Brais González Pérez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1988 (35 anos) Salceda de Caselas, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Dereito |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Brais González Pérez, nado en Salceda de Caselas o 13 de xullo de 1988, é un escritor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. É membro de agrupacións como as Redes Escarlata, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. Foi ademais o secretario de organización de Adiante até o ano 2011. Actualmente é avogado sendo así o responsable da asesoría xurídica do sindicato CUT.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Sangue sobre silenzo, 2004, edición de autor.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- XVIII Festival da Poesia do Condado, 2004, S. C. D. Condado.
- Isto é un poema e hai xente detrás, 2007, Espiral Maior.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- VI Certame literario do Concello de Ames, 2009, Concello de Ames.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Ourense para a Mocidade.
- Premio Ánxel Casal.
- Terceiro premio GZ Crea de Poesía no 2006, por Heraldos das escuras horas.
- Premio Xuventude Crea de Poesía en 2014.
Notas
- ↑ González Pérez, Brais (14 de marzo de 2021). "CUT Galiza - Deixarnos acompañar pola historia - Brais González". CUTGALIZA. Consultado o 20 de outubro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brais González Pérez |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Brais González Pérez na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.