Oscar Peterson
| Oscar Emmanuel Peterson | |
|---|---|
| Nome completo | Oscar Emmanuel Peterson |
| Nacemento | 15 de agosto de 1925 |
| Orixe | Montreal, Quebec, Canadá |
| Falecemento | 23 de decembro de 2007 en Mississauga, Ontario, Canadá |
| Mississauga | |
| Ocupación | músico |
| Xénero | jazz |
| Instrumento(s) | piano |
| Tempo en activo | 1945 - 2007 |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Oscar Emmanuel Peterson Oscar Peterson (Montreal, 15 de agosto de 1925 - Mississauga, 23 de decembro de 2007) foi un pianista canadense de jazz.
O seu estilo, formado durante os anos corenta como no caso doutros pianistas como Erroll Garner e George Shearing, oscila entre o swing e o bop, e se engloba dentro da tendencia clasicista ou tradicional do jazz. Seguidor de Art Tatum, trátase dun pianista acústico de gran técnica, cunha destacable capacidade para tocar con velocidade e cunha gran habilidade para o swing, independentemente do tempo de ejecución. Son eloxiadas tanto as súas interpretacións en grupos pequenos como acompañando a cantantes, aínda que os seus mellores momentos sexan como solista.
Aínda que subestimado, Peterson é tamén compositor: por exemplo, escribiu e gravou a afamada "Canadian Suite" en 1964. Varias das súas propias obras gravounas con piano eléctrico. Excepcionalmente vocalista, a súa voz recorda moito á de Nat King Cole.