Anthony Bennett
![]() | |
Hapoel Jerusalem – No. 13 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1993 (29 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Harold M. Brathwaite (Brampton, Ontario) Findlay Prep (Henderson, Nevada) |
Universidade | UNLV (2012–2013) |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Cleveland Cavaliers |
Carreira | dende 2013 |
Historial de equipos | |
Cleveland Cavaliers (2013–2014) Minnesota Timberwolves (2014–2015) Toronto Raptors (2015–2016) →Raptors 905 (2015–2016) Brooklyn Nets (2016–2017) →Long Island Nets (2016) Fenerbahçe (2017) Northern Arizona Suns (2017) Maine Red Claws (2017–2018) Agua Caliente Clippers (2018–2019) Cangrejeros de Santurce (2021) Hapoel Jerusalem (2021–presente) |
Anthony Harris Bennett, nado o 14 de marzo de 1993 en Toronto, Ontario, é un xogador de baloncesto profesional canadense que xoga no Hapoel Jerusalem BC israelí.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 27 de xuño de 2013, Bennett foi elixido na 1ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Cleveland Cavaliers.[1] Na súa tempada coma rookie foi cualificado coma unha das peores primeiras eleccións do Draft dos derradeiros anos.[2]
O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso entre os Cavaliers, os Minnesota Timberwolves e os Philadelphia 76ers. Como parte do acordo, Bennett e Andrew Wiggins foron traspasados ós Timberwolves, xunto a Thaddeus Young dos Sixers. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, e os 76ers recibiron a Luc Mbah a Moute e Alexey Shved de Minnesota e unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 de Cleveland.[3] O 19 de outubro de 2014, decidiron ampliar o contrato de Bennett ata a tempada 2015-16.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cleveland Cavaliers take Anthony Bennett with No. 1 overall pick in 2013 NBA Draft". Yahoo. 28 de xuño de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2013.
- ↑ Ford: Anthony Bennett Looking Like Worst No. 1 Overall Pick In 20 Years
- ↑ "Philadelphia 76ers Acquire 2015 First-round Pick From Minnesota". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 23 de agosto de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2014.
- ↑ "Timberwolves Exercise Team Options on Bennett, Dieng and Muhammad". NBA.com. 19 de outubro de 2014. Consultado o 19 de outubro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil en UNLV (en inglés)
- Perfil en ESPN.com (en inglés)
- Perfil en Rivals.com (en inglés)
- Nados en 1993
- Nados en Toronto
- Xogadores de baloncesto do Canadá
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto)
- Xogadores dos Cangrejeros de Santurce
- Xogadores do Hapoel Jerusalem BC
- Canadenses de ascendencia xamaicana