Redes Escarlata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Redes escarlata»)
Redes Escarlata
Tipoasociación cultural
Data de fundación2001
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.redesescarlata.org/
editar datos en Wikidata ]

As Redes Escarlata son un colectivo de intervención sociocultural xurdido en Santiago de Compostela no mes de maio de 2001. No seu primeiro manifesto público preséntanse como organización de esquerdas pola independencia de Galicia e contra o neoliberalismo. O colectivo toma o seu nome do libro Bretaña, Esmeraldina, de Xosé Luís Méndez Ferrín[1]

Características[editar | editar a fonte]

Entre as súas actividades destacan propostas coma o Baleirado da Cultura (Ourense, outono de 2002), a obra poética colectiva Xuro que non volverei pasar fame (2003) e recoñecidos traballos de información e de axitación coma o que levaron a cabo desde a súa web con motivo do afundimento do Prestige (2002 e 2003). Nela aparecen, ademais, manifestos sobre o cinema galego, os dereitos sexuais, a cuestión do idioma, o dereito á ocupación, a invasión de Iraq etc. Tamén colaboran activamente na defensa da galeguidade lingüística e cultural das comarcas estremeiras.

A organización fai entrega anualmente do Premio Roberto Vidal Bolaño a asociacións ou personalidades que se distinguen "pola súa defensa da emancipación das clases populares e da República galega". Coa mesma periodicidade as Redes Escarlata impulsan as xornadas Un debate, mil repúblicas e todo tipo de performances, conferencias e actos solidarios e reivindicativos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pato, C. e Fernández Rei, F. (2017): Baixo o límite. Discurso lido o día 23 de setembro de 2017 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Chus Pato e resposta do excelentísimo señor don Francisco Fernández Rei. Real Academia Galega. Páx. 41. ISBN 9788494600586.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]