Saltar ao contido

Tour de Francia 1974

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 1974
Mapa de localización
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte de1974 Super Prestige Pernod (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento4.098 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaBrest Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes130, inicio
105, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, Reino Unido, Bélxica, España e Andorra Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo27 de xuño de 1974 – 21 de xullo de 1974 Editar o valor en Wikidata
Número de edición61 Editar o valor en Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Eddy Merckx
Segundo da clasificación xeral Raymond Poulidor
Terceiro da clasificación xeral Vicente López Carril
Gañador da clasificación por puntos Patrick Sercu
Gañador da clasificación da montaña Domingo Perurena
Winner of the combination classification Eddy Merckx
Winner of the most combative rider Eddy Merckx
Vencedora da classificação por equipas Kas-Kaskol 1974
Gañador da clasificación de equipos por puntos Gan-Mercier-Hutchinson 1974
Gañador da clasificación das metas volantes Barry Hoban
Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 1974 foi a 61ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 4098 quilómetros comezou o 27 de xuño na cidade bretoa de Brest, e rematou o 21 de xullo no Velódromo de Vincennes de París, pasando por un total de catro estados diferentes: Francia, Bélxica, Reino Unido e España.

Na carreira participaron 13 equipos, con 10 corredores por equipo, para un total de 130 corredores, dos cales remataron 105. As ausencias mais salientables eran o vixente gañador Luis Ocaña, o recente gañador da Vuelta a España José Manuel Fuente, o italiano Felice Gimondi e o neerlandés Joop Zoetemelk. Entre as presenzas máis importantes estaban Bernard Thévenet, Raymond Poulidor, Lucien Van Impe, Roger Pingeon, e sobre todo o recente gañador do Giro de Italia, o belga Eddy Merckx, que xa tiña 4 Tours no seu palmarés.

Vicente López Carril, do equipo KAS, presentouse como o único representante galego na carreira, cunha moi salientable participación, pois foi quen de acadar o 3º posto final na clasificación xeral, perdendo o 2º posto tan só na penúltima etapa contra o reloxo. Tamén acadou unha vitoria na 11ª tirada,[1] unha etapa alpina que remataba en Serre Chevalier, sacándolle 54 segundos a Eddy Merckx.[2]

Eddy Merckx levou posto o maillot amarelo en 17 das 22 etapas, facéndose con 8 vitorias parciais e co seu 5º Tour de Francia. Domingo Perurena acadou a vitoria na clasificación da montaña, e Patrick Sercu na clasificación por puntos. En ámbalas dúas clasificacións, Eddy Merckx ocupou o segundo posto.

A estación de esquí de Serre Chevalier presenciou a vitoria de Vicente López Carril na 11ª etapa.
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 27 de xuño Brest 7,1 (CRI) Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx
1.ª 28 de xuño Brest - Saint-Pol-de-Léon 144 Italia Ercole Gualazzini Bélxica Joseph Bruyère
2.ª 29 de xuño Plymouth - Plymouth 163,7 Países Baixos Henk Poppe Bélxica Joseph Bruyère
3.ª 30 de xuño Morlaix - Saint-Malo 190 Bélxica Patrick Sercu Bélxica Joseph Bruyère
4.ª 1 de xullo Saint-Malo - Caen 184.5 Bélxica Patrick Sercu Bélxica Eddy Merckx
5.ª 2 de xullo Caen - Dieppe 165 Bélxica Ronald De Witte Países Baixos Gerben Karstens
6.ª (1) 3 de xullo Dieppe - Bélxica Harelbeke 239 Francia Jean-Luc Molinéris Bélxica Patrick Sercu
6.ª (2) 3 de xullo Bélxica Harelbeke - Bélxica Harelbeke 9 (CRE) Países Baixos Equipo Molteni Países Baixos Gerben Karstens
7.ª 4 de xullo Bélxica Mons - Châlons-sur-Marne 221.5 Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx
8.ª (1) 5 de xullo Châlon-sur-Marne - Chaumont 136 Francia Cyrille Guimard Bélxica Eddy Merckx
8.ª (2) 5 de xullo Chaumont - Besançon 152 Bélxica Patrick Sercu Bélxica Eddy Merckx
9.ª 6 de xullo Besançon - Gaillard 241 Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx
10.ª 7 de xullo Gaillard - Aix-les-Bains 131,5 Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx
11.ª 8 de xullo Aix-les-Bains - Serre Chevalier 199 Galicia Vicente López Carril Bélxica Eddy Merckx
12.ª 10 de xullo Savines-le-Lac - Orange 231 Bélxica Jozef Spruyt Bélxica Eddy Merckx
13.ª 11 de xullo Avignon - Montpellier 126 Barry Hoban Bélxica Eddy Merckx
14.ª 12 de xullo Lodève - Colomiers 248.5 Francia Jean-Pierre Genet Bélxica Eddy Merckx
15.ª 13 de xullo Colomiers - España La Seu d'Urgell 225 Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx
16.ª 14 de xullo España La Seu d'Urgell - Pla d'Adet 209 Francia Raymond Poulidor Bélxica Eddy Merckx
17.ª 15 de xullo Saint-Lary-Soulan - Col du Tourmalet 119 Francia Jean-Pierre Danguillaume Bélxica Eddy Merckx
18.ª 16 de xullo Bagnères-de-Bigorre - Pau 141.5 Francia Jean-Pierre Danguillaume Bélxica Eddy Merckx
19.ª (1) 17 de xullo Pau - Bordeos 195.5 Francia Francis Campaner Bélxica Eddy Merckx
19.ª (2) 18 de xullo Bordeos - Bordeos 12.4 (CRI) Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx
20.ª 19 de xullo Saint-Gilles-Croix-de-Vie - Nantes 117 Países Baixos Gérard Vianen Bélxica Eddy Merckx
21.ª (1) 20 de xullo Vouvray - Orleáns 112.5 Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx
21.ª (2) 20 de xullo Orleáns - Orleáns 37.5 (CRI) Bélxica Michel Pollentier Bélxica Eddy Merckx
22.ª 21 de xullo Orleáns - París 146 Bélxica Eddy Merckx Bélxica Eddy Merckx
  • CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.

Clasificación final

[editar | editar a fonte]

Eddy Merckx acadou o seu 5º Tour de Francia, igualando a cifra récord de 5 Tours acadada 10 anos antes polo francés Jacques Anquetil. Os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 1974 quedou do seguinte xeito:

Eddy Merckx en 1974.
Posición Ciclista Equipo Tempo
Bélxica Eddy Merckx Molteni 116h 16' 58"
2 Francia Raymond Poulidor Gan-Mercier + 8' 04"
3 Galicia Vicente López Carril KAS + 8' 09"
4 Italia Wladimiro Panizza Brooklyn + 10' 59"
5 España Gonzalo Aja KAS + 11' 24"
6 Portugal Joaquim Agostinho Bic + 14' 24″
7 Bélxica Michel Pollentier Carpentier + 16' 34″
8 Francia Mariano Martínez Sonolor + 18' 33″
9 Francia Alain Santy Gan-Mercier + 19' 55″
10 Bélxica Herman Van Springel Mic + 24' 11″

O resultado final do Tour de Francia 1974 supuxo o primeiro podio dun ciclista galego na historia da carreira mais importante do mundo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]