Quetógnatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Saxitoideos»)
Quetógnatos
Chaetognatha

Rango fósil: cámbrico inferior - actualidade

Spadella cephaloptera
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chaetognatha
(Leuckart, 1854) Hyman, 1959
Clase: Sagittoidea
Claus & Grobben, 1905
Ordes

A dos quetógnatos ou quetognatos (Chaetognatha) é un filo de animais depredadores mariños, que forman parte do plancto en todo o globo. Porén ao redor do 20 % das súas especies coñecidas son bentónicas e poden vivir adheridas ás algas e as rochas do fondo.

Encóntranse en todas as augas mariñas do mundo, desde as augas superficiais tropicais e as pozas da baixanar até as rexións polares.

Teñen forma de torpedo, con estruturas máis opacas na cabeza. Miden entre os 2 mm e os 12 cm de lonxitude. A maioría dos quetognatos son transparentes, aínda que algunhas especies de augas profundas son de cor alaranxda.

Describíronse unhas 121 especies agrupadas en 20 xéneros,[1] todas incluídas na única clase do filo, a dos saxitoideos (Sagittoidea),[2] que se subdivide en dúas ordes, afragmóforos (Aphragmophora) e fragmóforos (Phragmophora).[3]

Características[editar | editar a fonte]

Cabeza dunha especie do xénero Sagitta.

Os quetógnatos son transparentes ou translúcidos e están recubertos dunha cutícula. Presentan aletas e varias espiñas quitinosas curvadas a cada lado da cabeza —destinadas á caza— que gardan nunha carapucha cando nadan.

Teñen cabeza, tronco e cola ben diferenciados. Son hermafroditas con fecundación autógama ou cruzada; a segmetación é holobástica e non sofren metamorfose. Describíronse especies produtoras de neurotoxinas, que usan para atrapar presas. Nadan propulsándose coa cola e estabilizándose coas aletas.

A pesar de teren unha boca cunha ou dúas fileiras de dentes, ollos compostos e sistema nervioso, carecen de sistemas respiratorio, circulatorio e excretor. Moven todo o material que lles interesa para o interior do corpo mediante cilios, e a excreción realízana a través da pel.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Filo[editar | editar a fonte]

O grupo foi descrito por primeira vez en 1854 polo Karl Georg Friedrich Rudolf Leuckart.

Orde[editar | editar a fonte]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Filo[editar | editar a fonte]

do grego χαίτη chaítē, "melena", "crinas", e γνάθος gnáthos, "mandíbula", é dicir, "os de mandíbulas espiñentas")

Orde[editar | editar a fonte]

Latin sagitta ‎(“arrow, arrowshaft, arrowhead (plant)”) from Latin neuter plural form of -oideus, -oeidēs -oide, plural ending of nouns borrowed from Greek and Latin:

Posición taxonómica[editar | editar a fonte]

Adoitan clasificarse dentro dos deuteróstomos polas súas características no desenvolvemento embrionario. Lynn Margulis e K. V. Schwartz, de feito, os incluíran neste grupo dentro da súa clasificación de 5 reinos. Os exames moleculares, porén, asóciasnos cos protóstomos, e Thomas Cavalier-Smith inclúenos neste grupo na súa teoría dos 6 reinos.[4] No que respecta ao desenvolvemento, gardan certas similitudes cos nematodos.

Algúns autores relaciónannos cos conodontos, á súa vez relacionados cos vertebrados e máis concretamente cos protoconodontos, que hoxe se consideran quetógnatos e que se coñecen só por algúns dentes.

Segundo Cavalier-Smith (1998), a posición sistemática do filo é a seguinte:[5]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cabeza de Sagitta sp. (afragmóforo).
Cabeza de Spadella sp. (fragmóforo).

Segundo o World Register of Marine Species, a clasificación do filo, até o nivel de familia é a seguinte:

Filo Chaetognatha (Leuckart, 1854) Hyman, 1959 [7]

Rexistro fósil[editar | editar a fonte]

Apenas hai rexistro fósil, pero crese que apareceron no cámbrico. Hachárose espiñas fosilizadas súas datadas de finais da era paleozoica. Existen fósiles de corpos completos, aínda non moi ben descritos, de mediados do cámbrico en Burgess Shale, na Columbia Británica, e do cámbrico inferior nos xistos de Maotianshan de Yunnan, China.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados. 2ª ed. Madrid: Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]