Saltar ao contido

Cnidarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cnidarios
Cnidaria
Berthold Hatschek 1888 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Estudado por
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon homónimo
DominioEukaryota
ReinoAnimalia
SubreinoEumetazoa
SuperfiloRadiata
FiloCnidaria
 Subdivisións
Datas
 Data de comezo
hai 580 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01y77 Editar o valor en Wikidata
MeSHD003063 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779356992 Editar o valor en Wikidata
ITIS48738 Editar o valor en Wikidata
OTT641033 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX530049
Wikidata C:Commons

Os cnidarios (Cnidaria, do grego antigo κνίδη knídē, 'ortiga') son un filo que agrupa arredor de 10.000 especies de animais relativamente simples,[1] que viven exclusivamente en ambientes acuáticos, maioritariamente mariños. O nome deste filo é debido a unha característica diagnóstica que presentan estes animais: a existencia dunhas células chamadas cnidocitos, presentes nos tentáculos de todos os membros do filo e é inxectada ás presas cando rozan o cnidocilio do cnidocito.[2] Durante un tempo chamáronse tamén celentéreos.

Teñen simetría radial e o seu plan corporal é en forma de saco. Son os animais máis simples que presentan células nerviosas e órganos dos sentidos (estatocistos, ocelos). Son un grupo antigo, cunha larga historia fósil que se remonta, probablemente, á fauna de Ediacara, arredor duns 600 millóns de anos atrás. Dentro deste grupo están animais como os pólipos, as medusas ou os corais.

Características

[editar | editar a fonte]

Os cnidarios son animais diblásticos con simetría radial primaria. As súas células se organizan en dúas capas que actúan como unidades funcionais (tecidos), aínda que moitas células inda gardan certa independencia e totipotencia.[3]

Teñen só dúas follas embrionarias, ectoderma e endoderma, carecendo por tanto de mesoderma, aínda que ás veces existe un tecido análogo (ectomesoderma) de orixe ectodérmica, non de orixe endodérmica como o auténtico mesoderma dos triblásticos, e do cal nunca derivan órganos internos complexos.

A súa organización corporal é en forma de saco; o aparato dixestivo ten un só orificio que actúa como boca e ano ao mesmo tempo, e unha cavidade gastrovascular en forma de saco onde se realiza a dixestión e que se utiliza tamén como sistema de distribución dos nutrientes e do osíxeno, e como sistema excretor.

  1. Zhang, Z.-Q. (2011). "Animal biodiversity: An introduction to higher-level classification and taxonomic richness" (PDF). Zootaxa 3148: 7–12.
  2. Hinde, R. T. (1998): Capítulo "The Cnidaria and Ctenophora" in Anderson, D. T. (ed.) Invertebrate Zoology. Oxford University Press. ISBN 0-19-551368-1, pp. 28–57.
  3. Seipel, K., and Schmid, V. (xuño 2005). "Evolution of striated muscle: Jellyfish and the origin of triploblasty". Developmental Biology 282 (1): 14–26.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de Zoología. Tomo II. Zoología especial. 4ª ed. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
  • Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología. 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Knoll, A. H. (2003): Life on a Young Planet. The First Three Billion Years of Evolution on Earth Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-00978-3
  • Ruppert, Edward E., Fox, Richard S. e BARNES, Robert D. (2005):Zoologia dos invertebrados: uma abordagem funcional-evolutiva. 7º ed. São Paulo: Roca. ISBN 85-7241-571-8.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]