Conversa:Baía de Baiona

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Baía ou ría[editar a fonte]

En Baiona o que hai e unha baía no interior da ría de Vigo. Pode alguén xustificar que, a nivel tanto xeográfico como xeolóxico, se poida denominar "ría"? Mgl.branco (conversa) 5 de setembro de 2016 ás 10:55 (UTC)[responder]

Pois si. Enténdese mal. Se ninguén se opón, en cousa duns días procederei a retirar o de ría e deixalo unicamente en baía. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 5 de setembro de 2016 ás 11:12 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Banjo tell me 5 de setembro de 2016 ás 11:16 (UTC)[responder]
Grazas! Mgl.branco (conversa) 5 de setembro de 2016 ás 12:20 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Baía e ría. Baía segundo uns e ría segundo outros. Repuxen ría. Hai abondosas referencias bibliográficas, tanto na forma "Ría de Baiona" (exemplos) como na forma "Ría de Bayona" (exemplos) --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2016 ás 18:41 (UTC)[responder]

Na miña opinión, a meirande parte das referencias nas que aparece son etéreas e de literatura allea á xeoloxía. Aporto as dúas definicións dos termos.
-- Unha ría é un val fluvial que trala elevación do nivel de auga dos océanos do Holoceno quedou afundido e cuberto de auga. Esta é unha definición que xorde en Galicia e que define a unha clase de estuarios (Fundamentals of geomorphology, Richard J Hugget 2007, 3º edición).
-- Unha 'baía é a auga que acolle tres liñas de costa, sendo, polo xeral, a que se abre ao mar a máis ampla. Son de moi variado rango de tamaños; ás veces ate os golfos se consideran baías. (véxase p.ex a definición da RAG ou de National Geography).
Todos os estudos da hidrodinámica de xeoloxía de Baiona e da ría de Vigo din baía, ás veces como enseada. Unha definición que podemos atopar é: "A baía de Baiona emprázase na costa sur da parte aberta da ría de Vigo, NO de España" (I. Alejo 1999).
Máis exemplos na literatura científica onde podemos atopar "Baía de Baiona ":
-- Interacciones reacción-transporte en sedimentos mixtos siliciclástico-carbonatados de la ría de Vigo y bahía de Baiona. García, T.; Velo, A.; Fernández-Bastero, S.; Alejo, I.; Gago Duport, L.; Santos, A.; Vilas, F., 2000, Cuadernos de geología ibérica.
-- Preliminary investigations of the Recent Foraminifera of Baiona Bay, N.W. Spain. Article in Journal of Coastal Research 15(2):413-417 · January 1999
-- Dinámica litoral y evolución histórica de la Ensenada de Baiona (Pontevedra). I. Alejo, F. Vilas. Volume V. Thalassa, an international journal of marine science.
-- Fernandez-Bastero, S., (et al)Chemical factors controlling the steady-state distribution of mixed carbonate-siliciclastic sediments in Bayona Bay (northwest Spain) - 1999 - 15(1-4), 289-302
-- Gestoso L. et al. Temporal variation of benthic macrofauna in a subtidal sandy bottom of Baiona ensenada (NW Iberian Peninsula). Bol. R. Soc. Esp. Hist. Nat. Sec. Biol., 102 (1-4), 2007, 19-24. J. Moreira, C. Aldea, J. S. Troncoso. * J. Moreira, C. Aldea, J. S. Troncoso. Temporal dynamics of gastropod fauna on subtidal sandy sediments of the Ensenada de Baiona (NW Iberian Peninsula). Helgoland Marine Research, Springer Verlag, 2010, 64 (4), pp.311-320.
-- Bravo, I., Isabel Figueroa, R., Garcs, E., Fraga, S. & Massanet, A. 2010. The intricacies of dinoflagellate pellicle cysts: The example of Alexandrium minutum cysts from a bloom-recurrent area (Bay of Baiona, NW Spain). Deep Sea Research Part II: Tropical Studies in Oceanography 57:166-74.
Agora mesmo ría está referenciado cun atlas que ou moito me equivoco está feito por unha licenciada en farmacia e unha filósofa. Eu penso que non se pode comparar con obras de especialistas no tema.--HacheDous=0 (conversa) 5 de setembro de 2016 ás 21:36 (UTC)[responder]
Quizais dende o punto de vista xeolóxico non sexa correcto chamarlle "ría", mais non corresponde a Wikipedia decidir iso, Wikipedia non é fonte primaria, a Wikipedia correspóndelle reflectir o que din as fontes. Ao accidente xeográfico en cuestión aplícaselle tanto un nome coma o outro, como quedou dito, por abondosas fontes acreditadas. Fontes acreditadas no campo que sexa, non so no campo da xeografía. O artigo pode e debe desenvolverse e aspira, como tódolos artigos da Wikipedia a tocar o tema dende tódolos puntos de vista, o xeográfico, máis tamén podería enfocarse dende, ocórreseme por exemplo, a náutica, a etnografía, a literatura, a economía, o turismo … etc. Estes temas, ou outros, poden desenvolverse no corpo do artigo, e no corpo do artigo pode aclararse que é o que é, e o que non é, tecnicamente, dende o punto de vista xeolóxico, mais iso non quita para que na introdución consten os nomes comúns, segundo fontes acreditadas, penso. --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2016 ás 21:46 (UTC)[responder]
Pero entón na vez de poñelas en pé de igualdade para reflectir que se denomina ría quizais sexa máis correcto algo do tipo "a baía de Baiona, tamén denominada ría de Baiona, ..."--HacheDous=0 (conversa) 5 de setembro de 2016 ás 21:49 (UTC)[responder]
Paréceme ben. Procedo a poñelo así. --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2016 ás 22:19 (UTC)[responder]

En varias das enciclopedias en galego aparece a Ría de Baiona. Na GEG ten artigo de seu:

BAIONA Ría pontevedresa na que desemboca o río Miñor a partir da Ramallosa. Está defendida do Atlántico por dous grupos de illas e illotes. As máis próximas á costa son as pequenas pero fermosas illas Estelas; a poucas millas xorden as illas Cíes, parque nacional dende 2002 e lugar de grande interese paisaxístico.
A suavidade da súa liña litoral determina un relevo pouco accidentado. Na súa maioría é baixo e está dominado por formacións areosas, sobre todo dunas, hoxe moi degradadas por mor da acción do home. Cómpre destaca-la frecha litoral da praia Ladeira no esteiro e desembocadura do río Miñor, a punta Sansón e a punta Fornos, así como as illas Estelas, un arquipélago composto por dúas illas, a Estela de Dentro e a Estela de Fóra, e, ó oeste destas, a illa Serralleira. Nas proximidades do cabo Silleiro existen outras dúas illas pequenas: Polveiras e Carral. A morfoloxía litoral muda fondamente a partir do cabo Silleiro. O litoral torna rochoso e os acantilados son unha constante. No límite co concello de Oia está a punta das Negras, a illa Negra e o promontorio de Monterreal, que acubilla o porto do concello e as praias de máis sona: Santa Marta, Ladeira, A Cuncheira e Barbeira.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 

Amais, tamén na GEG, nos mapas que ilustran os artigos dos concellos de Baiona e de Nigrán aparece a "Ría de Baiona".

Na Diciopedia do século 21, volume 1, aparece a "Ría de Baiona" no mapa da páxina 260, ilustrando o artigo do concello de Baiona.

Na EGU, v. 2, p. 497 e tamén no DEGU, v. 7, p. 44 (ambos da mesma editorial), no artigo "Baiona" di ... A rede fluvial está dominada pola presenza do río Miñor, que forma a ría de Baiona.... Amais, no mapa que acompaña o artigo, tamén idéntico nas dúas publicacións, aparece a "Ría de Baiona". --. HombreDHojalata.conversa 6 de setembro de 2016 ás 20:30 (UTC)[responder]

Mapa Topográfico Nacional. WMTS de cartografía raster del IGN (Mapa). 1:25.000. Instituto Geográfico Nacional de España.  --. HombreDHojalata.conversa 6 de setembro de 2016 ás 21:07 (UTC)[responder]
Grazas polas referencias. Estou revisando referencias nos arquivos de Galiciana e hai algún mapa francés e español que denomina a ría de Vigo (de Arcade e Redondela ás Cíes) "ría de Bayona" (un p.ej Galiciana BDG20110007591). Non sei, pero semella que se podería ter empregado "ría de Baiona" para toda a ría antes do e XIX e ir perdéndose máis adiante e quedar xa só para referirse á baía que vai do porto de Baiona a Monteferro.
NB. sobre da wikipedia como fonte primaria. Coñézoo, mais ademais de intentar buscar referencias tamén cabe contrastar con outras fontes a calidade do seu contido e decidir que "confianza" che lles cabe dar, ben sexa un artigo científico, un libro, unha nova dun xornal... Mgl.branco (conversa) 10 de setembro de 2016 ás 22:43 (UTC)[responder]

Non. O exemplo que puxeches non concorda co que dis. Na Carte de la baye de Vigo et isles de Bayone la "baye de Vigo" é o que hoxe nós chamamos Ría de Vigo e "isles de Bayone" é o que hoxe nós chamamos Illas Cíes. É ben sabido que ás illas Cíes, antes, chamábanlles illas de Baiona. Porén, en ningures lle chama ría, ou baía, de Baiona a toda a ría de Vigo. --. HombreDHojalata.conversa 11 de setembro de 2016 ás 10:22 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Baía de Baiona. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 22:50 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Baía de Baiona. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de abril de 2019 ás 04:12 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Baía de Baiona. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de marzo de 2020 ás 18:30 (UTC)[responder]