Saltar ao contido

Conodonta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conodontos»)
Conodonta
Rango fósil: Do Cámbrico Superior ao Triásico Superior

Reconstrución dun Conodonte
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Conodonta
Grupos
Sinonimia
  • Conodontophorida
Elementos conondontais procedentes de Pensilvania e de Maryland (Estados Unidos)

Conodonta é unha clase extinta de cordados, que se asemellaban a anguías. Durante moitos anos, coñeceuse só grazas a microfósiles dentiformes atopados de forma illada, e que agora se coñecen como elementos conodontais. O nome débese a Christian Heinrich Pander (1856).

Descrición

[editar | editar a fonte]

As once impresións fósiles coñecidas amosan unha criatura angüiforme de 15 ou, máis raramente, 19 elementos na cabeza dispostos con simetría bilateral e que constitúe un aparello alimentario radicalmente diferente das mandíbulas dos peixes modernos. Obsérvanse tres morfoloxías dentarias: coniformes, ramiformes e pectiniformes, que puideron ter diferentes funcións. Os elementos conodontais están compostos de fósfato cálcico, o que fai que sexan resistentes á disolución.

O tamaño habitual dos conodontes varía entre as 200 micrómetros ata 5 milímetros [1] aínda que os exemplares do xénero Promissum poden chegar a 40 cm[2]. Está amplamente admitido que os conodontes tiñan ollos grandes, aletas con radios, músculos en forma de v e un notocordio e parece que estiveron entre os animais que máis éxito tiveron nos océanos primixéneos [3]

Postulouse que toda a clase Conodonta desapareceu na extinción masiva do Triásico-Xurásico, que aconteceu hai 200 millóns de anos.[4]

Uso científico

[editar | editar a fonte]

Os conodontes empréganse amplamente en bioestratigrafía e mais tamén como paleotermómetros, posto que o fosfato e a materia orgánica que os compoñen sofre mudanzas de cor predecibles cando se someten a diferentes temperaturas; por este motivo úsanse como indicadores de alteracións térmicas na rocha que os contén. Esta característica fixo dos conodontes unha ferramenta útil para as prospeccións petrolíferas en rochas do Cámbrico ao Triásico superior. O "Índice de Alteración Conodonte" é unha escala que correlaciona a cor do conodonte coa temperatura máxima que a rocha acadou na súa historia xeolóxica.

Fósiles de Manticolepis subrecta

== Clasificación e filoxénese ==

Conodonta está clasificado entre os Chordata baseándose nas súas aletas con radios, nos seus músculos en forma de v e notocordio.[5]

Milsom e Rigby caracterízano como un vertebrado semellante en aparencia ás anguías ou lampreas modernas[6] e análises filoxenéticas suxiren que eran máis derivados que calquera deses grupos.[7] Malia todo, esta análise presenta unha advertencia, as formas primitivas de conodontes, protoconodontes, parecen forman un clado diferente dos posteriores paraconodontes e euconodontes, semellando que non son parentes próximos os verdadeiros conodontes.[8] Aínda máis, algunhas análises non consideran os conodontes nin como vertebradoss nin craniados, por carecer das características principais deses grupos.[9]

 Craniata 

Anguías

 Vertebrata 
 Hyperoartia 

Lampreas

 Conodonta 

Paraconodontida

Proconodontida

Protopanderodontida

Panderontida

 Prioniodontida 

Paracordylodus

Balognathidae

Prioniodinida

Ozarkodinida

Heterostraci, osteostraci e gnatóstomos

Primeiras investigacións

[editar | editar a fonte]
Elementos conodontais ampliados

A primeira descrición e o nome débense ao embriólogo xermano-ruso Christian Heinrich Pander en 1856 que consideraba que eran dentes, os que denominou conodonten, e que pertencían a un grupo extinto de peixes[10]. En 1926 os paleontólogos estadounidenses Edward Oscar Ulrich e Ray S. Bassler recapitularon os coñecementos existentes e demostraron que eran útiles nos estudos estatigráficos, o que favoreceu a aparición de estudos posteriores[11]. O traballo de campo realizado por Edwin E. Branson e Maurice G. Mehl en 1933-1934 permitiu ampliar o coñecemento sobre a clase así como o descubrimento feito simultaneamente por Hermann Schmidt e Harold Scott de elementos conodontais agrupados de forma natural supuxo unha reflexión sobre a súa categorización [12].

  1. "Earth Science Australia". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 02 de xuño de 2012. 
  2. Gabbott, S.E.; R. J. Aldridge, J. N. Theron (1995). "A giant conodont with preserved muscle tissue from the Upper Ordovician of South Africa". Nature 374 (6525): 800–803. doi:10.1038/374800a0. 
  3. Australian Museum
  4. The extinction of conodonts —in terms of discrete elements— at the Triassic-Jurassic boundary
  5. Briggs, D. (May 1992). "Conodonts: a major extinct group added to the vertebrates". Science 256 (5061): 1285–1286. PMID 1598571. doi:10.1126/science.1598571. 
  6. Milsom, Clare; Rigby, Sue (2004). "Vertebrates". En Blackwell Publishing. Fossils at a Glance. Victoria, Australia. p. 88. ISBN 0-632-06047-6. 
  7. Donoghue, P.C.J.; Forey, P.L.; Aldridge, R.J. (2000). "Conodont affinity and chordate phylogeny". Biological Reviews 75 (2): 191–251. PMID 10881388. doi:10.1017/S0006323199005472. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2008-04-07. 
  8. Szaniawski, H. (2002). "New evidence for the protoconodont origin of chaetognaths" (PDF). Acta Palaeontologica Polonica 47 (3): 405. 
  9. Turner, S., Burrow, C.J., Schultze, H.P., Blieck, A., Reif, W.E., Rexroad, C.B., Bultynck, P., Nowlan, G.S. (2010). "False teeth: conodont-vertebrate phylogenetic relationships revisited" (PDF). Geodiversitas 32 (4): 545–594. doi:10.5252/g2010n4a1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2012. Consultado o 02 de xuño de 2012. 
  10. Judith Wright "Conodont apatite: Structure and Geochemistry" in Joseph G. Carter Skeletal Biomineralization: Patterns, Processes and Evolutionary Trends, vol. 2: American Geophysical Union (1990), p. 149
  11. John Warfield Huddle Redescription of Upper Devonian conodont genera and species proposed by Ulrich and Bassler in 1926: Geological Survey Professional Paper. 578 (1968)
  12. Bilal U. Haq e William A. BerggrenIntroduction to Marine Micropaleontology: Elsevier (1998), p. 279

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]