Natural History Museum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Natural History Museum
Natural History Museum 001.jpg

Museo de Historia Natural de Londres

Coordenadas 51°29′46″N 0°10′35″W / 51.495983°N 0.176372°W / 51.495983; -0.176372
País Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Cidade Londres
Director Michael Dixon
Inauguración 1881
Transporte Estación South Kensington Circle roundel1.PNG District roundel1.PNG Piccadilly roundel1.PNG
Visitantes 41105.106 [1]
Sitio web nhm.ac.uk

O Museo de Historia Natural (Natural History Museum) de South Kensington, en Londres, é un dos tres grandes museos localizados na rúa Exhibition Road, en Kensington (os outros dous son o Science Museum e o Vitoria and Albert Museum). O museo posúe unha variada colección con máis de 70 millóns de especímenes e obxectos en exposición. As cinco coleccións máis importantes son as correspondentes ás áreas de: botánica, entomoloxía, mineraloxía, paleontoloxía e zooloxía.

Descrición[editar | editar a fonte]

Réplica do esqueleto dun diplodoco.

O museo é coñecido polo seu gran salón central onde se mostran esqueletos de diferentes dinosauros, en particular, un enorme diplodoco que domina a entrada do edificio ademais dun mastodonte atopado na Lagoa de Tagua Tagua da Rexión de O'Higgins de Chile.

Foi construído entre 1873 e 1880 para albergar a crecente colección de esqueletos, plantas e fósiles que constituían unha sección do Museo Británico. Legalmente o museo de historia natural permaneceu como parte do Museo Británico ata 1963. En 1986 absorbeu o próximo Museo Xeolóxico adquirindo o nome oficial de Natural History Museum.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Natural History Museum Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]