Saltar ao contido

Rafael Bañón Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Bañón Díaz
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciado en Ciencias Biolóxicas
Doutor en Bioloxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Actividade
Ocupaciónbiólogo mariño
EmpregadorInstituto de Investigacións Mariñas (CSIC)
Instituto Español de Oceanografía de Vigo
Consellería do Mar
Linguacastelán, galego, inglés

Rafael Bañón Díaz, nado en Vigo o 22 de xullo de 1961, é un científico galego especializado en bioloxía mariña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Zooloxía mariña en 1988, en 1997 cursou un mestrado en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de produtos derivados da pesca na Universidade de Vigo e, en 2003, obtivo un DEA (Diploma de Estudos Avanzados) coa liña de investigación "Estimación e análises de parámetros reprodutivos en poboacións de peixes mariños", nesta última Universidade.[1] E, en 2016, acadou o título académico de doutor na Universidade de Vigo, coa defensa da tese "Ictiofauna do banco de Galicia: composición taxonómica e aspectos bioxeográficos".[2]

Na súa tese analizou, como non se fixera en ningún outro estudo previo, o conxunto dos peixes que habitan no denominado Banco de Galicia, unha montaña submarina situada a uns 200 km ao oeste do cabo Touriñán, na localidade coruñesa de Muxía. A súa investigación deu como resultado a identificación de 139 especies de peixes de 62 familias diferentes. Bañón explicou que, como consecuencia das artes de pesca utilizadas e da súa selectividade, a fauna bento-peláxica, que nada por encima do fondo, é «a mellor representada», aínda que a lista que elaborou «recolle especies de toda a columna de auga». Fixo fincapé en que o coñecemento actual da ictiofauna do Banco é o resultado de 22 campañas realizadas entre os anos 1980 e 2011, tanto de carácter exploratorio, con barcos de pesca comercial, como de investigación oceanográfico-pesqueira. A maior parte das novas especies rexistradas son de augas profundas, que viven habitualmente a máis de 400 m da superficie e que, polas súas características biolóxicas e ecolóxicas, son consideradas como «altamente vulnerábeis» ás actividades humanas e aos cambios naturais dos ecosistemas. O estudo tamén lle permitiu descubrir numerosas especies de peixes descoñecidas nas augas europeas, como os tiburóns do xénero Apristuruse.[3]

As liñas de investigación do doutor Bañón céntranse nas pescarías artesanais, na bioloxía e pescaría do polbo, na taxonomía dos peixes, na ictiofauna das montañas submarinas, o impacto do cambio climático nos peixes, nas especies exóticas mariñas, e na bioxeografía e a antropoloxía dos pescadores e as pescarías.[1][2]

Desenvolveu a súa actividade laboral como biólogo, desde 1996 a 1998 no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e no Instituto Español de Oceanografía de Vigo, e desde 1999 traballa como biólogo da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.[1][2]

Bañón participou en máis de 30 campañas científico-pesqueiras e é autor 8 capítulos de libroa, de máis de 60 publicacións científicas e divulgativas sobre a taxonomía e a bioloxía dos peixes, a antropoloxía pesqueira, o cambio climático e as especies invasoras mariñas, e presentou 17 relatorios en congresos.[1][2]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Capítulos en libros:[4]

  • 2008 - "Explotación: pesca, marisqueo y acuicultura en la ría de Vigo". En: González-Garcés Santiso, Alberto; Vilas Martín, Federico e Álvarez Salgado, Xosé Antón (eds.) La Ría de Vigo: una aproximación integral al ecosistema marino de la Ría de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 978-84-8959-934-5, páxs. 257-323. (Con José Benito Peleteiro, Valentín Trujillo, Jorge Ribó, Mercedes Olmedo, Blanca Álvarez Blázquez, José Luis Rodríguez, Juan Pazó e Juan José Otero).
  • 2008a - "Composición, distribución y abundancia de rayas (Elasmobranchii: Rajidae) en aguas costeras de Galicia". En: Manuel Rey Méndez et al. (editores) X Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas e I Foro Iberoamericano dos Recursos Mariños e da Acuicultura. Normativa europea na calidade das augas para o marisqueo en Galicia. XIX Ciclo Cultivando o Mar, celabrados na Illa de A Toxa (O Grove), 10 e 11 de outubro do 2007. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-608-0755-1, páxs. 325-331- (Con R. Quinteiro Fernández, Manuel García Tasende, L. M. Juncal Caldas, J. M. Campelos Álvarez, A. Gancedo Baranda, F. Lamas Rodríguez, C. Morales de la Fuente e J. Ribó Landín).
  • 2008b - "La pesquería de bou de vara en la ría de Arousa (Galicia, España)". En: Manuel Rey Méndez et al. (editores) X Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas e I Foro Iberoamericano dos Recursos Mariños e da Acuicultura. Normativa europea na calidade das augas para o marisqueo en Galicia. XIX Ciclo Cultivando o Mar, celabrados na Illa de A Toxa (O Grove), 10 e 11 de outubro do 2007. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-608-0755-1, páxs. 339-345. (Con J. M. Campelos Álvarez, A. Gancedo Baranda, Manuel García Tasende, L. M. Juncal Caldas, F. Lamas Rodríguez, C. Morales de la Fuente, F. Quintero Fernández e J. Ribó Landín).
  • 2008c - "A pesqueira da centola (Maja brachydactyla Balss, 1922) con miños na ría de Arousa". En: Manuel Rey Méndez et al. (editores) X Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas e I Foro Iberoamericano dos Recursos Mariños e da Acuicultura. Normativa europea na calidade das augas para o marisqueo en Galicia. XIX Ciclo Cultivando o Mar, celabrados na Illa de A Toxa (O Grove), 10 e 11 de outubro do 2007. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-608-0755-1, páxs. 453-459. (Con F. Lamas Rodríguez, A. Gancedo Baranda, J. M. Campelos Álvarez, M. A. García Tasende, L. M. Juncal Caldas, C. Morales de la Fuente, F. Quintero Fernández e J. Ribó Landín).
  • 2019 - Especies marinas exóticas e inmigrantes en las costas de Galicia. En: Juan Junoy Pintos (coord.) Alcalá de Henares: Universidade de Alcalá. ISBN 978-84-1772-930-1, páxs. 81-94. (Con Bruno Almón, Juan E. Trigo e Jacinto Pérez Dieste).

Artigos en revistas:[2][4]

  • 1997 - "Capturas de peces de afinidades tropicales en aguas atlánticas de Galicia (noroeste de la península Ibérica)". Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 13 (1-2): 57-66. (Con J. M. Casas Sánchez, Carmen Piñeiro Álvarez e Mercedes Covelo).
  • 1997 - "Primera cita de Caranx crysos (Mitchill, 1815) en aguas de Galicia". Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 13 (1-2): 79-81. (Con J. M. Casas Sánchez).
  • 1997 - "Primera cita de jurel dentón Pseudocaranx dentex (Bloch & Schneider en Schneider, 1801) en aguas de Galicia (noroeste ibérico)". Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 13 (1-2): 87-90. (Con Antonio Fernández Cordeiro).
  • 1999 - "New northern limit for the distribution of Brotulotaenia brevicauda (Ophidiiformes, Ophidiidae) e Pseudoscopelus scriptus (Perciformes, Chiasmodontidae) in the Atlantic. Cybium, 23 (2): 189-194. (Con E. Rodríguez-Marín e M. Covelo).
  • 2000 - "New records of Parapercis roseoviridis (Perciformes: Pinguipedidae) in the southeast Atlantic. Cybium, 24 (4): 411-414. (Con D. Garabana; A. Armesto e P. Durán.).
  • 2001 - "Composición, distribución y descripción de mictófidos (Pisces, Myctophidae) encontrados en Flemish Cap (Atlántico noroeste) en verano de 1998". Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 17 (3-4): 287-294. (Con Rafael Bañón Díaz, S. Cerviño e J. M. Campelos).
  • 2001 - "The deep-water fisheries exploited by Spanish fleets in the Northeast Atlantic: a review of the current status". Fisheries Research, 51: 311-320. (Con C. G. Piñeiro e M. Casas).
  • 2001 - "New record of Cataetyx laticeps (Bythitidae) in northwestern Atlantic". Cybium, 25 (1): 93-94.
  • 2001 - "First record of Chrionema chlorotaenia (Perciformes: Percophida) from the southeast Atlantic". Cybium, 25 (3): 278-280. (Con A. Armesto, D. Garabana e P. Durán).
  • 2002 - "Actualización del listado faunístico de peces de mar de Galicia". Nova Acta Científica Compostelana. Bioloxía, Nº 12, páxs. 119-123.
  • 2002 - "Occurrence of tropical affinity fishes in Galician waters NW Spain". Journal Marine Biology Association. U.K., 82: 877-880. (Con J. L. del Río, C. Piñeiro e M. Casas).
  • 2004 - "New records of two Southern fish in Galician waters (NW Spain)". Cybium, 28 (4): 367-368. (Con B. G. Pardo, A. Machordom, F. Foresti, M. F. C. Azevedo, L. Sánchez e P. Martínez).
  • 2005 - "Phylogenetic analysis of flatfish (Order Pleuronectiformes) based on mitochondrial 16S rDNA sequences". Scientia Marina, 69 (4): 531-543.
  • 2006 - C. Piñeiro & M. Casas. 2006. "Biological aspects of deep-water sharks Centroscymnus coelolepis and Centrophorus squamosus off Galician waters (NW Spain)". Journal Marine Biology Association. U.K., 86 (4): 847-852. (Con T. W. Pietsch e C, G. Piñeiro).
  • 2006 - "New record of Linophryne coronata, (Lophiiformes, Linophrynidae) from the North-eastern Atlantic Ocean". Cybium, 30 (4): 385-386.
  • 2008 - "La pesca con nasas en Galicia: una visión histórica". Anuario Brigantino, Nº 31, páxs. 493-504. (Texto completo Arquivado 13 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.).
  • 2008 - "First record of the cornetfish Fistularia petimba (Syngnathiformes: Fistularidae) from Galician waters. A northernmost occurrence in the eastern Atlantic". Journal of Applied Ichthyology, 24: 106–107. (Con C. Sande).
  • 2008 - "Note about the presence of the lumpsucker Cyclopterus lumpus (Teleostei, Cyclopteridae) in Galician waters (NW Spain)". Journal of Applied Ichthyology, 24: 108-109. (Con A. Garazo e A. Fernández).
  • 2008 - "Biological observations on the gulper shark Centrophours granulosus (Chondrichthyes: Centrophoridae) off the coast of Galicia (north-west Spain, eastern Atlantic)". Journal Marine Biology Association. U.K., 88 (2): 411-414. (Con C. Piñeiro e M. Casas).
  • 2008 - "First record of the purple dye murex Bolinus brandaris (Gastropoda: Muricidae) and a revised list of non native molluscs from Galician waters (Spain, NE Atlantic)". Aquatic Invasions, 3 (3): 331-334. (Con E. Rolán e M. García-Tasende).
  • 2009 - "First record of Seriola fasciata (Carangidae) from Galician waters (NW Spain). A new northernmost occurrence in the NE Atlantic". Cybium, 33 (3): 247-248. (Con G. R. Mucientes).
  • 2010 - "First record of a specimen of Lepidion guentheri (Giglioli, 1880) (Gadiformes: Moridae) with melanistic coloration". Journal of Applied Ichthyology, 26: 602-605. (Con J. C. Arronte, J. Heredia e J. A. Pis-Millán).
  • 2010 - "First record and new meristic data of Gobius xanthocephalus (Gobiidae) from Galician waters (NW Spain). Cybium, 34 (3): 311-314. (Con D. Villegas-Ríos).
  • 2010 - "Marine fishes from Galicia (NW Spain): an updated checklist". Zootaxa, 2667: 1–27. (Con D. Villegas-Ríos, A. Serrano, G. Mucientes e J. C. Arronte).
  • 2011 - "First record of Lagocephalus laevigatus (Tetraodontiformes, Tetraodontidae) from Galician waters (northwest Spain), a northernmost occurrence in the north-east Atlantic". Journal of Fish Biology, 78: 1574–1578. (Con V. Santás).
  • 2011 - "Occurrence of Ophisurus serpens (Anguilliformes, Ophichthidae) from Galician waters (NW Spain)". Cybium, 35 (2): 157-158. (Con X. Valeiras, A. Armesto e E. Abad).
  • 2011 - "New data on Lepidion schmidti (Gadiformes: Moridae) from the north-east Atlantic Ocean". Journal of Fish Biology, 79 (7): 1709-1721. (Con J. C. Arronte, D. T. G. Quigley, J. A. Pis-Millán e J. Heredia).
  • 2011 - "First records of Purplemouthed conger Pseudophichthys splendens (Anguilliformes: Congridae) from the Galicia Bank (NW Spain). A northward range extension of their distribution in the eastern Atlantic". Cybium, 35 (3): 262-264. (Con J. C. Arronte, A. Serrano e F. Sánchez).
  • 2011 - "Unusual shallow inshore records of Cornish blackfish Schedophilus medusophagus (Stromateoidei: Centrolophidae) from Galician waters (NW Spain)". Cahiers de Biologie Marine, 53: 271-277. (Con A. Alonso-Fernández, D. T. G. Quigley, A. Miranda e J. C. Arronte).
  • 2012 - "On the occurrence of Odontostomops normalops (Aulopiformes: Evermannellidae) in the Bay of Biscay (north-eastern Atlantic)". Journal of Applied Ichthyology, 28 (4): 649-651. (Con J. C. Arronte, A. Serrano e F. Sánchez).
  • 2012 - "Molecular identification of the Arrowhead Dogfish Deania profundorum (Centrophoridae) from the northern waters of the Iberian Peninsula". Marine Biology Research, 8: 901-905. (Con A. Sanjuán, A. de Carlos, C. Rodríguez-Cabello, F. Sánchez e A. Serrano).
  • 2012 - "Northernmost records of Gadella maraldi (Actinopterygii: Gadiformes: Moridae) in the north-eastern Atlantic". Acta Ichthyologica et Piscatoria, 42 (3): 263–267. (Con S. Ruiz-Pico, J. C. Arronte e O. Fernández-Zapico).
  • 2013 - "Especies exóticas mariñas de Galiza". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, Nº 70, páxs. 32-35. (Texto completo).
  • 2013 - "DNA barcoding of the genus Lepidion (Gadiformes: Moridae) with recognition of Lepidion eques as a junior synonym of Lepidion lepidion". Molecular Ecology Resources, '13: 189–199. (Con J. C. Arronte, S. Vázquez-Dorado, J. L. del Río e A. de Carlos).
  • 2013 - "Demographic variation between colour patterns in a temperate protogynous hermaphrodite, the Ballan Wrasse Labrus bergylta". PLoS ONE 8 (8): e71591. doi:10.1371/journal.pone.0071591. (Con D. Villegas-Ríos, A. Alonso-Fernández, M. Fabeiro e F. Saborido-Rey). Resume).
  • 2013 - "Updated distribution range of longfin mako Isurus paucus (Lamniformes: Lamnidae) in the North Atlantic". Journal of Applied Ichthyology, 29 (5): 1163-1165. (Con Gonzalo Mucientes e Nuno Queiroz).
  • 2013 - "Taxonomic study of Bathygadidae fishes (Gadiformes) from Atlantic Spanish waters combining morphological and molecular approaches". Zootaxa, 3746 (4): 552–566. (Con J. C. Arronte, D. Barros-García, S. Vázquez-Dorado e A. de Carlos).
  • 2014 - "First records of the seahorse Hippocampus hippocampus in Galician waters (NW Spain)". Cybium, 38 (1): 74-76. (Con S. Valladares, A. López, C. Bouza, A. Chamorro, M. E. García e M. Planas).
  • 2014 - "Occurrence of Apristurus species in the Galicia Bank Seamount (NE Atlantic)". Journal of Applied Ichthyology, 30 (5): 906-915. (Con C. Rodríguez-Cabello e M. Pérez).
  • 2014 - "Drivers of body size changes of a Pollachius pollachius stock in NE Atlantic coastal waters". Marine Ecology Progress Series, 511: 223–235. (Con A. Alonso-Fernández, J. Otero e D. Villegas-Ríos).
  • 2014 - "Melanic hyper-pigmentation in the genus Lepidion (Gadiformes: Moridae)". Cybium, 38 (3): 231-234. (Con J. C. Arronte, W. Isbert, G. Coscelli e F. Sánchez).
  • 2014 - "Life-history and activity shape catchability in a sedentary fish". Marine Ecology Progress Series, 515: 239–250. (Con D. Villegas-Ríos, J. Alós, M. Palmer, S. K. Lowerre-Barbieri, A. Alonso-Fernández e F. Saborido-Rey).
  • 2014 - "Northernmost records of Pagrus auriga (Sparidae) and Pomadasys incisus (Haemulidae) in the eastern Atlantic". Acta Ichthiologica et Piscatoria, 44 (4): 323–327. (Con D. Barros-García, G. Mucientes e A. de Carlos).
  • 2015 - "Range expansion, biometric features and molecular identification of the exotic ark shell Anadara kagoshimensis from Galician waters, NW Spain". Journal Marine Biology Association. U.K., 95 (3): 545-550. (Con J. Fernández, J. E. Trigo, J. Pérez-Dieste, D. Barros-García e A. de Carlos).
  • 2015 - "Subtidal benthic megafauna in a productive and highly urbanized semi-enclosed bay (Ría de Vigo, NW Iberian Peninsula)". Continental Shelf Research, '110: 16-24. (Con F. Aneiros, M. Rubal e J. S Troncoso).
  • 2016 - "DNA barcoding of deep-water notacanthiform fishes (Teleostei: Elopomorpha)". Zoologica Scripta, 45 (3): 263–272. (Con D. Barros-García, J. C. Arronte, L. Fernández-Peralta, R. García e A. de Carlos).
  • 2016 - "Range extension: records of Anarhichas denticulatus (Perciformes: Anarhichadidae) caught in the southern Bay of Biscay (NE Atlantic)". Cybium, 39 (4): 309-312. (Con C. Rodríguez-Cabello, G. Díez e M. Pérez).
  • 2016 - "Role of Ships' hull fouling and tropicalization process on European carcinofauna: new records in Galician waters (NW Spain)". Biological invasions, 18: 619–630. (Con J. A. Cuesta, B. Almón, J. Pérez-Dieste e J. E Trigo).
  • 2016 - "Commented checklist of marine fishes from the Galicia Bank seamount (NW Spain)". Zootaxa 4067 (3): 293–333. (Con J. C. Arronte, C. Rodríguez-Cabello, C.-G. Piñeiro, A. Punzón e A. Serrano).
  • 2016 - "First record of Anadara transversa (Say, 1822) (Bivalvia: Arcidae) in the Bay of Biscay". Cahiers de Biologie Marine, 57: 277-280. (Con I. Fernández-Rodríguez, N. Anadón e A. Arias).
  • 2016 - "New data reinforcing the taxonomic status of Lepidion eques as synonym of Lepidion lepidion (Teleostei, Gadiformes)". Biochemical Systematics and Ecology, 68: 6-10. (Con D. Barros-García, J. C. Arronte e A. de Carlos).
  • 2016 - "Massive observations of newborn blue sharks Prionace glauca from inshore shallower Galician waters (NE Atlantic)". Journal of Fish Biology, 89: 2167–2177. (Con T. Maño e G. Mucientes).
  • 2016 - "Halosaur fishes (Notacanthiformes: Halosauridae) from Atlantic Spanish waters according to integrative taxonomy". Zootaxa, 4184 (3): 471–490. (Con J. C. Arronte, D. Barros-García e A. de Carlos).
  • 2016 - "First records of two decapod crustaceans, the caramote prawn Penaeus kerathurus and the blue crab Callinectes sapidus from Galician waters (NE Atlantic)". Cahiers de Biologie Marine, 57 (4): 323-328. (Con J. A. Cuesta, B. Almón, J. Pérez-Dieste, J. E Trigo e M, Berta).
  • 2017 - "Sex ratio variation in an exploited population of common octopus: ontogenic shifts and spatio-temporal dynamics". Hydrobiologia, 794 (1): 1-16. (Con A. Alonso-Fernández, J. Otero, J. M. Campelos, J. Santos 3 G. Mucientes).
  • 2017 - "Identification of non native Cynoscion species (Perciformes: Sciaenidae) from the Gulf of Cádiz (south of Spain) and data about its current status". Sci. Mar. 81 (1): 19-26. (Con A. Arias, D. Arana e J. A. Cuesta).
  • 2017 - "Integrative taxonomy supports the presence of two species of Kyphosus (Perciformes: Kyphosidae) in Atlantic European waters". Scientia Marina, 81 (4): 467-475. (Con D. Barros-García e Alejandro de Carlos).
  • 2017 - "New records of two southern fishes found in northern waters of the Iberian Peninsula". Acta Ichthyologica et Piscatoria 47 (4): 401-405. (Con Alexandre Alonso-Fernández, Juan Carlos Arronte, David Barros-García e Alejandro de Carlos).
  • 2018 - "New insights into the systematics of North Atlantic Gaidropsarus (Gadiformes, Gadidae): flagging synonymies and hidden diversity)". Marine Biology Research, 14 (1): 17-29. (Con D. Barros-García, J. C. Arronte, L. Fernández Peralta, R. García, S. P. Iglésias, D. Y. Sellos, J. P. Barreiros, A. A. Comesaña e Alejandro de Carlos).
  • 2018 - "The traditional small-scale octopus trap fishery off the Galician coast (Northeastern Atlantic): Historical notes and current fishery dynamics". Fisheries Research, 206: 115-128. (Con Jaime Otero, José Manuel Campelos-Álvarez, Alberto Garazo e Alexandre Alonso-Fernández).
  • 2019 - "Inferring abundance trends of key species from a highly developed small-scale fishery off NE Atlantic". Fisheries Research, 209: 101-116. (Con A. Alonso-Fernández, J. Otero, J. M. Campelos, F. Quintero, J. Ribó, F. Filgueira, L. Juncal, F. Lamas, A. Gancedo e J. Molares).
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Rafael Bañón na European Spearfishing Records Association.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rafael Bañón Arquivado 13 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. en Fisheries Ecology.
  3. "El biólogo vigués Rafael Bañón identifica 139 especies de peces en el Banco de Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 10 de decembro de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Rafael Bañon Diaz en Dialnet.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]