Segunda Guerra do Opio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segunda Guerra do Opio

A ponte de Pa-Li-Kiao na noite da batalla que tivo lugar o 21 de setembro de 1860. A vitoria anglo-francesa abriu un camiño cara a Pequín para os exércitos occidentais.
Data 8 de outubro de 1856 - 18 de outubro de 1860 (4 anos)
Lugar Imperio do Gran Qing
Resultado Vitoria anglo-francesa Francia
Casus belli Incidente do Arrow
Cambios territoriais Cesión do sur de Kowloon ao Reino Unido
Belixerantes
Imperio do Gran Qing Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Francia Imperio francés
Estados Unidos de América Estados Unidos
Líderes
Dinastía Qing
Imperio Británico
Forzas en combate
200.000 soldados Francia Entre 16.700 e 50.000 soldados e 173 barcos

A Segunda Guerra do Opio (Second Opium War, Second Anglo-Chinese War, Second China War, Arrow War ou Anglo-French expedition to China en inglés, Seconde guerre de l'opium en francés e 第二次鴉片戰爭, 英法联军之役, 亞羅號戰爭, 英法對華遠征 ou 第二次英中战争 en chinés) foi un conflito armado, que tivo lugar entre os anos 1856 e 1860, entre, por unha banda, o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Francia e, por outra, a dinastía Qing de China.[1][2]

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

Na década de 1850 viuse un rápido crecemento do imperialismo.[3] Algúns obxectivos compartidos entre as potencias occidentais incluían expandir os seus mercados ultramarinos e estabelecer novos portos de escala.

Tanto o acordo francés coñecido como Tratado de Huangpu, como o pacto estadounidense chamado Tratado de Wangxia contiñan cláusulas que permitían a renegociación de devanditos tratados despois de doce anos. Nun esforzo de expandir os seus territorios na China, o Reino Unido pediu ás autoridades da dinastía Qing renegociar o acordado no Tratado de Nankín, en 1842.

As demandas británicas incluían que puidesen exercer o libre comercio en toda China, legalizar a comercialización do opio, abolir os impostos a estranxeiros para o tránsito interno, suprimir a pirataría, regular o tráfico de culíes (traballadores semiescravos) e permitir ao embaixador británico residir en Pequín, entre outras cousas. A corte dos Qing rexeitou as demandas presentadas polo Reino Unido, Francia e os Estados Unidos.

Desenvolvemento bélico[editar | editar a fonte]

O 8 de outubro de 1856, os oficiais dos Qing abordaron o Arrow, un barco de donos chineses que fora rexistrado en Hong Kong (en posesión dos británicos) e era sospeitoso de pirataría e contrabando. Doce suxeitos chineses foron arrestados e apresados. Este feito foi coñecido como o «Incidente do Arrow».

Os oficiais británicos en Cantón pediron a liberación dos navegantes afirmando que como o barco fora recentemente supervisado por británicos estaba protexido baixo o Tratado de Nankín. Só cando foi demostrado que aquel era un argumento débil, os británicos insistiron en que o Arrow tivera unha insignia británica e que os soldados dos Qing insultaran a bandeira. Estando en guerra cos insurxentes da Rebelión Taiping, os Qing non estaban en condicións de recibir un ataque de Occidente.

Aínda que os británicos foron atrasados pola Rebelión da India, responderon o Incidente do Arrow en 1857 atacando Guangzhou desde o Río das Perlas. Ye Mingchen, quen se convertería en gobernador das provincias de Guangdong e Guangxi, alertou aos soldados chineses nos fortes. Despois de tomar os fortes próximos a Cantón sen moito esforzo, a Armada Británica atacou a cidade.

O Parlamento Británico decidiu tomar compensación da China baseándose no informe do Incidente do Arrow presentado por Harry Parkes, o cónsul británico en Guangzhou. Francia, os Estados Unidos e Rusia recibiron invitacións para adherirse ao Reino Unido nunha alianza. Francia uniuse á acción británica en contra da China, provocada pola execución do misionario francés Pai Auguste Chapdelaine, no chamado «Incidente de Auguste Chapdelaine», por parte de autoridades locais na provincia de Guangxi. O Imperio Ruso e os Estados Unidos convidaron a Hong Kong a unirse á causa anglo-francesa, pero nunca achegou axuda militar.

Os británicos e os franceses uniron forzas baixo o mando do almirante Michael Seymour. A armada británica, liderada por Lord Elgin, e a francesa, encabezada por Gros, atacou e ocupou Guangzhou a fins de 1857. Ye Mingchen foi capturado, e Bo-gui, o gobernador de Guangdong, rendeuse. Formouse un comité conxunto da alianza. Bo-gui permaneceu no seu posto orixinal para manter a orde en nome dos agresores. A alianza anglo-francesa mantivo o control de Guangzhou por case catro anos. Ye Mingchen foi exiliado a Calcuta, India británica, onde morreu de inanición.

A coalición dirixiuse logo cara ao norte para asaltar os fortes de Taku, preto de Tientsin (Tianjin) en maio de 1858.

Tratado de Tianjin[editar | editar a fonte]

En xuño de 1858, a primeira parte da guerra concluíu co Tratado de Tianjin, no cal Francia, Rusia e os Estados Unidos tomaron parte. Os chineses inicialmente negáronse a asinar o tratado.

Os puntos máis importantes do tratado foron:

  1. O Reino Unido, Francia, Rusia e os Estados Unidos terían o dereito de estabelecer legacións diplomáticas (pequenas embaixadas) en Pequín, unha cidade pechada naquel tempo;
  2. Dez novos portos serían abertos ao comercio internacional, incluíndo Niuzhuang, Danshui, Hankou e Nanjing;
  3. O dereito de todos os buques estranxeiros incluíndo barcos comerciais a navegar libremente polo río Yangtzé;
  4. O dereito aos estranxeiros de viaxar a rexións internas da China, o cal antes estaba restrinxido;
  5. A China debería pagar unha indemnización ao Reino Unido e a Francia de 2 millóns de taeles de prata respectivamente;
  6. A China debería pagar unha compensación aos comerciantes británicos de 2 millóns de taeles de prata pola destrución das súas propiedades.

Tratado de Aigun[editar | editar a fonte]

O 28 de maio de 1858, o Tratado de Aigun foi asinado con Rusia para revisar a fronteira entre aquela nación e a China, segundo determinábase no Tratado de Nerchinsk de 1689. Rusia gañou a beira esquerda do río Amur. O tratado tamén lle deu control sobre a área costeira do océano Pacífico que non se conxelaba, onde a cidade de Vladivostok foi fundada en 1860.

Continuación da guerra[editar | editar a fonte]

Interior do Forte Norte de Taku inmediatamente despois da súa captura, o 21 de agosto de 1860. Fotografía de Felice Beato.

En 1859, despois de que a China se negase a permitir o estabelecemento de embaixadas en Pequín como se acordou no Tratado de Tientsin, unha forza naval baixo o mando do almirante Sir James Hope Grant bombardeou os fortes situados na boca do río Hai He. Un escuadrón naval comandado polo comodoro Josiah Tattnall danounos gravemente.

En 1860, unha forza anglo-francesa reuniuse en Hong Kong e logo levou a cabo un desembarco en Pei Tang o 3 de agosto, e un exitoso ataque aos fortes de Taku o 21 de agosto. O 20 de setembro, as tropas chinesas foron derrotadas na Batalla de Palikao, facendo que para o 26 de setembro, a forza chegue a Pequín, tomando a cidade o 6 de outubro. Nomeando ao seu irmán, o príncipe Gong, como o seu representante, o emperador Xianfeng escapou ao palacio de Chengde, situado na cidade de Chengde.

As tropas anglo-francesas incendiaron o Antigo Palacio de Verán (residencia principal da corte a pesar do seu nome) despois de varios días de saqueo. Pequín xa non estaba tomada, pero as tropas permaneceron nos arredores da cidade.

Os motivos da destrución do Antigo Palacio de Verán son un tema de debate. As razóns oficiais declaradas por Elgin eran as de desalentar aos chineses de usar o secuestro como unha ferramenta de negociación e vingarse do emperador pola súa violación á bandeira de tregua. Outras opinións, como execucións, son discutibles. Elgin cualificou este feito como o «menos desagradable», ao danar o goberno despótico pero sen alterar a vida cotiá dos chineses inocentes.

Historiadores occidentais afirman que o accionar de Elgin ao autorizar a destrución do Palacio de Verán foi motivado pola tortura e asasinato de case vinte prisioneiros occidentais, incluíndo dous enviados británicos e un xornalista do xornal da mesma nacionalidade The Times. Os manchú desa época converteran a tortura nunha arte cruel que incluía a morte por medio de miles de cortes mentres se estaba no que podería chamarse unha chaqueta de arame, e morte por mortificación, na cal os membros eran quitados do corpo un por un.

Neste contexto, Elgin foi moi criticado pola completa destrución do Antigo Palacio de Verán. Historiadores chineses argumentaron que esta destrución foi un encubrimento para os xa moi estendidos saqueos.

Convención de Pequín[editar | editar a fonte]

O Tratado de Tianjin, asinado en xuño de 1858, foi finalmente estendido e ratificado polo irmán do emperador, o príncipe Gong, na Convención de Pequín do 18 de outubro de 1860, asinada mentres as potencias occidentais ocupaban Pequín e incendiábase o Antigo Palacio de Verán.[4] Así se puxo final á Segunda Guerra do Opio.

O comercio do opio foi legalizado e aos cristiáns fóronselles concedidos todos os dereitos civís, incluíndo o dereito da propiedade privada e o dereito de evanxelizar.[5]

O contido da Convención de Pequín inclúe:

  1. O recoñecemento da China sobre a validez do Tratado de Tientsin.
  2. A apertura de Tianjin como un porto comercial.
  3. A cesión do Distrito Nº 1 de Kowloon (ao sur da actual Boundary Street) ao Reino Unido.
  4. A autorización aos barcos británicos de levar aos chineses feridos a EEUU
  5. A indemnización ao Reino Unido e Francia por 8 millóns de teals de prata a cada un.
  6. A legalización do comercio de opio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Michel Vié, Histoire du Japon des origines a Meiji, PUF, p.99. ISBN 2-13-052893-7
  2. Jack Beeching, The Chinese Opium Wars (1975), ISBN 0-15-617094-9
  3. Bonner-Smith and E. Lumley, The Second China War, 1944.
  4. Hsu (2000), p. 219
  5. A History of Christian Missions in China p.273 by Kenneth Scott Latourette: "A casus belli was found in an unfortunate incident which had occurred before the Arrow affair, the judicial murder of a French priest, Auguste Chapdelaine". Tradución ao galego: "Un motivo de guerra foi atopado nun desafortunado incidente que ocorrera antes do caso de Arrow, o asasinato xudicial do sacerdote francés Auguste Chapdelaine".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Primeira Guerra do Opio
(1839 - 1842)
Segunda Guerra do Opio
1856 - 1860
Sucesor:
Ningunha