Saltar ao contido

Rafael Altamira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Altamira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rafael Altamira y Crevea Editar o valor en Wikidata
10 de febreiro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Alacant, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1951 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ131460947 Traducir (2024–)
Spanish Cemetery (en) Traducir (–2024) Editar o valor en Wikidata
Senador de España
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Central
Universidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Director de teseGumersindo José de Azcárate Menéndez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria e xurista Editar o valor en Wikidata
OcupaciónHistoriador, crítico literario, pedagogo, xurista, escritor
EmpregadorUniversidade Central
Institución Libre de Enseñanza
Universidade Nacional Autónoma de México
Universidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosJosé María Ots Capdequí (en) Traducir e Juan Manzano y Manzano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Альтамира-и-Кревеа Рафаэль)
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Altamira (Rafael), p.11, 492) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 191067 BNE: XX1115125 Dialnet: 3593715

Rafael Altamira y Crevea, nado en Alacant o 10 de febreiro de 1866 e finado na Cidade de México o 1 de xuño de 1951, foi un humanista, historiador e americanista; pedagogo, xurista, crítico literario e escritor español. Estreitamente vinculado aos proxectos da Institución Libre de Enseñanza, alumno e amigo de Francisco Giner de los Ríos, foi secretario do Museo Pedagóxico Nacional. Doutor honoris causa en oito universidades de América e Europa, e membro de nove institucións académicas, exiliouse en México en 1944.

Retrato de Rafael Altamira por Joaquín Sorolla para Hispanic Society of America (1913), con traxe académico (muceta de doutor en Dereito que porta a gran cruz da Orde de Afonso XII).

Rafael Altamira foi un dos primeiros historiadores que impulsaron a Historiografía en España, partindo da súa relación coa cultura e a historia das ideas. Aínda que impulsou e apoiou sempre á Institución Libre de Ensino e as ideas do institucionismo, na que traballou como docente, mantivo sempre independencia de criterio respecto ao krausismo, nunha orientación ideolóxica liberal-progresista. Promoveu a educación popular e propugnou unha pedagoxía con forte sentido moral. En 1898 creou, xunto con outros catedráticos da Facultade de Dereito da Universidade de Oviedo, a Extensión Universitaria como área definida da universidade co propósito de difundir os coñecementos xerados nesta institución a través de conferencias, cursos, e outras actividades a aquelas clases sociais que non podían acceder a eles, seguindo o exemplo de varias universidades inglesas que xa se estendeu a outros países europeos como Alemaña e Bélxica. Nesa liña, e como secretario do Museo Pedagóxico Nacional, adxudicóuselle a responsabilidade de materializar o proxecto dunha rede de bibliotecas circulantes, recuperando do esquecemento as bibliotecas populares creadas por Manuel Ruiz Zorrilla en 1869.[1][2] Ademais de coordinar e administras todas esas institucións non deixou de impartir cursos e conferencias en numerosas universidades españolas e estranxeiras (Arxentina, Perú, Estados Unidos, Francia e Inglaterra, entre outras).

A súa obra inscríbese igualmente dentro do rexeneracionismo como continuadora da de Joaquín Costa e baixo unha grande influencia do evolucionismo e un grande interese pola ciencia experimental. Cultivou asiduamente o xornalismo e a crítica literaria e deixou escritos máis de setenta libros, entre eles libros de narracións, como os seus Cuentos de amor y tristeza ou a súa novela Reposo, hai que destacar a súa soada Historia de España y de la civilización española, así como a Psicoloxía del pueblo español e a Historia del Derecho español.

  1. "A la cultura por la lectura. Las bibliotecas populares (1869-1885)". 
  2. "La tradición lectora en España: Las bibliotecas populares en Asturias" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2017. Consultado o 27 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Aureliano de Beruete y Moret
Real Academia da Historia. Medalla 4

1922-1951
Sucesor:
Julio Guillén y Tato