Fernando Merino Villarino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Merino Villarino
Ministro de la Gobernación - El Presidente del Consejo en la Diputación Provincial, de Goñi (cropped).jpg
Nacemento1869
Lugar de nacementoLeón
Falecemento1 de xullo de 1929
Lugar de falecementoLeón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Fernando Merino Villarino, nado en 1860 en León, e finado o 1 de xullo de 1929[1] na mesma cidade, foi un avogado e político español, ministro de Gobernación durante o reinado de Afonso XIII.

Ostentou o título nobiliario de I conde de Sagasta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Farmacéutico de profesión, rexentou unha farmacia no centro de León;[2] posteriormente deu o paso á industria como Presidente da Sociedade Leonesa de produtos químicos,[3] e como vicepresidente da empresa Hullera de Riosa.[4]

Vida política[editar | editar a fonte]

Recibiu de seu pai, Dámaso Merino, a xefatura dos liberais en León. Casou con Esperanza Mateo Sagasta Vidal, a filla maior de Sagasta, o líder do partido liberal. Ostentou o Título de I Conde de Sagasta, obtido pola súa esposa o 7 de xaneiro de 1904.

Co Partido Liberal concorreu ás sucesivas eleccións celebradas entre 1891 e 1923, obtendo acta de deputado no Congreso pola circunscrición de León, distrito de La Vecilla-Riaño, onde permaneceu como intocable tras conseguir vencer, de xeito sorpresivo, aun político conservador experimentado como Antonio Molleda. En 1895, o goberno desdobraría o distrito entre La Vecilla, que quedou adxudicado a Fernando Merino e o de Riaño que sería ocupado por Antonio Molleda.[5]

Mais, a partir das eleccións do 1 de xuño de 1919, até as de abril de 1923, presentouse no mesmo distrito e circunscrición polos demócratas.[1]

Cargos[editar | editar a fonte]

Desempeñou o cargo de gobernador do Banco de España en dúas ocasións: de xuño de 1906 a xaneiro de 1907, e entre 1909 e 1910.[6][7]

Exerceu de ministro de Gobernación entre o 9 de febreiro de 1910 e o 2 de xaneiro de 1911 nun gabinete que presidiu Canalejas.

Así mesmo, foi gobernador civil de Madrid entre decembro de 1915 e marzo de 1916.[8][9] Tamén foi presidente do Consello de Estado no momento da Ditadura de Primo de Rivera.[2]

Predecesor:
Trinitario Ruiz Capdepón
Escudo de España 1874-1931.svg
Gobernador do Banco de España

xuño 1906 - xaneiro 1907
Sucesor:
José Sánchez Guerra
Predecesor:
Antonio García Alix
Escudo de España 1874-1931.svg
Gobernador do Banco de España

outubro 1909 - febreiro 1910
Sucesor:
Tirso Rodrigáñez y Sagasta
Predecesor:
Segismundo Moret
Escudo de España 1874-1931.svg
Ministro de Gobernación

9 de febreiro de 1910 - 2 de xaneiro de 1911
Sucesor:
Demetrio Alonso Castrillo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Merino Villarino, Fernando". congreso.es (en castelán). Consultado o 1-8-2019. 
  2. 2,0 2,1 "El diputado Fernando Merino". saber.es/ (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24-09-2015. Consultado o 1-8-2019. 
  3. Colección legislativa de España ...: Parte 1. Legislación y disposiciones de la administración central (en castelán) 4. 1904. p. 126. 
  4. Tascón Fernández, Luis Julio; Ojeda Gutiérrez, Germán Antonio (2000). "Inocencio Fernández Martínez (1851-1918)" (PDF). Repositorio institucional Univrsidad Oviedo. p. 17. Consultado o 1-8-2019. 
  5. De Lucas (2000), p. 192
  6. España: "Real decreto admitiendo la dimisión que del cargo de Gobernador del Banco de España ha presentado D. Fernando Merino Villarino" (pdf). 
  7. España: "Reales decretos aceptando la dimisión que del cargo de Gobernador del Banco de España ha presentado D. Trinitario Ruiz Capdepón, y nombrando para dicho cargo á D. Fernando Merino Villarino" (pdf). 
  8. España: "Real decreto nombrando Gobernador civil de Madrid a D. Fernando Merino Villarino, Conde de Sagasta, ex Ministro de la Corona" (pdf). 
  9. España: "Real decreto admitiendo la dimisión del cargo de Gobernador civil de la provincia de Madrid a don Fernando Merino Villarino, Conde de Sagasta" (pdf). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • De Lucas del Ser, Carmelo (2000). "Cultura política y movilización electoral en León durante la Restauración. La elección de diputados a Cortes de 1891". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (en castelán) (Universidad de Valladolid) (20): 183–204. ISSN 0210-9425. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]