Pías, Zamora
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Capital | Pías (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 99 (2023) (2,27 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 43,68 km² | |||
Altitude | 1.063 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Ángel Castro Rodríguez | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49580 | |||
Código INE | 49154 | |||
Pías é un concello da provincia de Zamora, pertencente ás Portelas e á comarca de Seabra, en Castela e León. Integran o municipio as localidades de Barxacova, Pías e Vilanova das Frieiras[1].
Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. É un dos poucos concellos bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]. O xentilicio é «piarolo».[3]
Topónimo
[editar | editar a fonte]Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Pías e o veciño Porto pertenceron á Encomenda de Castrotorafe. É citado como «un villar que uocitant Pilas» en 1154, pero xa Pias en 1198 e sucesivamente: «de Porto et de Pias quia non est de commenda de Senabria nec de Roureda» (1222), «inter Pias et Villamnouam» (1226).[4] Trátase sen dúbida da forma galega de "pía" (concavidade escavada en pedra), cuxa orixe pode ser tanto a referencia a un elemento da cultura pastoril como, máis probablemente, a un resto arqueolóxico sobranceiro, como unha sepultura antropomorfa en pedra.[5] Se non alude a unha sepultura escavada en rocha, pode ser outra a explicación. Máis probable que un bebedoiro, é a referencia a cavidades picadas nunha lancha ou rocha plana que aflora ao chan. En Paradela de Mogadouro (Portugal), dise dunha paraxe chamada Lombo das Pías que foi obra de pastores e cabreiros que as usaban como recipiente para a muxidura directa do gando durante as merendas; alí se migaba, sobre a rocha, o pan de centeo.[6] O mesmo acontecía nas Hurdes, onde tales cavidades servían para a muxidura in situ e o almacenamento de leite das cabras.[7][8]
Poboación
[editar | editar a fonte]Pías posúe unha poboación moi avellentada. En 2020, a metade os veciños (50,5%) tiña máis de 65 anos. Só 3 dos 111 habitantes era menor de idade e 6,3 % do total da poboación ten menos de 30 anos.
1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2010 | 2020 |
---|---|---|---|---|---|
303 | 255 | 215 | 201 | 157 | 111 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ usuarios.multimania.es/aureano/galicia_portelas.htm
- ↑ "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 08 de agosto de 2013.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 58. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Casado Quintanilla, Blas (2007). Colección documental del priorato de San Marcos de León, de la Orden de Santiago (1125-1300). Fuentes y Estudios de la Historia Leonesa. León: Centro de Estudios e Investigación San Isidoro.
- ↑ Riesco Chueca, Pascual (2010). "Nuevas conjeturas de toponimia zamorana". Anuario 2008 (PDF). Zamora: Instituto de Estudios Zamoranos Florián de Ocampo. pp. 359–436.
- ↑ PEREIRA, Ana Maria Pires Palhas (2002) 'Paradela, Mogadouro, terra de histórias sem idade', Medisa.
- ↑ BARROSO GUTIÉRREZ, Félix (1993) 'Las Hurdes: visión interior'. Centro de Cultura Tradicional. Deputación de Salamanca.
- ↑ RIESCO CHUECA, Pascual (2000) Medio natural e poboamento na toponimia maior de Zamora, extraído' do 'Anuario 2000, Instituto de Estudos Zamoranos "Florián de Ocampo" Deputación de Zamora, páx. 449-500.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pías, Zamora |