Xosé Lois Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xosé Lois Vilar Pedreira")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Lois Vilar Pedreira
NacementoFebreiro de 1965
 Baiona, Pontevedra
NacionalidadeEspañola
OcupaciónArqueólogo e empresario
FillosSabela Vilar Estévez Xiana Vilar Estévez
editar datos en Wikidata ]

Xosé Lois Vilar Pedreira, nado en Baiona en 1965, é un activista cultural, empresario, arqueólogo e historiador galego, especialista en toponimia e arqueoloxía da costa sur de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia, é Director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos e membro da Asociación Galega de Onomástica. Realizou escavacións e estudos no Val Miñor (Chan do Cereixo en Donas, Panxón…), Toralla, Esposende e As Neves, con especial dedicación á arte rupestre. Tamén imparte charlas sobre a materia e conferencias en universidades. Realiza visitas guiadas ós petróglifos de toda a provincia. Ademais é presidente da Asociación de defensa Medioambiental SOS a Serra da Groba.[1]

Foi nas listas do BNG de Baiona nas Eleccións municipais de 2011.[2]

Como empresario é o dono dunha cadea de froiterías.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • "Aeroguía Litoral do Ámbito Territorial da Confraría de Baiona". Con Rodríguez Álvarez, R. 2004. Confraría de Pescadores “A Anunciada”.
  • Baiona nas ondas do tempo (fotografía). 2004. Edicións do Cumio. ISBN 978-84-8289-312-9.
  • "Os nomes do mar". Con Rodríguez Álvarez, Roberto. pp. 6–55 en Raigame n.º 22. 2005. Deputación de Ourense.[3]
  • "Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón". Con Rodríguez Álvarez, Roberto. pp. 43–56 en Ardentia n.º 3. 2006.[4]
  • Talasonimia da costa sur de Galicia. 2008. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-92590-27-8.[5][6]
  • A estación de arte rupestre do Outeiro dos Lameiros. 2008. Con Méndez Quintas, Eduardo. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-92590-32-2.
  • Os nomes do mar de Baiona e Panxón. 2008. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-96950-75-7.
  • "Os nomes do mar. Talasonimia na costa sur galega" pp. 309–338 en Toponimia e cartografía. 2010. CCG. ISBN 978-84-92923-08-3.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]