Chick Corea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chick Corea
Chick Corea Kongsberg Jazzfestival 2018 (170650).jpg
Nome completoArmando Anthony Corea
AlcumeChick Corea
Nacemento12 de xuño de 1941
 Chelsea
Falecemento9 de febreiro de 2021
 Área da baía de Tampa
Causacancro
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónCiencioloxía
Alma máterJuilliard School e Chelsea High School
Ocupaciónpianista, compositor, músico de jazz e artista discográfico
CónxuxeGayle Moran
PremiosIAS Freedom Medal, sen etiquetar e Frankfurter Musikpreis
editar datos en Wikidata ]

Armando Anthony "Chick" Corea, nado en Chelsea (Massachusetts) o 12 de xuño de 1941 e falecido o 9 de febreiro de 2021,[1][2] foi un pianista, teclista e compositor estadounidense. Os seus xéneros musicais foron o jazz e as súas variantes, como o post-bop e o contemporáneo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É coñecido por seus traballos co xénero jazz fusion na década de 1970. Foi membro da banda de Miles Davis na década de 1960 e en 1970 formou o grupo Return to Forever. Tamén foi promotor da Ciencioloxía.

Nado en Chelsea, Massachusetts, descende de pai italiano e nai española. O seu pai, Armando, foi trompetista e líder dunha banda de Dixieland na rexión de Boston nas décadas de 1930 e 1940, e presentoulle o piano coa idade de catro anos. Medrando rodeado da música do jazz, Chick Corea recibiu influencias de Dizzy Gillespie, Charlie Parker, Bud Powell, Horace Silver e Lester Young. Aos oito anos de idade, Chick Corea aprendeu a tocar o tambor, feito que influiu no seu posterior uso do piano como instrumento de percusión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (11 de febreiro de 2021). "Chick Corea morre aos 79 anos". O Globo Pop & Arte (en portugués). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  2. Correia, Gonçalo (11 de febreiro de 2021). "Morreu Chick Corea, pianista e um visionário do jazz americano". Observador (en portugués). Consultado o 12 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]