Francisco Sampedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Sampedro
Francisco Antonio Sampedro Ojeda (AELG)-2.jpg
Nacemento 1956
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Ensaio
Estudos Filosofía
editar datos en Wikidata ]

Francisco Antonio Sampedro Ojeda, nado na Coruña en 1956, é un filósofo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Filosofía e catedrático de Ensino Medio, e autor de ensaio filosófico e crítica literaria e política. A súa tese de doutoramento O imaxinario ideolóxico (1995) parte da ambigüidade e equivocidade do termo ideoloxía, para analizar os dous usos teóricos que comunmente se recoñecen: uso descritivo ou euloxístico, e uso pexorativo, como falsa conciencia. Mostra a pertinencia deste último uso para a análise do estatuto filosófico que a ideoloxía posúe no que varios autores recoñecen como a episteme do século XX, constituída polos discursos de Nietzsche, Marx e Freud. Pescuda o concepto de ideoloxía en Bacon e na Ilustración, e o nacemento da ideoloxía como ciencia das ideas en Desttut de Tracy, a teoría conservadora (Pareto, Sorel, Nietzsche...), o fenómeno da inversión ideolóxica en Marx e a teoría da ideoloxía de Althusser.

Á análise do concepto de ideoloxía dedicou os seus traballos Alain Badiou: filosofía, ideoloxía e suxeito, A tinta da xibia (sobre Barthes e a teoría marxista da ideoloxía) e Gianni Vattimo: debilidade e ideoloxía.

Traduciu e introduciu as edicións galegas de D'un désastre obscur de Alain Badiou; L'existencialisme est un humanisme de Jean-Paul Sartre, e Robespierre: une politique de la philosophie de Georges Labica. Ténse ocupado tamén da análise cultural e filosófica da obra de Vicente Risco (O nihilismo do inadaptado) e Rafael Dieste (Sobre a vella pel do mundo).

É correspondente en Galicia da revista francesa Multitudes e membro do consello de redacción d' A Trabe de Ouro.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio da Crítica de Ensaio e Pensamento no 1998, por Ideoloxía e distorsión.
  • Premio da Crítica de Ensaio e Pensamento no 2007, por A violencia excedente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]