Ramón Pérez de Ayala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Pérez de Ayala

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ramón Pérez de Ayala y Fernández Editar o valor em Wikidata
9 de agosto de 1880 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 1962 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
17 de setembro de 1931 – 5 de maio de 1933

Circunscrición electoral: Oviedo (en) Traducir
Ambassador of Spain to the United Kingdom (en) Traducir
1931 – xuño de 1936 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo
Colegio de la Inmaculada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , poeta , diplomático , columnista , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía e novela Editar o valor em Wikidata
MovementoGeneration of 1914 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJulio Cejador Frauca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
7 de novembro de 1908Un llamamiento. Unión Democrática Española para la Liga de la Sociedad de Naciones Libres (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0207175 Dialnet: 540963 Editar o valor em Wikidata

Ramón Pérez de Ayala, nado en Oviedo o 9 de agosto de 1881 e finado en Madrid o 5 de agosto de 1962, foi un escritor e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun comerciante téxtil que na súa mocidade estivera en Cuba, perdeu á súa nai na súa primeira infancia e sempre se resentiu deste acontecemento, padecendo soidade e miserias afectivas derivadas, ademais de estar a maior parte do tempo como interno nos colexios da Compañía de Xesús de Carrión de los Condes e de Xixón. Iso reportoulle un gran caudal de coñecementos humanísticos, debidos en parte ao único profesor co que simpatizou, o grande erudito Julio Cejador y Frauca, naquel momento incómodo hóspede nunha orde que non tardaría en abandonar. O anticlericalismo que lle inspirou a educación xesuítica quedou plasmado na súa novela autobiográfica A.M.D.G.(1910), título que fai alusión ao lema da Compañía de Xesús Ad maiorem Dei gloriam. Despois do seu paso polos colexios relixiosos estudou dereito en Oviedo baixo a protección de Leopoldo Alas, "Clarín". Alí entrou en contacto cos pensadores do krausismo, entre eles Rafael Altamira, Posada e outros. Dispuxo da excelente biblioteca do marqués de Valero de Urría.

Atráelle tanto o Rexeneracionismo dos seus mentores como o decadentismo estético da Europa de preguerra. Aborrece do conservadorismo burgués da cidade de Oviedo, que na súa obra aparece baixo o nome de "Pilares". O ovetense Pedro González Blanco púxoo en contacto cos modernistas: Jacinto Benavente, Francisco Villaespesa, Gregorio Martínez Sierra, Juan Ramón Jiménez, Ramón María del Valle-Inclán e José Martínez Ruiz, "Azorín". En 1902 El Progreso de Asturias imprimiu por entregas a súa primeira novela, Trece dioses. Fragmentos de las memorias de Florencio Flórez, moi na órbita decadentista do Valle-Inclán das Sonatas. En 1903 fundou cos irmáns Martínez Sierra Helios. Revista del Modernismo. A partir de 1904 empeza a colaborar en El Imparcial e ABC, e marcha a Londres en 1907 para fuxir do escándalo provinciano que se forma coa publicación da súa novela Tinieblas en las cumbres; alí mantense coa axuda do seu pai e unha corresponsalía xornalística. En 1908 sabe da ruína e suicidio do seu pai. Comparte ideas radicais co seu amigo Azorín, ao que serviu de "negro", como López Pinillos, cando este se sumiu nunha crise depresiva. Viaxou por Francia, Italia, Inglaterra, Alemaña e os Estados Unidos e foi correspondente de guerra durante a Primeira guerra mundial para La Prensa de Buenos Aires. Da súa visita aos campos de batalla xurdiu a súa obra Hermann encadenado (1917). En 1927 obtén o Premio Nacional de Literatura. En 1928 é elixido membro da Real Academia Española. En 1931, con José Ortega y Gasset e Gregorio Marañón, asina o manifesto «Ao servizo da República». O réxime republicano encárgalle a dirección do Museo do Prado. En 1932 é nomeado embaixador en Londres, cargo do que dimite en 1936, descontento do rumbo político que impoñía a Fronte Popular. Volve a España. Ao iniciarse a Guerra civil española toma partido polo bando nacional, envía aos seus dous fillos como voluntarios ao exército nacional e abandona Madrid. Nunha «carta aberta» publicada o 10 de xuño de 1938 no diario londiniense The Times explica a súa actitude.

Viviu en París e Biarritz e máis tarde en Bos Aires onde recibiu o seu soldo de funcionario a través da embaixada española. Visitou varias veces España e en 1954 regresou para quedar definitivamente. Faleceu en Madrid en 1962.

Lista de obra escrita publicada[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]