Saltar ao contido

Nova Acta Científica Compostelana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nova Acta Científica Compostelana
Imaxe
 Título
Nova acta cientifica compostelana. Bioloxia
NACC. Bioloxía
Nova Acta Científica Compostelana Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Publicación
 Editorial
Datas
 Data de comezo
1990 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Substitúe
Localización
 País de orixe
Identificadores
ISSN1130-9717 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexS4210183616 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Dialnet: 7464
Wikidata

Nova Acta Científica Compostelana (NACC) é unha revista científica da Universidade de Santiago de Compostela, resultado da refundación e remodelación da antiga revista Acta Científica Compostelana (ACC).

O seu primeiro número apareceu en 1990.[1]

Antecedente: Acta Científica Compostelana

[editar | editar a fonte]

A revista é o resultado da remodelación da antiga revista Acta Científica Compostelana, que se publicou, con periodicidade anual,[2] desde 1964 a 1986,[3] dedicada ás grandes áreas científicas das Ciencias Exactas e as Ciencias Biolóxicas. O progresivo crecemento da Universidade de Santiago fixo que Acta Científica Compostelana se diversificase cada vez máis, acollendo nas súas páxinas traballos das máis variadas especialidades de Química, Matemáticas, Bioloxía, Farmacia, Medicina e Física. Esta extraordinaria diversificación aconsellou en 1986 unha remodelación da mesma, coa que se pretendía estruturar, en formato de seccións, as diferentes áreas científicas mencionadas.[1]

Nestes anos foi editor da revista o profesor Francisco Bermejo Martínez,[4]

Refundación

[editar | editar a fonte]

Así foi como, tras unha interrupción de tres anos (1987-1989), en 1990, viu a luz o primeiro volume de Nova Acta Científica Compostelana. Bioloxía, unha revista de fusión, pois non só incorporaba a grande área das ciencias biolóxicas da antiga Acta Científica Compostelana, senón que, ademais, integraba outra revista da Universidade de Santiago, do mesmo ámbito científico, Trabajos compostelanos de Biología (1971-1986). Esta revista, dirixida na súa última época (1982-1987) polo profesor Jesús Izco Sevillano, nacera coa finalidade específica de dar difusión ás investigacións realizadas polos Departamentos das Facultades de Ciencias e de Farmacia da USC.[1]

Durante máis de 20 anos (1990-2011), de forma ininterrompida e con periodicidade anual, grazas á dirección do profesor José Luis Pérez-Cirera López-Niño e dos seus diferentes equipos editoriais, Nova Acta Científica Compostelana. Bioloxía, representou un vehículo de difusión e fonte de información para os investigadores das distintas áreas de coñecemento do campo da Bioloxía. No ano 2012, tal e como xa ocorrera coa antiga Acta Científica Compostelana, fíxose necesaria unha reestruturación da mesma, en idéntica dirección, é dicir, acoutando novamente as especialidades que constituirán as súas áreas temáticas. Os directores, atendendo á súa traxectoria máis recente, decidiron delimitar o seu ámbito de interese á investigación nas áreas da Biodiversidade Animal, Vexetal e á Ecoloxía. Ademais, facendo honor á tradición da desaparecida Acta Científica Compostelana, quixo rescatar a súa antiga función de divulgación científica, xa que é sobre todo aos científicos aos que corresponde primordialmente esta tarefa.[1]

Edición dixital

[editar | editar a fonte]

Todo isto sucedeu en circunstancias difíciles para o mundo editorial, e xusto nun instante en que a USC, en consonancia coas dificultades económicas e as novas tendencias editoriais, fixo que a revista apostara decididamente polo formato dixital e a filosofía do acceso aberto ao coñecemento.[1] Por iso a revista estreou unha nova etapa no portal dixital de revistas da Universidade compostelá, Rev{USC}, baixo a codirección dos profesores María Jesús Aira Rodríguez e Marcos González, e cun novo deseño. O director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, salientou como importante novidade que a revista non se edita como un todo, senón que vai publicando os traballos unha vez revisados e aprobados polos avaliadores externos, dando así resposta á necesidade de inmediatez na comunicación do coñecemento científico.[3]

Equipo editorial

[editar | editar a fonte]

O equipo editorial está formado por:[5]

Dirección

[editar | editar a fonte]
  • Ignacio García González, Universidade de Santiago de Compostela.

Comité editorial

[editar | editar a fonte]

Política editorial

[editar | editar a fonte]

Temática e alcance

[editar | editar a fonte]

NACC: Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) é unha revista de carácter anual que publica traballos orixinais e inéditos de investigación, en forma de artigos e notas, sobre biodiversidade animal, vexetal e ecoloxía. Enténdese por artigo o traballo científico cuxa extensión sexa superior a tres páxinas de revista e estea articulado en apartados. As notas son traballos non articulados en apartados, cunha extensión inferior a catro páxinas (ilustracións incluídas).

Ademais a revista publica, nas súas correspondentes seccións, traballos de divulgación, recensións de libros e todas aquelas noticias de carácter científico que sexan consideradas de interese polo Comité Editorial. Os traballos de divulgación non terán que cinguirse forzosamente aos campos científicos anteriormente mencionados, senón que poderán referirse tamén a outras especialidades científicas, preferentemente relacionadas co ámbito da bioloxía.[6]

Os traballos presentados a Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) son sometidos á avaliación confidencial dos revisores anónimos (sistema de duplo anonimato autor/revisor) designados polo Comité Editorial, que poderá considerar tamén a elección de revisores suxeridos polo propio autor. Nos casos de discrepancia recorrerase á intervención dun terceiro avaliador.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]