Stan Getz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stan Getz
Getz&BakerSandvika1983a.jpg
Nome completoStanley Gayetzky
Data nacemento2 de febreiro de 1927
Nado enFiladelfia
Falecemento6 de xuño de 1991
 Malibú
Causacancro de fígado
Ocupaciónsaxofonista, músico de jazz e compositor
Instrumento(s)Saxo tenor
Na rede
https://www.stangetz.net/
IMDB: nm0315295 Youtube: UCITWDrIiWv0Y-zj8xrvoY-Q Bandcamp: stangetz Musicbrainz: 8f2422ab-0ec6-4c92-80c4-afe9622fab32 Songkick: 95845 Discogs: 30486 Allmusic: mn0000742899 Find a Grave: 20755 Editar o valor em Wikidata

Stan Getz, do seu nome Stanley Gayetsky, nado en Filadelfia, o 2 de febreiro de 1927 e finado en Malibu, California, no 6 de xuño de 1991, foi un saxofonista de jazz estadounidense. Colaborou con João Gilberto e Tom Jobim, converténdose nun dos principais responsábeis da difusión do movemento musical brasileiro coñecido como bossa nova polo mundo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Os pais de Stan Getz eran xudeus, nados na Ucraína, que emigraron de Kíiv en 1903. Máis tarde, a súa familia viaxou a Nova York, buscando mellores condicións de vida e emprego. Getz era un estudante comprometido e recto, que acabou no máis alto da súa clase.

A súa paixón eran os instrumentos musicais, e tiña que tocar todos os que atopaba. O primeiro saxofón deulle o seu pai, con 13 anos. Tamén lle ofreceu un clarinete, pero este quedou nun segundo plano. Getz dedicou gran parte do seu día á práctica do saxofón.

En 1941, foi aceptado na All City High School Orchestra de Nova York. Isto proporcionoulle a oportunidade de ter un titor privado da Filharmónica de Nova York, Simon Kovar. Ao mesmo tempo, tamén tocou en pequenos concertos locais. Con 14 anos comprou o seu primeiro saxo tenor cos cartos que gañaba con aqueles concertos. Porén, a súa dedicación á música prexudicou as súas notas, e acabou abandonando os estudos para dedicarse de cheo á súa carreira musical. Máis tarde, vese obrigado a volver á escola polos representantes do sistema educativo.

En 1943, uniuse á banda de Jack Teagarden, e tamén tocou con Nat King Cole e Lionel Hampton. Despois de tocar con Stan Kenton, Jimmy Dorsey e Benny Goodman, Getz converteuse en solista con Woody Herman, de 1947 a 1949, destacando como un dos principais saxofonistas da banda, coñecido como "os catro irmáns"; os outros foron Serge Chaloff, Zoot Sims e Herbie Steward. Con Herman, Getz tivo o seu primeiro éxito con Early Autumn. Despois de deixar a banda, comezou a súa carreira en solitario. A partir de 1950 sería líder en case todas as gravacións nas que participaría.

Anos 50 e 60[editar | editar a fonte]

Na década de 1950, Stan Getz fíxose famoso como un intérprete de jazz xenial, tocando con Horace Silver, Oscar Peterson e outros.[2] Os seus dous primeiros quintetos incluíron nomes tan famosos como Roy Haynes (batería de Charlie Parker), o pianista Al Haig e o baixista Tommy Potter. En 1958, Getz trasladouse a Copenhague co obxectivo de abandonar o seu consumo de drogas.

Ao seu regreso aos EUA, en 1961, Getz converteuse nunha das principais figuras da bossa nova.[3] Xunto con Charlie Byrd, que regresara dunha xira en Brasil, Getz gravou Jazz Samba, en 1962, que se converteu nun éxito.[4] O tema principal foi unha adaptación de " Samba de Uma Nota Só" de Antonio Carlos Jobim. Stan Getz gaña o Grammy á Mellor interpretación de jazz en 1963 con "Desafinado".[5]

Grava con Tom Jobim, João Gilberto e a súa esposa, Astrud Gilberto. Pola súa interpretación de "Garota de Ipanema" gañou outro Grammy. Esta canción converteuse nunha das cancións de jazz latino máis coñecidas de todos os tempos. Getz e Gilberto, gañaron dous Grammy (Mellor álbum e Mellor sinxelo), superando a The Beatles, en A Hard Day's Night. En 1967, Getz gravou con Chic Corea e Stanley Clarke.

Anos 70 e 80[editar | editar a fonte]

A principios dos anos 70, Stan Getz foi influenciado polo jazz fusión e o "jazz eléctrico", usando un Echoplex no seu saxofón. A crítica non gustou da nova experiencia, que levou a Getz a renunciar a este son, volvendo ao jazz máis tradicional e acústico. A partir da década de 1980, Getz deixa pouco a pouco a bossa nova, e aposta por un estilo de jazz menos tradicional e máis esotérico.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Stan e Katie, a súa filla, no Lincoln Center, en 1987.

Desde pequeno, Getz utilizou drogas, principalmente heroína e alcohol.[6] Casado o 7 de novembro de 1946 con Beverly Byrne, cantante da banda de Gene Krupa, tivo tres fillos. En 1954, foi detido por tentar roubar unha farmacia buscando morfina. Durante o proceso de detención, no sector penitenciario do centro médico USC Medical Center, en Os Ánxeles, Beverly deu a luz o seu terceiro fillo, nese mesmo edificio.

En 1956, o 3 de novembro, casou con Monica Silfverskiold, unha aristócrata sueca, coa que tivo dous fillos. En 1957, tivo un fillo dunha relación coa súa amiga Inga Torgner. Despois de varios anos intentando sacar a Getz da súa adicción ás drogas, Mónica divórciase en 1987 e obtén a custodia de todos os fillos do seu exmarido.

Nos últimos anos da súa vida, coa axuda de grupos como Alcohólicos Anónimos, Stan Getz conseguiu acabar coa súa dependencia do alcol e das drogas.[6] Morreu de cancro de fígado o 6 de xuño de 1991. En 1998, dedicoulle unha á na Berklee School of Music, chamada "Stan Getz Media Center and Library", e doada pola Herb Alpert Foundation.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mattos, Flávio de (5 de agosto de 2016). "O 'Desafinado' sucesso da Bossa Nova de Charlie Byrd e Stan Getz em Jazz Samba". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2022. 
  2. Schneider, Eric. "Moonlight in Vermont - Johnny Smith,Johnny Smith Quintet". 
  3. "Stan Getz". allmusic.com. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  4. Murrells, Joseph (1978). The Book of Golden Discs (2nd ed.). ISBN 0-214-20512-6. 
  5. "5th Annual GRAMMY Awards". 
  6. 6,0 6,1 "Stan Getz Through the Years". The New York Times (en inglés). 1991-06-09. ISSN 0362-4331. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]