Deserto de Sonora
Tipo | deserto ecorrexión da WWF | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Reserva da Biosfera El Pinacate e Grande Deserto de Altar (pt) | |||
Localización | ||||
Continente | América do Norte | |||
División administrativa | Arizona, Estados Unidos de América, California, Estados Unidos de América, Baixa California Sur, México, Baixa California, México e Sonora, México | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 310.800 km² 260.000 km² | |||
O deserto de Sonora é un deserto norteamericano. Politicamente divídese entre os Estados Unidos de América e México, e cobre grandes partes de Arizona e California, así como do estado mexicano de Sonora, o cal lle dá nome. É un dos desertos máis calorosos e grandes do mundo, pois cobre unha área de 311.000 km².
Características
[editar | editar a fonte]O deserto de Sonora atópase no extremo norte do golfo de California, desde o nordés de Baixa California, a través do sueste de California e o suroeste de Arizona, até o oeste de Sonora. Esténdese sobre as rexións do val do baixo Colorado, El Vizcaíno e a Llanura Sonorense.
Canto á súa vexetación, o deserto de Sonora subivídese en 7 rexións: Valle del bajo Colorado, Tierras Altas de Arizona, Llanura Sonorense, Estribaciones de Sonora, Costa del Golfo Central, El Vizcaíno e La Magdalena. Moitos ecoloxistas consideran que de feito as rexións de El Vizacíno e la Magdalena son unha ecorrexión á parte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Deserto de Sonora |