Papo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Papo[1] é un apéndice de pelos simples ou filamentos plumosos que coroa o froito de moitas plantas compostas e que lle serve para ser transportado . É unha estrutura que se atopa nas flores e froitos de moitas especies da familia Asteraceae, coma o tarrelo ou mexacán. Trátase dunha modificación do cáliz, onde os sépalos se presentan extremadamente ramificados en filamentos, ás veces pinnados. Eses filamentos teñen un papel moi importante na dispersión dos froitos, podendo asumir diferentes papeis, dependendo da especie: poden tornarse leves, facendo que os froitos flutúen ao vento, poden tamén tornarse ríxidos e curvos para prendérense aos pelos dalgún animal, entre outras variacións máis ou menos específicas.

Notas[editar | editar a fonte]