Quetógnatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Quetognato")
Quetógnatos
(Chaetognatha)

Rango fósil: cámbrico inferior - actualidade
Spadella cephaloptera
Spadella cephaloptera
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chaetognatha
Leuckart, 1854
Clases

Os quetógnatos ou quetognatos (Chaetognatha, do grego χαίτη chaítē, "melena", "crinas", e γνάθος gnáthos, "mandíbula", é dicir, "os de mandíbulas espiñentas") son un filo de animais depredadores mariños, que forman parte do plancto en todo o globo, aínda que parece que teñen preferencia polas augas máis ben cálidas.

Adoitan seren case transparentes e forma de torpedo, con estruturas máis opacas na cabeza. Miden entre 2 mm e 12 cm de lonxitude.

Describíronse unhas 121 especies agrupadas en 20 xéneros.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Cabeza de Sagitta].

Os quetógnatos son transparentes ou translúcidos e están recubertos dunha cutícula. Presentan aletas e varias espiñas quitinosas curvadas a cada lado da cabeza —destinadas á caza— que gardan nunha carapucha cando nadan.

Teñen cabeza, tronco e cola ben diferenciados. Son hermafroditas con fecundación autógama ou cruzada; a segmetación é holobástica e non sofren metamorfose. Describíronse especies produtoras de neurotoxinas, que usan para atrapar presas. Nadan propulsándose coa cola e estabilizándose coas aletas.

A pesar de teren unha boca con unha ou dúas fileiras de dentes, ollos compostos e sistema nervioso, carecen de sistemas respiratorio, circulatorio e excretor. Moven todo o material que lles interesa para o interior do corpo mediante cilios, e a excreción realízana a través da pel.

Posición taxonómica[editar | editar a fonte]

Adoitan clasificarse dentro dos deuteróstomos polas súas características no desenvolvemento embrionario. Lynn Margulis e K. V. Schwartz, de feito, os incluíran neste grupo dentro da súa clasificación de 5 reinos. Os exames moleculares, porén, asóciasnos cos protóstomos, e Thomas Cavalier-Smith inclúenos neste grupo na súa teoría dos 6 reinos.[2] No que respecta ao desenvolvemento, gardan certas similitudes cos nematodos.

Algúns autores relaciónannos cos conodontos, á súa vez relacionados cos vertebrados e máis concretamente con protoconodontos, que hoxe se consideran quetógnatos e que se coñecen só por algúns dentes.

Rexistro fósil[editar | editar a fonte]

Apenas hai rexistro fósil, pero crese que apareceron no cámbrico. Hachárose espiñas fosilizadas súas datadas de finais da era paleozoica. Existen fósiles de corpos completos, aínda non moi ben descritos, de mediados do cámbrico en Burgess Shale, na Columbia Británica, e do cámbrico inferior nos xistos de Maotianshan de Yunnan, China.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Quetógnatos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados. 2ª ed. Madrid: Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida