Saltar ao contido

Tardígrados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tardígrados
Tardigrada
Lazzaro Spallanzani 1777 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Subdivisións
  • Eutardigrada
  • Heterotardigrada
  • Mesotardigrada
Dimensións
 Lonxitude
0.5 mm Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
SuperfiloEcdysozoa
FiloTardigrada
Historia
 Data de descuberta
1773 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 531 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Descuberta / invención
1773 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0gv66 Editar o valor en Wikidata
MeSHD058467 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777895711 e C2909458119 Editar o valor en Wikidata
ITIS155166 Editar o valor en Wikidata
OTT111438 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX531312
Wikidata C:Commons

Os tardígrados ou tardígrada (que significa de paso lento) constitúen un filo de invertebrados protóstomos segmentados microscópicos (de 0,1 a 1,2 mm) que viven en varios medios: uns poucos son mariños e viven entre as areas da zona litoral ou incluso en zonas abisais, outros viven en auga doce, máis a maioría son semiacuáticos e viven adheridos a brións, liques, ou hepáticas. A súa forma é repoluda, presentando 8 patas coas que se move con gran lentitude. O zoólogo alemá Goeze os chamou Kleine Wasser-Bären que en lingua alemá significa osos de auga debido a súa forma de moverse.

Coñecense case 1.000 especies de tardígrados.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Presentan simetría bilateral. O corpo é moi pequeno, con catro segmentos que ten cada un un par de apéndices rematados nunhas unllas. Posúe máis de dúas capas de células, tecidos e órganos. A cavidade do corpo deriva do blastocele polo que é un pseudocele. Corpo monómero.

A maioría ten uns órganos chupadores cuns estiletes que perforan as células das que se alimentan. O alimento líquido entra na boca que se abre nunha curta cavidade bucal e que continúa cunha farinxe tubular chupadora que é o lugar onde se gardan os estiletes nunhas vaíñas. O alimento continúa polo esófago e chega ao estómago. Logo segue un curto intestino que abre ao exterior por un ano situado na rexión ventral.

Teñen 4 pares de patas rematadas en garras e unidas a 5 ou 6 pares de fibras musculares que permiten darlle un número limitado de movementos.

Presentan un número fixo de células o cal é unha característica que os achega aos pseudocelomados.

Carecen dun verdadeiro sistema circulatorio e respiratorio. En condicións de escaseza de osíxeno inchan resistindo neste estado varios días.

A excreción non é ben coñecida. Algúns parecen depositar os refugallos na cutícula e o animal os desprende cando fai a muda.

Ao ter unha cutícula externa ríxida, teñen que facer periodicamente unha muda para desprenderse dela e xerar outra nova, aumentando así o seu tamaño corporal. Adoitan mudar 5 ou 6 veces ao longo da súa vida.

A reprodución sexual é por sexos separados, pero en ocasións poden ser partenoxenéticos xa que ás veces os machos son moi escasos.

Pasan gran parte da súa vida deshidratados en criptobiose, pero en canto reciben auga inchan e vólvense activos.

A maioría son herbívoros, aliméntase de plantas pequenas, e en ocasións son carnívoros atacando animais de pequeno porte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 478–481 ISBN 84-368-0316-7

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]