Fran Cortegoso
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de agosto de 1985 Pontevedra |
| Morte | 5 de outubro de 2016 O Teso |
| Causa da morte | cancro |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, filólogo |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
Francisco Cortegoso, nado en Pontevedra o 17 de agosto de 1985 e finado no Teso (Bora, Pontevedra) o 5 de outubro de 2016,[1] foi un poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Deuse a coñecer como poeta en 2008 na Revista das Letras de Galicia Hoxe con "Ningún home".[2] En 2013 gañou o Premio de poesía Pérez Parallé co poemario Memorial & danza[3]. En 2016 apareceu Suicidas, o seu segundo poemario, publicado o día do seu falecemento. No 2023 publícase Nocturno de verán e outros poemas, poemario que recolle poemas inéditos e outros que só foran editados en publicacións periódicas.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Memorial e danza (Espiral Maior, 2014)
- Suicidas (Chan da Pólvora, 2016)
- Nocturno de verán e outros poemas (Chan da Pólvora, 2023)
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- No seu despregar (Apiario, 2016).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ M. O. (5 de outubro de 2016). "Falece o poeta Fran Cortegoso (Frank Euner)". Nós Diario.
- ↑ "Ningún home" (PDF). Revista das Letras (739): 1–8. 2 de outubro de 2008.
- ↑ "Francisco Cortegoso obtén o Premio Pérez Parallé". Diario de Ferrol. 11 de novembro de 2013.