Manuel María García Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel María García Castro
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor em Wikidata
A Órrea, España Editar o valor em Wikidata
Morte1949 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
A Órrea, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAvelino Díaz Editar o valor em Wikidata


Manuel María García Castro, nado na Órrea (Riotorto) en 1873 e finado no mesmo concello en 1949, foi un agrarista, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Mondoñedo. Labrego propietario. Foi redactor e colaborador do periódico El Agricultor onde escribiu versos en galego e castelán utilizando os seudónimos Feliciano e Xan Paga. Foi concelleiro de Riotorto dende 1912. Foi Xuíz municipal suplente de Riotorto (1916-1919). Foi de novo concelleiro e 2º Tenente alcalde en 1923.

Das súas relacións con Antonia Díaz Díaz naceu Avelino Díaz, aínda que non recoñeceu ao neno. Casou en 1912 con Dominica Carballeira Ramallal. Viúvo, casou en segundas nupcias con María Rivas López.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Salgado, Benigno (2007). Sociedade Anónima Xestión do Plan Xacobeo, ed. “El Agricultor: agrarismo solidario e rexionalismo lingüístico” en El Agricultor. Edición Facsimilar. Santiago de Compostela. pp. 7–166.