da combinación das palabras "Universidade" e "Olimpiadas", tamén se utilizan termos máis correctos como Xogos Mundiais Universitarios ou Xogos Mundiais de Estudantes, aínda que actualmente o seu uso é frecuente en competicións estudantís non universitarias.

Os deportes que se practican nos Xogos Universitarios de verán son: fútbol, cravados, atletismo, baloncesto, ximnasia, esgrima, judo, loita, tiro, wáter-polo, taekwondo, tenis, voleibol, vela e natación. Pola súa banda, nas Universíadas de Inverno practícanse: esquí alpino, cross-country, salto en esquí, combinado nórdico, bíatlon, snowboard, curling, patinaxe artística, patinaxe de velocidade e hóckey sobre xeo.

Xogos Mundiais de Estudantes (Pre-Universíadas)

[editar | editar a fonte]

Un "Campionato Internacional de Universidades" celebrouse por vez primeira en 1923 promovido pola Union Nationale des Étudiants de France (UNEF). Os Xogos Mundiais de Estudantes de Verán empezaron a celebrarse oficialmente a partir de 1924 e eran organizados pola Confédération Internationale des Étudiants (CIE), en 1930 foron renomeados e pasaron a denominarse Xogos Universitarios Internacionais. En 1949 decidiuse que se celebrarían cada dous anos co nome de Semana Universitaria Internacioanal de Deportes de Verán, organizado pola Fédération Internationale du Sport Universitaire (FISU), empezaron a chamarse Xogos Mundiais de Estudantes a partir de 1957. O termo Universíadas foi utilizado por primeira vez nos xogos de Turín 1959.

Xogos Mundiais de Estudantes (UIE)

[editar | editar a fonte]

Os primeiros Xogos Mundiais de Estudantes oficiais celebráronse en 1924 e foron organizados pola Fédération Internationale du Sport Universitaire (FISU) desde 1949. Un evento alternativo foi organizado pola Union Internationale des Étudiants (UIE) desde 1947 ata 1962, incluíndo uns xogos non oficiais en 1954.

Universíadas

[editar | editar a fonte]
Ano Edición Universíadas de verán Edición Universíadas de inverno
1959I UniversíadaItalia Turín, Italia
1960I UniversíadaFrancia Chamonix, Francia
1961II UniversíadaBulgaria Sofía, Bulgaria
1962II UniversíadaSuíza Villars, Suíza
1963III Universíada Porto Alegre, Brasil
1964III UniversíadaChecoslovaquia Špindlerův Mlýn, Checoslovaquia
1965IV UniversíadaHungría Budapest, Hungría
1966IV UniversíadaItalia Sestriere, Italia
1967V Universíada Tokyo, Xapón
1968V UniversíadaAustria Innsbruck, Austria
1970VI UniversíadaItalia Turín, ItaliaVI UniversíadaFinlandia Rovaniemi, Finlandia
1972VII Universíada Lake Placid, Estados Unidos
1973VII UniversíadaUnión Soviética Moscova, Unión Soviética
1975VIII UniversíadaItalia Roma, ItaliaVIII UniversíadaItalia, Livigno, Italia
1977IX UniversíadaBulgaria Sofía, Bulgaria
1978IX UniversíadaChecoslovaquia Špindlerův Mlýn, Checoslovaquia
1979X Universíada Cidade de México, México
1981XI UniversíadaRomanía Bucarest, RomaníaX UniversíadaEspaña Jaca, España
1983XII Universíada Edmonton, CanadáXI UniversíadaBulgaria Sofía, Bulgaria
1985XIII Universíada Kōbe, XapónXII UniversíadaItalia Belluno, Italia
1987XIV UniversíadaIugoslavia Zagreb, IugoslaviaXIII UniversíadaChecoslovaquia Štrbské Pleso, Checoslovaquia
1989XV UniversíadaRepública Federal Alemá Duisburg, Alemaña FederalXIV UniversíadaBulgaria Sofía, Bulgaria
1991XVI Universíada Sheffield, Reino UnidoXV Universíada Sapporo, Xapón
1993XVII Universíada Buffalo, Estados UnidosXVI UniversíadaPolonia Zakopane, Polonia
1995XVIII Universíada Fukuoka, XapónXVII UniversíadaEspaña Jaca, España
1997XIX UniversíadaItalia Sicilia, ItaliaXVIII Universíada Muju, Corea do Sur
1999XX UniversíadaEspaña Palma de Mallorca, EspañaXIX UniversíadaEslovaquia Poprad Tatry, Eslovaquia
2001XXI UniversíadaRepública Popular da China Pequín, ChinaXX UniversíadaPolonia Zakopane, Polonia
2003XXII Universíada Daegu, Corea do SurXXI UniversíadaItalia Tarvisio, Italia
2005XXIII Universíada Esmirna, TurquíaXXII UniversíadaAustria Innsbruck, Austria
2007XXIV UniversíadaTailandia Bangkok, TailandiaXXIII UniversíadaItalia Turín, Italia
2009XXV Universíada Belgrado, SerbiaXXIV UniversíadaRepública Popular da China Harbin, China
2011XXVI UniversíadaRepública Popular da China Shenzhen, ChinaXXV Universíada Erzurum, Turquía
2013XXVII Universíada Kazán, RusiaXXVI UniversíadaItalia Trentino, Italia
2015XXVIII Universíada Gwangju, Corea do SurXXVII UniversíadaEspaña Granada, España
2017XXIX Universíada Taipei, TaiwánXXVIII Universíada Almaty, Kazakhstán
2019XXX Universíada Brasilia, BrasilXXIX Universíada Krasnojarsk, Rusia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]