Daniel Vega Pérez
Daniel Vega Pérez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de novembro de 1983 |
Lugar de nacemento | Arante |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e gandeiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Daniel Vega Pérez, nado en Arante, Ribadeo, o 4 de novembro de 1983, é un político galego que milita nas filas do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou os seus estudos en Ribadeo (Colexio Gregorio Sanz), continuándoos en Mondoñedo (Seminario Santa Catalina) e pasou a formarse profesionalmente como técnico agrícola no CFEA Pedro Murias de Ribadeo.
Iniciou a carreira como profesional na Cooperativa Gancobre, en Bretoña, de onde logo pasou á Asociación de Criadores de Rubia Galega (ACRUGA), colaborando con entidades diversas do sector agrogandeiro e publicando sobre temas agrarios en diversos medios de comunicación.
Política[editar | editar a fonte]
Con 25 anos entrou nas Novas Xeracións do PP, das que chegou a presidente local en Ribadeo, provincial en Lugo e vicepresidente autonómico. Entrou como deputado no Parlamento de Galicia en 2016. Preside dende aquela a Comisión de Agricultura, Gandaría, Montes e Alimentación, e renovou a súa acta en 2020, dimitindo en xuño de 2023 para facerse cargo da alcaldía de Ribadeo.[1]
En maio de 2019 saíu elixido concelleiro en Ribadeo, sendo portavoz do Grupo Popular. No 2023 encabeza o equipo que gana as eleccións municipais con maioría absoluta.
Predecesor: Fernando Suárez Barcia |
![]() Alcalde de Ribadeo 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Hoxe despídome do Parlamento de Galicia despois de traballar seis anos por mellorar Galicia. Despídome dando as grazas a todas as persoas que me... By Daniel Vega Perez Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2023-06-18.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Vega Pérez ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Parlamento Galego Arquivado 16 de xullo de 2020 en Wayback Machine..