Spencer Dinwiddie
![]() | |
Dallas Mavericks – No. 26 | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 6 de abril de 1993 (29 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | William Howard Taft (Woodland Hills, California) |
Universidade | Colorado (2011–2014) |
NBA Draft | 2014 / Rolda: 2 / Elección: 38 Por Detroit Pistons |
Carreira | dende 2014 |
Historial de equipos | |
Detroit Pistons (2014–2016) → Grand Rapids Drive (2014–2016) Windy City Bulls (2016) Brooklyn Nets (2016–2021) Washington Wizards (2021–2022) Dallas Mavericks (2022–presente) |
Spencer Dinwiddie, nado o 6 de abril de 1993 nos Ánxeles (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 26 de xuño de 2014, Dinwiddie foi elixido na 38ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Detroit Pistons.[1] O 21 de xullo, asinou un contrato de tres anos cos Pistons.[2] Durante as súas dúas primeiras tempadas na NBA, foi asignado en varias ocasións ós Grand Rapids Drive, afiliado dos Pistons na NBA Development League.
O 17 de xuño de 2016, Dinwiddie foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Cameron Bairstow.[3] O 7 de xullo foi cortado polos Bulls,[4] pero foi contratado de novo o 28 de xullo.[5] O 21 de outubro de 2016, foi cortado outra vez polos Bulls.[6]
O 6 de agosto de 2021, Dinwiddie foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre tres equipos.[7] Dinwiddie asinou cos Wizards un contrato por tres anos e 54 millóns de dólares.[8]
O 10 de febreiro de 2022, Dinwiddie foi traspasado xunto a Dāvis Bertāns ós Dallas Mavericks, a cambio de Kristaps Porziņģis e unha elección protexida da segunda rolda do Draft de 2022.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Valdez, Alexandria (26 de xuño de 2014). "Spencer Dinwiddie drafted by Pistons in second round at No. 38". DenverPost.com. Consultado o 27 de xuño de 2014.
- ↑ Feldman, Dan (21 de xullo de 2014). "Report: Spencer Dinwiddie gets three-year contract from Pistons". NBCSports.com. Consultado o 21 de xullo de 2014.
- ↑ "Bulls acquire Spencer Dinwiddie for Cameron Bairstow". NBA.com. 17 de xuño de 2016. Consultado o 17 de xuño de 2016.
- ↑ "Report: Bulls waive point guard Spencer Dinwiddie". csnchicago.com. 7 de xullo de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ "BULLS SIGN SPENCER DINWIDDIE". NBA.com. 28 de xullo de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ "Bulls waive Spencer Dinwiddie". NBA.com. 21 de outubro de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ "Washington acquires six players in five-team trade". NBA.com. 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Washington acquires six players in five-team trade". NBA.com. 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Mavs trade Porzingis to Wizards for Dinwiddie and Bertans". National Basketball Association. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 10 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)