Lagostino mediterráneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Penaeus kerathurus»)
Lagostinos cocidos

O lagostino [1] (Melicerthus kerathurus, Forskål, 1775; antes Penaeus kerathurus) é un crustáceo decápodo nadador, mariño, pertencente á familia Penaeidae, da suborde Dendrobranchiata. A súa presenza en augas galegas é ocasional e recente [2].

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O tamaño medio adoita ser duns 12,5 cm nos machos e 14 cm nas femias, pero poden alcanzar talles de 16 e 20 cm respectivamente. Son de cor amarela verdosa, con bandas transversais de cor parda nos segmentos abdominais.

A súa casca é consistente e remata nunha espiña patente, chamada rostro, que supera os ollos. Na marxe superior do rostro hai unha serie de 10-12 dentes, e un na parte inferior (este, en ocasións, pode faltar).

A superficie da casca presenta tres sucos lonxitudinais e catro quillas que van desde o rostro ata a marxe posterior.

As anténulas bifúrcanse en dous flaxelos curtos, de lonxitude similar, mais dúas longas antenas. Os tres primeiros pares de patas rematan nunha pequena quela [3] pero os outros dous pates fano nunha unlla.

As placas do abdome presentan unha quilla dorsal no caso dos tres últimos segmentos, e a quilla do sexto segmento remata nunha espiña. O telson [4] remata nunha forte espiña aguda, percorrida por un suco central, e ten outros tres pares de espiñas ós lados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagostino.
  2. Bañón, R., Cuesta, J.A., B. Almón, J. Pérez-Dieste, J.E Trigo e Berta, M. (2016). "First records of two decapod crustaceans, the caramote prawn Penaeus kerathurus and the blue crab Callinectes sapidus from Galician waters (NE Atlantic)". Cahiers de Biologie Marine 57 (4): 323-328. 
  3. Apéndice dos crustáceos, con forma de pinza.
  4. Último segmento do abdome dos crustáceos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]