Primeira Guerra do Opio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Primeira Guerra do Opio
Destroying Chinese war junks, by E. Duncan (1843).jpg
O vapor da Compañía Británica das Indias Orientais steamship Nemesis destruíndo xuncos chineses durante a Segunda Batalla de Chuenpi, 7 de xaneiro de 1841
Data 4 de setembro de 1839 -28 de agosto de 1842 (2 anos)
Lugar Flag of China (1889–1912).svg Imperio do Gran Qing
Resultado Vitoria británica Flag of the United Kingdom.svg
Cambios territoriais Cesión de Hong Kong ao Reino Unido
Belixerantes
Flag of China (1889–1912).svg Imperio do Gran Qing Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Flag of the British East India Company (1801).svg Compañía Británica das Indias Orientais
Forzas en combate
Flag of China (1889–1912).svg 222 212 soldados Flag of the United Kingdom.svg Máis de 19 000 soldados e 37 barcos[1]

A Primeira Guerra do Opio' (en chinés: 第一次鴉片戰爭, en pinyin: Dìyīcì Yāpiàn Zhànzhēng), tamén coñecida como Guerra do Opio ou Guerra Anglo-Chinesa, foi unha serie de enfrontamentos militares entre o Reino Unido e a dinastía Qing da China. A cuestión inmediata foi a confiscación oficial de stocks de opio en Cantón para deter o comercio prohibido de opio e a ameaza de pena de morte para futuros delincuentes. O goberno británico insistiu nos principios do libre comercio, o recoñecemento diplomático igualitario entre as nacións e apoiou as demandas dos comerciantes. A mariña británica derrotou os chineses empregando buques e armas tecnoloxicamente superiores e os británicos impuxeron un tratado que outorgaba territorio a Gran Bretaña e abría o comercio coa China.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XVIII a demanda de artigos de luxo chineses (particularmente seda, porcelana e ) creou un desequilibrio comercial entre a China e Gran Bretaña. A prata europea fluíu cara á China a través do sistema de Cantón, que confinaba o comercio exterior entrante na cidade portuaria do sur de Cantón. Para contrarrestar este desequilibrio, a Compañía Británica das Indias Orientais comezou a cultivar opio en Bengala e permitiu aos comerciantes británicos privados venderen opio aos contrabandistas chineses para a súa venda ilegal na China. O fluxo de estupefacientes reverteu o superávit comercial chinés, drenou a economía da prata e aumentou o número de adictos ao opio dentro do país, resultados que preocuparon seriamente aos funcionarios chineses.

En 1839, o emperador Daoguang, rexeitando as propostas para legalizar e tributar o opio, nomeou o vicerrei Lin Zexu para que fose a Cantón e frease completamente o comercio de opio.[2] Lin escribiu unha carta aberta á raíña Vitoria, que nunca viu, apelando á súa responsabilidade moral de deter o comercio de opio.[3] Lin recorreu entón ao uso da forza no enclave dos comerciantes occidentais. Confiscou todas as subministracións e ordenou un bloqueo dos barcos estranxeiros no río das Perlas. Lin tamén confiscou e destruíu unha cantidade importante de opio europeo.[4] O goberno británico respondeu enviando unha forza militar á China e no conflito posterior, a Armada Real usou o seu poder naval e de artillería para inflixir unha serie de derrotas decisivas ao imperio chinés,[5] unha táctica máis tarde denominada diplomacia dos canoneiros. En 1842, a dinastía Qing viuse obrigada a asinar o Tratado de Nanquín (o primeiro do que os chineses chamaron despois os tratados desiguais) que outorgaba unha indemnización e extraterritorialidade aos súbditos británicos na China, abría cinco portos aos comerciantes británicos e cedía a illa de Hong Kong ao Imperio Británico. O fracaso do tratado para satisfacer os obxectivos británicos de mellorar as relacións comerciais e diplomáticas levou á Segunda Guerra do Opio (1856-60). O seguinte malestar social dentro da China foi o fondo da rebelión Taiping, que debilitou aínda máis a dinastía.[6] Na China, o ano 1839 considérase o comezo da súa historia moderna.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martin, Robert Montgomery (1847). China: Political, Commercial, and Social; In an Official Report to Her Majesty's Government. Volume 2. London: James Madden. pp. 80–82.
  2. Fay (2000) p. 73
  3. Fay (2000) p. 143
  4. Farooqui, Amar (marzo de 2005). Smuggling as Subversion: Colonialism, Indian Merchants, and the Politics of Opium, 1790–1843. Lexington Books. ISBN 0-7391-0886-7. 
  5. Steve Tsang, A modern history of Hong Kong (2007) p. 3-13"
  6. Tsang, A modern history of Hong Kong p. 29.
  7. The History of Modern China (Beijing, 1976) citado en Janin, Hunt (1999). The India–China Opium Trade in the Nineteenth Century. McFarland. p. 207. ISBN 0-7864-0715-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fay, Peter Ward, The Opium War, 1840–1842: Barbarians in the Celestial Empire in the early part of the nineteenth century and the way by which they forced the gates ajar (Chapel Hill, North Carolina: University of North Carolina Press, 2000)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]