Saltar ao contido

Tomé (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomé
 Nome orixinal
    Tomé (mul) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 192930
Wikidata C:Commons
A incredulidade de San Tomé (Caravaggio)

Tomé[1] (pronuncia: [toˈmɛ])[2] é un nome propio masculino galego e portugués. A súa orixe é o siríaco Toma.[1]

En xaneiro de 2023 existían 60 varóns en Galicia co nome Tomé, cunha media de idade de 14,1 anos.[3]

Uso do nome

[editar | editar a fonte]

A grafía antiga deste nome en galego-portugués era Thomé (ex. Pazo de Santhomé, en Vigo). En portugués tamén se grafou coma Tomaz ata o acordo ortográfico de 1943.

Non se trata dun nome de orixe bíblica, mais si dunha palabra en aramaico para designar xemelgo: תום, Tôm, Tômâ ou Tau'ma, posteriormente traducida a lingua grega como Δίδυμος ou Didymos. Como se utilizaba esa palabra xunto ao nome de Xudas Tomé nos escritos bíblicos para distinguilo de Xudas Iscariote e de Xudas Tadeu, acabouse por se consagrar esa palabra como un antropónimo, na forma de San Tomé. Ata hoxe cuestiónase de quen era realmente irmán xemelgo Xudas Tomé, talvez de Xudas Tadeu. Do grego, o nome foi traducido ao latín Thomas, de aí as dúas variantes lexítimas en galego portugués: Tomás e Tomé, e posteriormente ao xermánico Thomas.

O nome Tomé non era moi popular, ata o século XII cando ten lugar o martirio de San Tomé Becket. Nos séculos posteriores o sentido relixioso do nome foi reforzado por outras personalidades católicas, como Tomé de Aquino. Hoxe, aínda, non se asocia tanto este nome á relixiosidade coma outros máis populares.

Foi un nome común na antigüidade en Galicia, xa que existen 47 parroquias galegas que teñen a San Tomé como patrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Tomé).

Etnografía

[editar | editar a fonte]
  • San Tomé, agarra o cocho polo pé[4].

Variantes noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Tomé". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>.
  2. ↑ Dicionario de pronuncia da lingua galega - http://ilg.usc.es/pronuncia/?pq=&q=Tom%C3%A9&l=1&propios=on&c%5B%5D=1
  3. ↑ Nome Tomé na Web do Instituto Galego de Estatística
  4. ↑ Literatura popular de Galicia, 1881, Juan Antonio Saco y Arce. Ed. De J. L. Saco, Ourense
  5. ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]