Neovirxilianismo
O neovirxilianismo é unha vangarda galega da primeira metade do século XX e que fai referencia a Virxilio, autor de xeórxicas e bucólicas inducidas por César para gabar a vida do campo nun momento de éxodo rural.
Orixe e definición
[editar | editar a fonte]Recibiu tamén os nomes de "paisaxismo humanista" e de "Escola dos poetas do Norte de Lugo". A denominación de Neovirxilianismo ten a súa orixe na poesía de Aquilino Iglesia Alvariño. Mais foi este mesmo autor quen creou a nomenclatura de "Poetas do Norte de Lugo", debido a que a maioría dos creadores líricos pertencentes a esta corrente eran orixinarios desta zona de Galiza, concretamente versificadores educados no Seminario Concilar de Mondoñedo. Pese a que o neovirxilianismo ten os seus antecedentes na obra de Antonio Noriega Varela e Xosé Crecente Vega, os seus principais cultivadores foron Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro.
É unha corrente xurdida na época da vangarda, mais que combina o mundo clásico grecolatino coa realidade paisaxística galega, a cal é a gran protagonista desta lírica.
Principais características
[editar | editar a fonte]- Foi cultivada por autores cunha forte formación clásica;
- A temática é paisaxística e localista;
- Reivindicación da cultura popular galega, arrequentada con elementos grecolatinos;
- Son textos altamente elaborados, sometidos a un evidente rigor métrico, marcado pola métrica clásica:
- Dignificación do elemento rural e do idioma galego.
Autores
[editar | editar a fonte]Os autores deste tipo de poesía son case todos lugueses. Cada un presenta certas peculiaridades que moitas veces dependen do tempo no que escribe. Algúns destes autores son:
- Antonio Noriega Varela: denominado o “poeta da montaña” en oposición a Manuel Leiras Pulpeiro, o “poeta da mariña”. Da súa obra destaca: Montañesas (1904) e Do ermo (1920) [1].
- Xosé Crecente Vega: gran latinista, a súa poesía é menos innovadora cá de Noriega Varela. É o autor do poemario A codeseira (1933).
- Aquilino Iglesia Alvariño: gran latinista (chamado “o señor das palabras”) autor de Corazón ao vento, Señardá e Cómaros verdes (1947), libro que quizais dea as liñas tópicas desta poesía, unha poesía fría e distante, aínda que tamén contén poemas neotrobadorescos. É o primeiro libro importante tras a guerra civil.
- Xosé María Díaz Castro: autor dun único libro en galego, Nimbos (1961), obra que marca o clímax estético desta tendencia.
- Manuel María: Terra Chá (1954).
- Uxío Novoneyra: Os eidos (1955).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Real Academia Galega. "Letras Galegas. Antonio Noriega Varela. Biografía". Real Academia Galega. Consultado o 27 de decembro de 2018.