Karl Grobben

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKarl Grobben
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1854 Editar o valor em Wikidata
Brno Editar o valor em Wikidata
Morte13 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Salzburgo, Austria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , malacólogo , profesor universitario , zoólogo , carcinólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua checa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaGrobben Editar o valor em Wikidata
Premios

Karl Grobben, escrito ás veces como Carl Grobben, nado en Brno (daquela, Brünn) o 27 de agosto de 1854 e finado en Salzburgo o 13 de abril de 1945, foi un zoólogo austríaco.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou historia natural e particularmente zooloxía na universidade de Viena onde se doutorou en 1877. Dous anos máis tarde volveu a esa universidade como docente. En 1884 foi nomeado profesor asociado e, ao ano seguinte, casa con Ida Tschermak von Seysenegg, filla do mineraloxista Gustav Tschermak von Seysenegg (1836-1927), matrimonio que tería unha filla.[1]

En 1889 participou nunha expedición ao leste do Mediterráneo organizada pola Academia de Ciencias de Viena. En 1893 foi o director do Zootomischen Institut e, en 1896, do Instituto de Zooloxía da universidade de Viena.[1]

Dedicou o seu traballo sobre todo ao estudo da anatomía, a histoloxía e a evolución dos moluscos e os crustáceos inferiores, así como ao estudo das medusas e dos vermes. É recordado sobre todo pola impórtate mellora da intricada taxonomía dos crustáceos.

Grobben foi o autor de obras fundamentais, como Zur Kenntnis des Stammbaumes und des Systems der Crustaceen (1892), Die systematische Einteilung des Tierreichs (1908), así como de numerosos artigos científicos. Tamén foi o editor dunha nova edición do Lehrbuch der Zoologie de Carl Friedrich Wilhelm Claus, e foi quen cuñou os termos protóstomos e deuteróstomos (e describiu os taxons correspondentes).[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Taxons creados por Grobben[editar | editar a fonte]

Entre outros, Grobben creou os seguintes taxons:

Taxons nomeados na honra de Grobben[editar | editar a fonte]

Entre os taxons dedicados a Grobben por outros autoires están:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Georg Uschmann (1966)."Grobben, Karl" en Neue Deutsche Biographie. Vol. 7 Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-428-00188-5, p. 101.
  2. Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2009). "Grobben". The Eponym Dictionary of Mammals. Johns Hopkins University Press. p. 169. ISBN 978-0-8018-9304-9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Hans G. Hanssen. "Karl Grobben". Biographical Etymology of Marine Organism Names. Baltic and North East Atlantic Taxa. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2011. Consultado o 4 de abril de 2011.