Baía de Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ría de Baiona")

Coordenadas: 42°07′55.98″N 8°49′59.69″O / 42.1322167, -8.8332472

A península de Monteboi, no medio da Baía de Baiona.

A baía de Baiona,[1][2][3][4][5][6][7] tamén denominada ría de Baiona,[8][9][10][11][12][13] é unha enseada[14] pequena situada na marxe sur e exterior da ría de Vigo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Márcaa cabo Silleiro ó oeste, e a península de Monteferro ó leste. Ten 3,6 km de longo e 3,8 km. de ancho. A súa profundidade é de 20 m. A boca da baía ten entrada directa dos ventos do sur e suroeste, e que máis dominan en inverno, e das ondas. Porén, a baía está protexida dos ventos que predominan no verán. Na baía hai dúas rexións diferenciadas. Unha é a parte exterior e central, que son as máis expostas as ondas. A outra é a barreira-lagoon da Ramallosa: unha plataforma protexida por unha barreira areosa (a praia Ladeira) e á que chegan augas doces dos ríos Miñor, da Groba e Guillade. Os solos do fondo da baía son areosos e van da area fina á area grosa[15]. A praias que a rodean son a Cuncheira, dos Frades, da Barbeira, da Ribeira, Santa Marta e Ladeira (de Baiona) e a praia de América, Panxón, Madorra, Area Fora, Arribas Brancas e Portocelo (de Nigrán).

Conta cun peirao na parte occidental construído nos anos 1970.[16] A baía emprégase para pesca con cana e actividades de lecer. Os principais accidentes costeiros desde oeste a leste son cabo Silleiro, a enseada do Baleal ou dos do Peito Ancho, a península de Monterreal ou de Monteboi, a península de Santa Marta (Baíña), frecha litoral da Ladeira, A Ramallosa (incluído na rede Natura 2000) , desembocadura do río Miñor, península de Monte Lourido (co illote da Garza e a punta da Enredada), Canido, península de Monteferro e as Illas Estelas.

Pezas procedentes do dragado do porto, na Casa da Navegación.

Historia[editar | editar a fonte]

Nas súas augas, atópase o porto de Baiona. O que foi un dos máis importantes, na que no século XVI xunto co porto da Coruña eran os únicos portos galegos que podían comerciar co exterior.[17] Atopáronse nos fondos da baía máis de 35 mil restos de cerámica, ánforas, lanzas, utensilios de embarcacións, canóns e outras armas e outros dos séculos XVI e XIX. Algunhas desas pezas están expostas na Casa da Navegación.[18] Agárdase seguir descubrir máis restos deste período histórico [19][20]. Tirando cara a cabo Silleiro, a costa faise máis escarpada, onde se producen naufraxios como o dos de La Regente (5/4/1900), o Collingham (25/1/1906) ou o ABC (25/1/1931).

A embarcación típica é a gamela.[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Almeida de Sousa e Sá, Juan (1810). Restauracion de la provincia de Tuy y Reyno de Galicia sublevación secreta y rompimiento general contra los enemigos /. por Francisco de Paula Periu (ed.). Real Isla de Leon [San Fernando, Cádiz] : por Francisco de Paula Periu. [cómpre nº de páxina]
  2. Santiago, José de; Nogueira, Ulpiano (1902). Bayona antigua y moderna. Madrid. [cómpre nº de páxina]
  3. El Eco de Galicia: n.º 1074. 10/8/1921,[cómpre nº de páxina] Buenos Aires.
  4. "El temporal en Galicia - En Bayona" en El Compostelano n.º 1164, p. 3. 10/1/1924.
  5. "BDDOC CSIC: Sumarios ICYT - Ciencia y Tecnología - Interacciones reacción-transporte en sedimentos mixtos siliciclástico-carbonatados de la ría de Vigo y bahía de Baiona.". Consultado o 10-9-2016. 
  6. Fernandez-Bastero, S. (1999). Chemical factors controlling the steady-state distribution of mixed carbonate-siliciclastic sediments in Bayona Bay (northwest Spain). 
  7. Rodríguez Álvarez, Roberto e Vilar Pedreira, Xosé Lois: «Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón: "Fillo de fías ao pe de cabo de vicos, mar de prajetas" e outros mil catrocentos hidrónimos» pp. 43-56 en Ardentia n.º 3, ISSN 1699-3128. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Xuño de 2006: "[...] e un deseño costeiro máis diverso, na baía de Baiona, con cabos, illotes, penínsulas, illas, areais..." e "Comprobamos a evolución desde os 17 topónimos [...] para o entorno da baía de Baiona, desde as Illas Estelas ate Cabo Silleiro."
  8. "Baiona". Diccionario enciclopédico galego universal 7. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 44. ISBN 84-7680-429-6. …A rede fluvial está dominada pola presenza do río Miñor, que forma a ría de Baiona… 
  9. "Véxase a "Ría de Baiona" no mapa de Baiona". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 260. 
  10. Enciclopedia Galega Universal 2. Ir Indo. 1999-2002. p. 497. ISBN 84-7680-288-9. …A rede fluvial está dominada pola presenza do río Miñor, que forma a ría de Baiona… 
  11. "Baiona". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. Ría pontevedresa na que desemboca o río Miñor a partir da Ramallosa… 
  12. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). "Ría de Baiona". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 106 C2. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  13. Mapa Topográfico Nacional. WMTS de cartografía raster del IGN (Mapa). 1:25.000. Instituto Geográfico Nacional de España. 
  14. Martín, Federico Vilas; Flores, Irene Alejo (1988). "Ambientes sedimentarios de la Ensenada de Baiona (Pontevedra)". Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe: Revista de xeoloxía galega e do hercínico peninsular (12): 11–24. ISSN 0213-4497. Consultado o 2016-09-10. 
  15. Alejo I, Austin WEN, Francés G, Vilas F (1999). Preliminary investigations of the recent Foraminifera of Baiona Bay, N.W. Spain. Journal of Coastal Research 15: 413-427.
  16. Alejo, I e Vilas, F. Sedimentary environments of the Biona Basin (Pontevedra). Cuaderno Lab, Xeolóxico de Laxe Coruña, 1987. Vol 12 pp. 11-24
  17. María del Carmen Saavedra Vázquez. "El comercio marítimo de Baiona en la segunda mitad del siglo XVI". USC. Consultado o 28/10/2014. 
  18. Inventario de materiais e inventario de pezas arqueolóxicas do proxecto, 2014, Deputación de Pontevedra (en castelán).
  19. Neli Pillado - Faro de Vigo. "Nuevo hallazgo arqueológico en el fondo de la bahía de Baiona con miles de piezas.". Consultado o 28/10/2014. 
  20. M. Torres / A. Martínez (28/3/2008). "Descubren en Baiona el mayor yacimiento submarino de Galicia". La Voz de Galicia. 
  21. Xosé Lois Vilar Pedreira (2008). Os nomes do mar de Baiona e Panxón. Instituto de Estudos Miñoranos. ISBN 978-84-96950-75-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]