José María Rodríguez Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Rodríguez Díaz

José María Rodríguez, no 2013
Biografía
Nacemento20 de abril de 1935 Editar o valor em Wikidata
A Granda, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de maio de 2017 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Burela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

José María Rodríguez Díaz, nado o 20 de abril de 1935 en Cedofeita (Ribadeo) e finado en Burela o 9 de maio de 2017,[1] foi un escritor, activista e humanista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou de novo no Seminario de Mondoñedo, consagrándose posteriormente como sacerdote en Mondoñedo no 1959. Con anterioridade ó fin dos seus estudos eclesiásticos, seguiu estudos de canto Gregoriano, diplomándose en música sacra en 1957 no Instituto Gregoriano de París,[2][3] e na súa formación pasou pola Sorbona.

No 1960 foi, por oposición, salmista da Catedral Basílica de Mondoñedo e profesor de Latín e Canto no Seminario de Mondoñedo, cargos que compartiu con outras misións pastorais.

En 1979 cesou a actividade eclesial. Posteriormente casado con Mª Asunción Sampedro, foi funcionario do Instituto Social da Mariña, exercendo como director local en Tapia e Ribadeo, onde pasou os últimos anos da súa vida.

Actividades[editar | editar a fonte]

No comezo das obras da nova residencia de Ribadeo, co Alcalde de Ribadeo e o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo

Entre outras actividades, formou parte das AVV de Vilaselán, que contribuíu a crear, primeiro, e logo de O Tesón, impulsando ambas dende postos directivos e involucrándose en temas como o paso da autovía A-8 pola parroquia de Vilaselán, a construción dunha macronave no Porto ribadense de Mirasol, a constitución da Mesa de Asociacións do concello de Ribadeo[4] ou a construción dunha nova residencia de maiores en Ribadeo, que non chegou a ver operativa. Este último tema marcou un fito no concello, despois de promover a constitución dunha plataforma veciñal a partir das asociacións de veciños e de aglutinar tódalas forzas políticas no concello para traballar xuntas[5] (aínda que tras os primeiros pasos, un partido, o PP, desmarcouse da iniciativa).

No eido cultural ten colaborado en diferentes proxectos, o que lle ten valido para converterse nun referente nalgúns campos, recoñecemento que o levou a ser chamado para diversas representacións, como o pregón da Xira de Sta. Cruz 2006.

Publicacións[editar | editar a fonte]

 Portada de 'Sobre os castros de Ribadeo'.
Portada de 'Sobre os castros de Ribadeo'. O diagrama indica só os castros de Ribadeo estudados no libro.

Artigos[editar | editar a fonte]

Como estudoso de diversos temas, en particular relacionados coa historia, a máis de activista, publicou ó longo da súa vida moitos artigos en castelán e en galego en diversos medios de difusión diaria ou semanal (El Progreso, La Voz de Galicia, Crónica3, La Comarca del Eo...), e outros diversos estudos publicados en lugares varios, como o Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol.

Libros[editar | editar a fonte]

  • Estudio sobre toponimia de Ribadeo (2007). ISBN 13: 978-84-8192-367-4[6]
  • Sobre os castros de Ribadeo (2009) ISBN 13: 978-84-612-9644-6[7]
  • Vilaselán: Aproximación histórica (2010) ISBN 13: 978-84-614-3063-5[8]
  • La Colegiata de Ribadeo (2011). D.L. S-51/2011[9]

E, en colaboración,

  • Ribadeo no tempo, a través das imaxes: outro Ribadeo foi posible (2006). ISBN 13: 978-84-611-0861-9

Outros[editar | editar a fonte]

En formato dixital, mantivo durante unha década (2006-2016) o blog 'O Cargadoiro'[10].

No 2018, con motivo do aniversario da súa morte, preparouse "José María Rodríguez Díaz, In memoriam", un volume que inclúe as súas dúas últimas obras de gran formato, "Don Secundino Martínez Montenegro (O 'Cura Vello' de Ribadeo)" e "Semblanza de un guerrillero, Luis María Trigo Chao (El guardarríos)" xunto con descricións de José María asinadas por persoas que o acompañaron nas súas actividades ó longo da vida, e un relatorio de artigos.[11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Esquela de D. José Mª Rodríguez Díaz". Funeraria Peña. Consultado o 10/05/2017. [Ligazón morta]
  2. "Pregón da Xira de Santa Cruz 2006". Amigos da gaita. Consultado o 15/03/2018. 
  3. "Diócesis de Mondoñedo-Ferrol". Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 12/05/2017. 
  4. Gregorio Montes, Antonio. "José María Rodríguez Díaz". Galicia Dixital. Consultado o 10/05/2017. 
  5. "Bandeiras a media asta". concello de Ribadeo. Arquivado dende o orixinal o 04/12/2017. Consultado o 10/05/2017. 
  6. Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre Toponimia de Ribadeo. Diputación Provincial de Lugo. ISBN 9788481923674. 
  7. Rodríguez Díaz, Rodríguez, José María, ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086. 
  8. "Base de datos de libros editados en España". Ministerio de ciencia y universidades. Consultado o 15/03/2018. 
  9. Rodríguez Díaz, José M. (2011). La colegiata de Ribadeo. 
  10. http:cargadoiro.blogcindario.com Inaccesible dende 2018. Accesible parcialmente en Internet Archive: https://web.archive.org/web/*/http://cargadoiro.blogcindario.com
  11. Charlas en diversas ocasións con participantes no volume.
  12. Rodríguez Díaz, José María; et al. (2018). José María Rodríguez Díaz, In memoriam. D.L. LU 91-2018. Ribadeo: AVV O Tesón. Ribadeo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]