Taraxacum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Taraxacum

Unha inflorescencia de mexacán composta por numerosas pequenas flores (arriba). A inflorescencia con sementes móstrase debaixo.
Unha inflorescencia de mexacán composta por numerosas pequenas flores (arriba). A inflorescencia con sementes móstrase debaixo.

Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asteridas
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Cichorioideae
Tribo: Cichorieae
Subtribo: Crepidinae
Xénero: Taraxacum
F. H. Wigg.
Especie tipo
Taraxacum officinale [1]
F. H. Wigg.

Taraxacum é un gran xénero de plantas con flor da familia Asteraceae nativo de Eurasia e Norteamérica, pero con dúas especies que se estenderon por case todo o mundo, T. officinale (o mexacán[2] ou leitaruga) e T. erythrospermum, que foron importadas de Europa e propagáronse despois como plantas silvestres.[3] Estas dúas especies son comestibles.[4]. Igual que outros membros da familia Asteraceae, teñen pequenas flores todas xuntas formando unha inflorescencia arredondada en capítulo. Moitas especies de Taraxacum producen sementes asexualmente por apomixe, na cal as sementes se orixinan sen polinización, dando lugar a unha descendencia que é xeneticamente idéntica á planta parental.[5]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra latina Taraxacum crese que deriva da voz do idioma persa tharakhchakon ou talj chakuk (تلخ چکوک), que significa "herba amarga" e que probablemente designa un certo tipo de chicoria.[6] O científico persa Al-Razi arredor do 900 d.C. escribiu "the tarashaquq é como chicoria". O científico persa e filósofo Ibn Sīnā arredor do ano 1000 d.C. escribiu un capítulo dun dos seus libros sobre o Taraxacum. Ata o ano 1000 o vocablo non pasou ao latín medieval a través do médico persa Avicena. Xerardo de Cremona, ao traducir do árabe ao latín arredor de 1170, ortografouno tarasacon.[7][8] Non obstante, outra etimoloxía que se lle atribuíu é a súa procedencia das palabras gregas taraxos, mal, doenza, e akon, remedio, en alusión ás súas propiedades medicinais.[9]

Descrición[editar | editar a fonte]

As especies de Taraxacum son plantas con raíz primaria, perennes, herbáceas, nativas de áreas temperadas do hemisferio norte. O xénero contén moitas especies que xeralmente (ou no caso dos triploides, obrigadamente) se reproducen por apomixe, orixinando en moitas poboacións locais e endemismos.[10]

En xeral, as súas follas son de 5 a 25 cm de longo ou incluso maiores, simples, dentadas e forman unha roseta basal sobre o nacemento da raíz primaria. O pseudantio (inflorescencia en capítulo) é de cor amarela a laranxa, e está aberta durante o día, pero péchase pola noite. As inflorescencias están situadas sobre un talo oco (escapo) que xeralmente non ten follas e ten de 1 a 10 cm ou máis de altura[3] desde as últimas follas. Os talos e follas exsudan un látex branco leitoso cando rompen. Unha roseta basal destas plantas pode producir varios talos florais á vez. As inflorescencias en capítulo son de 2 a 5 cm de diámetro e constan enteiramente de lígulas. A medida que os capítulos maduran orixinan cabezas esféricas cheas de sementes[11] que conteñen moitos froitos dunha soa semente chamados aquenios. Cada aquenio está unido a un conxunto de finos pelos semellante a un paracaídas, o papo, que facilita que o vento os arranque da planta e os leve ás veces a grandes distancias.

O capítulo está rodeado de brácteas (ás veces confundidas con sépalos) dispostas en dúas series. As brácteas internas están erectas ata que as sementes maduran, despois dóbranse para permitir a dispersión das sementes. As brácteas externas están a miúdo dobradas cara a atrás, pero permanecen apertadas nas plantas das seccións Palustria e Spectabilia. Nalgunhas especies cae o papo peloso dos aquenios, que está formado por sépalos modificados. Entre o papo e o aquenio hai un taliño ou pedicelo que os une, que se alonga a medida que o froito madura. Este taliño despréndese do aquenio bastante facilmente, separando a semente do "paracaídas".

Dispersión das sementes[editar | editar a fonte]

Segmento da fibra do papo mostrando as barbas.

Varias especies de Taraxacum son plantas ruderais dispersoras de sementes que colonizan rapidamente o solo perturbado, especialmente o mexacán (T. officinale), que foi introducido en gran parte do mundo temperdo. Despois de acabada a floración, a inflorescencia do mexacán seca durante un ou dous días. Os pétalos e estames secos caen, as brácteas dóbranse para atrás e a inflorescencia ábrese tomando forma esférica. As sementes son levadas polo vento.

Clasificación[editar | editar a fonte]

O xénero é taxonomicamente complexo, e algúns botánicos divídeno nunhas 34 macroespecies e unhas 2 000 microespecies;[12] porén, outros botánicos só aceptan unhas 60 especies.[12]

Especies seleccionadas[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Os Taraxacum evolucionaron hai uns 30 millóns de anos en Eurasia.[16] Atopáronse sementes fósiles de †Taraxacum tanaiticum do Plioceno do sur de Belarús.[17] Foron utilizados polos humanos como alimento e herba medicinal en gran parte da historia.[18] "Eran ben coñecidos polos antigos exipcios, gregos e romanos, e foron utilizados na medicina tradicional chinesa durante uns mil anos. Probablemente chegaron a Norteamérica no Mayflower, non como polisóns senón traídos a mantenta polas súas propiedades medicinais".[19]

As follas lembran a un dente de león, de aí que en moitos idiomas se lle chame dente de león ao mexacán.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Comestible[editar | editar a fonte]

Os Taraxacum encóntranse en todos os continentes e foron recollidos para a alimentación desde a prehistoria, pero as variedades cultivadas para o consumo son principalmente nativas de Eurasia. É unha planta perenne e as súas follas volven crecer da base da raíz se esta está intacta. Para facer as follas máis agradables ao padal, adoitan escaldarse para eliminar o amargor,[18] ou refogarse de igual modo que as espinacas.[20] As follas e gromos destas plantas formaron parte de pratos da cociña tradicional de Caxemira, eslovena, sefardí, chinesa e coreana. En Creta, cómense as follas dunha variedade chamada 'Mari' (Μαρί), 'Mariaki' (Μαριάκι) ou 'Koproradiko' (Κοπροράδικο), crúas ou cocidas, en ensaladas. T. megalorhizon, unha especie endémica de Creta, cómese da mesma maneira; encóntrase só a elevadas altitudes (1 000 a 1 600 m) e en sitios ermos, e denomínase alí pentaramia (πενταράμια) ou agrioradiko (αγριοράδικο).[21]

Os pétalos da flor, xunto con outros ingredientes, entre os que xeralmente se inclúen cítricos, utilízanse para facer viño de mexacán. As raíces enterradas torradas poden usarse para facer un café de mexacán.[22] O mexacán usouse tamén tradicionalmente para facer a bebida suave tradicional británica chamada dandelion and burdock (que contén T. officinale e Arctium lappa), e é un dos ingredientes da cervexa de raíz. Ademais, os mexacáns foron considerados na época vitoriana unha exquisitez, principalmente en ensaladas e sandwiches.

As follas de mexacán conteñen moitas vitaminas e minerais, especialmente as vitaminas A, C e K, e son boas fontes de calcio, potasio, ferro e manganeso.[23][24]

Alimento para a vida silvestre[editar | editar a fonte]

As sementes de Taraxacum son unha importante fonte de alimento para certos paxaros.[25]

Son tamén importantes para as abellas do hemisferio norte, xa que lles proporcionan unha importante fonte de néctar e pole ao inicio da estación.[26] Estas plantas son utilizadas como alimento por larvas de varias especies de lepidópteros. Tamén come o seu néctar a ninfálida Boloria euphrosyne, unha das primeiras bolboretas que aparecen na primavera.

Usos medicinais[editar | editar a fonte]

Historicamente o mexacán foi aprezado polas súas variadas propiedades medicinais, e contén varios compostos farmacoloxicamente activos.[27] O mexacán utilízase como remedio herbal en Europa, Norteamérica e a China.[27] Foi utilizado como herba medicinal para tratar infeccións, problemas biliares e de fígado,[27] e como diurético.[27]

Perigos[editar | editar a fonte]

Os mexacáns son considerados unha planta invasora en Alasca, onde posperan durante as longas horas de luz diúrna do verán desas latitudes e chegan a ser moi altos, como este espécime de 85 cm.

O pole dos mexacáns pode causar reaccións alérxicas cando se come ou reaccións adversas na pel en individuos sensibles. Tamén se informou de casos de dermatite de contacto causada pola súa manipulación, probablemente debido ao látex que soltan os talos e follas.[28][29] Debido ao seu alto contido en potasio, os mexacán poden incrementar o risco de hipercalemia cando se toman con diuréticos que conservan o potasio.[30]

Beneficiosa en xardinería[editar | editar a fonte]

En xardinería considérase son plantas beneficiosas, teñen moitos usos e mesmo son boas plantas para acompañar a outras nos xardíns. As súas raíces soben nutrientes para as plantas de raíces pouco profundas e engaden minerais e nitróxeno ao solo. Tamén se sabe que atraen insectos polinizadores e liberan gas etileno, que axuda a que as froitas maduren.[31]

Mala herba[editar | editar a fonte]

A especie T. officinale está cualificada como mala herba nalgunhas xurisdicións,[32] e considérase unha molestia en zonas residenciais e céspedes de parques en Norteamérica.[33] É tamén unha mala herba importante en agricultura e causa danos económicos significativos debido á infestación que crea en moitos cultivos agrícolas en todo o mundo.[32]

Fonte de caucho natural[editar | editar a fonte]

Os mexacáns segregan látex cando os seus tecidos se cortan ou rompen, aínda que no tipo silvestre o látex producido é pouco e pode variar moito. Usando métodos de cultivo modernos e técnicas de optimización, os científicos do Instituto Fraunhofer para a bioloxía molecular e ecoloxía aplicada (IME) de Alemaña desenvolveron un cultivar que é axeitado para a produción industrial de caucho ou goma natural. O látex producido mostra as mesmas cualidades que o caucho natural das árbores do caucho.[34] En colaboración con Pneumáticos Continental, o IME está construíndo unha instalación piloto. En maio de 2014, programáronse as primeiras probas de pneumáticos prototipo feitos con mesturas de caucho de mexacán en estradas públicas que se prevé facer ao longo dos seguintes anos.[35]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adrian John Richards (1985). "Sectional nomenclature in Taraxacum (Asteraceae)". Taxon 34 (4): 633–644. JSTOR 1222201. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mexacán.
  3. 3,0 3,1 Luc Brouillet. "Taraxacum F. H. Wiggers, Prim. Fl. Holsat. 56. 1780". Flora of North America. 
  4. "Wild About Dandelions". Mother Earth News. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 24 de maio de 2017. 
  5. J. Doll & T. Trower. "Dandelion". WeedScience. University of Wisconsin. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2008. Consultado o 24 de maio de 2017. 
  6. "Taraxacum officinale en A. Vogel, Enciclopedia de Plantas". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 25 de maio de 2017. 
  7. Reported in An Etymological Dictionary of the English Language, by Walter W. Skeat (1888) (Downloadable at Archive.org).
  8. An Etymology Dictionary of Modern English de Ernest Weekley (1921) (Downloadable at Archive.org).
  9. "Taraxacum officinale en Loreak asmatzen: Naturalistas europeos en el País Vasco. Petit de Meurville – Pietro Bubani". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de maio de 2017. 
  10. Stace, C. A. (2010). New Flora of the British Isles (Third ed.). Cambridge, U.K.: Cambridge University Press. p. 712. ISBN 9780521707725. 
  11. "dandelion clock - Definition from Longman English Dictionary Online". Jonas: Mosby's Dictionary of Complementary and Alternative Medicine. (c) 2005, Elsevier. Ldoceonline.com. Consultado o 2010-07-03. 
  12. 12,0 12,1 A. J. Richards (1970). "Eutriploid facultative agamospermy in Taraxacum". New Phytologist 69 (3): 761–774. JSTOR 2430530. doi:10.1111/j.1469-8137.1970.tb02461.x. 
  13. "Alberta Biodiversity Monitoring Institute - Taraxacum ceratophorum". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2014. Consultado o 2013-08-29. 
  14. "Flora of North America". Efloras.org. Consultado o 2012-08-29. 
  15. "Plants For A Future Search Error". www.ibiblio.org. Consultado o 2017-04-17. 
  16. "Gardening in Western Washington: Dandelions". Gardening.wsu.edu. 2003-05-04. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 2012-08-29. 
  17. The Pliocene flora of Kholmech, south-eastern Belarus and its correlation with other Pliocene floras of Europe de Felix Yu. VELICHKEVICH and Ewa ZASTAWNIAK - Acta Palaeobot. 43(2): 137–259, 2003
  18. 18,0 18,1 McGee, Harold (2004). "A survey of common vegetables". On Food and Cooking: the science and lore of the kitchen. New York: Scribner. p. 320. ISBN 0-684-80001-2. 
  19. Association, Maine Organic Farmers and Gardeners. "Dandelions". www.mofga.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-17. 
  20. "Sauted Dandelion Greens" Arquivado 16 de maio de 2017 en Wayback Machine., ItalianFoodForever.com
  21. Kleonikos G. Stavridakis; Κλεόνικος Γ. Σταυριδάκης (2006). Wild edible plants of Crete - Η Άγρια βρώσιμη χλωρίδα της Κρήτης. Rethymnon Crete. ISBN 960-631-179-1. 
  22. Castronovo Fusco, MA (2008-04-15). "Dandelion as underrated as underfoot". New Jersey On-Line. Consultado o 2011-03-07. 
  23. "Dandelion greens, raw". Nutritiondata.com. Consultado o 2011-03-07. 
  24. "What Are the Health Benefits of Dandelion?". www.findatopdoc.com (en inglés). Consultado o 2017-04-17. 
  25. D. L. Buckingham & W. J. Peach (2005). "The influence of livestock management on habitat quality for farmland birds". Animal Science 81: 199–203. doi:10.1079/asc50700199. 
  26. Pellett, Frank Chapman (1920). American Honey Plants; Together With Those Which Are of Special Value to the Beekeeper as Sources of Pollen. American Bee Journal Publication. p. 178. ISBN 1-152-86271-5. 
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 Katrin Schütz, Reinhold Carle & Andreas Schieber (2006). "Taraxacum—a review on its phytochemical and pharmacological profile". Journal of Ethnopharmacology 107 (3): 313–323. PMID 16950583. doi:10.1016/j.jep.2006.07.021. 
  28. Bill Church (2006). Medicinal Plants, Trees, & Shrubs of Appalachia – A Field Guide. Lulu.com. p. 28. ISBN 978-1-4116-4486-1. 
  29. C. R. Lovell, M. Rowan. Dandelion dermatitis. Setembro 1991. DOI 10.1111/j.1600-0536.1991.tb01826.x
  30. Lourdes Rodriguez-Fragoso, Jorge Reyes-Esparza, Scott W. Burchiel, Dea Herrera-Ruiz & Eliseo Torres (2008). "Risks and benefits of commonly used herbal medicines in Mexico". Toxicology and Applied Pharmacology 227 (1): 125–135. PMC 2322858. PMID 18037151. doi:10.1016/j.taap.2007.10.005. 
  31. Anon. "Companion Planting for Vegetables & Plants". Country living and farm lifestyles. countryfarm-lifestyles.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 2011-03-07. 
  32. 32,0 32,1 Stewart-Wade, S. M.; Neumann, S.; Collins, L. L.; Boland, G. J. (2002-10-01). "The biology of Canadian weeds. 117. Taraxacum officinale G. H. Weber ex Wiggers". Canadian Journal of Plant Science (en inglés) 82 (4): 825–853. ISSN 0008-4220. doi:10.4141/P01-010. 
  33. J., Richardson (1985-01-01). "In praise of the archenemy.". Audubon (en English): 37–39. ISSN 0097-7136. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2017. Consultado o 24 de maio de 2017. 
  34. "Making Rubber from Dandelion Juice". Science Daily. October 28, 2013. Consultado o 22 November 2013. 
  35. "Fraunhofer and Continental come together when the dandelion rubber meets the road". October 14, 2013. Consultado o December 14, 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]