Hipocampo (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hipocampo
Composición de imaxes feita polo Telescopio Espacial Hubble no ano 2009, que amosa a Neptuno e a Hipocampo. Tamén amosa algúns aneis do planeta. O brillo das lúas está realzado.
Descubrimento
Descuberta por M. Showalter e colaboradores.
Descuberta en 01-07-2013
Características orbitais[1]
Eixo semi-maior 104 200 km[note 1]
Excentricidade ~ 0,000[Cómpre referencia]
Período orbital 0,9362 d[1]
Inclinación ~ 0,0° (respecto do ecuador de Neptuno)
~ 0,0° (respecto do plano local de Laplace)[Cómpre referencia]
É un satélite de Neptuno
Características físicas
Radio medio 17 km[2]
Albedo baixo, asumido
Magnitude aparente 26,5[1]

Hipocampo, antes coñecido como S/2004 N 1 é unha lúa pequena de Neptuno que foi descuberta no ano 2013.[3] A lúa é tan pequena que non foi detectada pola sonda Voyager 2 no seu sobrevoo do sistema de Neptuno no ano 1989.[4] O seu descubridor foi Mark Showalter do instituto SETI, en xullo de 2013, cando analizaba unhas fotografías de Neptuno tomadas polo Telescopio Espacial Hubble entre os anos 2004 e 2009.[5] Hipocampo completa unha volta a Neptuno cada 22 horas e 28,1 minutos.[1]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Showalter examinou as imaxes dos aneis de Neptuno tomadas polo Hubble (HST) no ano 2009 usando unha técnica semellante á do varrido fotográfico para compensa-lo movemento orbital,[3][6] cando o 1 de xullo de 2013, detectou un punto difuso bastante obvio que representaba á nova lúa.[1] Revisando imaxes de arquivo do Hubble, volvería a atopa-lo satélite ata retrotraerse a imaxes do 2004. A Voyager 2, pola contra, non puido detecta-la lúa no seu paso por Neptuno do ano 1989, por mor do seu baixisimo brillo.[3] Dado que as imaxes xa hai bastante tempo que estaban a disposición do público, a lúa puido ser descuberta case por calquera.[1]

Hipocampo é a sétima lúa a partir do planeta. É 14ª lúa descuberta de Neptuno, e é a primeira lúa de Neptuno descuberta dende setembro do ano 2003.

Nome[editar | editar a fonte]

Foi nomeado (e aprobado pola IAU) a partir dos hipocampos, presentes na mitoloxía grega e romana como seres submarinos, conforme ó decidido para os satélites de Neptuno.[2]

Orixe[editar | editar a fonte]

A maior lúa de Neptuno, Tritón, que ten un movemento retrógrado e unha órbita inclinada, pénsase que foi capturada do cinto de Kuiper despois da formación do sistema de satélites orixinal de Neptuno. As órbitas das lúas preexistentes teríanse desprazado de lugar polo proceso de captura, este fenómeno tería expulsado a algunhas lúas e outras seguramente foron destruídas a causa de colisións con outros corpos do sistema de Neptuno.[7][8] Pénsase que os actuais satélites interiores de Neptuno son unha acreación do cascallos e refugallos que quedaron a deriva despois de que a órbita de Tritón se tornase circular.[9]

De xeito máis particular, Proteo tería migrado cara ó exterior por interaccións de marea con Neptuno. Os resultados suxiren que Hipocampo oide ser un antigo fragmento de Proteo, apoiando a hipótese que o sistema interior neptuniano foi formado a partir de numerosos impactos, e que os seus radios orbitais diferńcianse en só un 10%.[4]

Propiedades físicas[editar | editar a fonte]

Asumindo que a lúa ten un albedo (refectividade) baixo, comparable a doutros satélites internos escuros de Neptuno, a magnitude aparente de 26,5 outorgaríalle un diámetro duns 16 a 20 km, o cal fai que esta lúa sexa a máis pequena de Neptuno. Axustes posteriores asígnanlle un diámetro medio de 34 km

Propiedades orbitais[editar | editar a fonte]

Diagrama das órbitas das lúas interiores de Neptuno, coa órbita de S/2004 N 1 remarcada.

Ten un período orbital de 0,9362 días[1] e un semi-eixo maior de 104 200 km, un pouco máis dun cuarto do semi-eixo maior da nosa Lúa, e máis de dúas veces o radio medio dos Aneis de Neptuno. Orbita entre Larisa e Proteo, converténdose así na segunda lúa regular máis externa de Neptuno. Tanto a súa inclinación coma a súa excentricidade son practicamente cero.[1]

Os períodos de Larisa, Hipocampo e Proteo están a menos do un por cento dunha resonancia orbital de 3:5:6.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baseado no valor do período dado na referencia Sky & Telescope,[1] o cal non casa co valor do semi-maior eixo que ofrece a mesma fonte.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Kelly Beatty (15-072013). "Neptune's Newest Moon". Sky & Telescope. Arquivado dende o orixinal o 16-07-2013. Consultado o 15-07-2013. 
  2. 2,0 2,1 "Hubble helps uncover origin of Neptune's smallest moon Hippocamp [heic1904]". sci.esa.int (en inglés). Consultado o 2019-02-21. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Space Telescope Science Institute, ed. (15-07-2013). "Hubble Finds New Neptune Moon". Consultado o 15-07-2013. 
  4. 4,0 4,1 French, R. S.; J. J. Lissauer; de Pater, I.; Showalter, M. R. (2019-02). "The seventh inner moon of Neptune". Nature (en inglés) 566 (7744): 350–353. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/s41586-019-0909-9. 
  5. "Nasa's Hubble telescope discovers new Neptune moon". BBC News. Consultado o 16-07-2013. 
  6. Showalter, M. R. (15-07-2013). "How to Photograph a Racehorse …and how this relates to a tiny moon of Neptune". Mark Showalter's blog. Consultado o 16-07-2013. 
  7. Goldreich, P.; Murray, N.; Longaretti, P. Y.; Banfield, D. (1989). "Neptune's story". Science 245 (4917): 500–504. Bibcode:1989Sci...245..500G. PMID 17750259. doi:10.1126/science.245.4917.500. 
  8. R.Naeye (Setembro do 2006). "Triton Kidnap Caper". Sky & Telescope 112 (3): 18. Bibcode:2006S&T...112c..18N. 
  9. Banfield, Don; Murray, Norm (Outubro do 1992). "A dynamical history of the inner Neptunian satellites". Icarus 99 (2): 390–401. Bibcode:1992Icar...99..390B. doi:10.1016/0019-1035(92)90155-Z.