Olvido García Valdés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olvido García Valdés
OLVIDO GARCIA VALDES 005 (5687721958).jpg
Nome completoOlvido García Valdés
Nacemento2 de decembro de 1950
 Santianes
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo e Universidade de Valladolid
Ocupaciónescritora, poeta, ensaísta e tradutora
CónxuxeMiguel Casado
PremiosPremio Nacional de Poesía
editar datos en Wikidata ]

Olvido García Valdés, nada en Pravia (Asturias) o 2 de decembro de 1950, é unha poeta española. Dende xullo de 2018 é a Directora Xeral do Libro e Fomento da Lectura.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Oviedo e en Filosofía pola Universidade de Valladolid. Profesionalmente foi Catedrática de Lingua Española e Literatura en institutos de Valladolid e Toledo, e directora do Instituto Cervantes de Toulouse (Francia). Esta casada co poeta e crítico literario Miguel Casado.[1]

O 6 de xullo de 2018 foi nomeada Directora Xeral do Libro e de Fomento da Lectura.[2]

Escritura[editar | editar a fonte]

O volume Esa polilla que delante de mí revolotea. Poesía reunida (1982-2008), recolle a súa obra poética entre esas datas. Posteriormente publicou Lo solo del animal (2012). Entre outros premios, obtivo en 2007 o Premio Nacional de Poesía por Y todos estábamos vivos. Ten libros traducidos ao sueco, francés, inglés, italiano e polaco; igualmente os seus poemas apareceron en alemán, portugués, romanés, grego, árabe e chinés.

É tamén autora do ensayo biográfico Teresa de Jesús (2001), de textos para catálogos de artes plásticas (Zush, Kiefer, Vicente Rojo, Tàpies, Juan Soriano, Bienal de Venecia 2001, Broto...) e de numerosos ensaios de reflexión literaria. Traduciu La religión de mi tiempo e Larga carretera de arena de Pier Paolo Pasolini, e (en colaboración) a antoloxía de Anna Akhmatova e Marina Tsvetaieva El canto y la ceniza, así como El resto del viaje y otros poemas, de Bernard Noël.

Foi codirectora da revista Los Infolios dende 1987, e membro do consello editor da hispano-portuguesa Hablar/Falar de Poesia, creada en 1996; tamén foi cofundadora de El signo del gorrión, e pertenceu ao seu consello editorial durante os seus dez anos de vida (1992-2002).

Dirixiu ou coordinou diversos cursos, seminarios e ciclos de poesía contemporánea. Formou parte do proxecto Estudios de Poética, e coordinado a páxina de poesía "Y todos estábamos vivos" en ABC Cultural.

Poética[editar | editar a fonte]

O poema non é un artificio que pretende construír un mundo paralelo con igual valor ao do mundo, senón que máis ben, para a poeta, o mundo está aí, coas súas doses mesturadas de nítida realidade e de intensa e ferinte irrealidade. Desde esta perspectiva -escribiu Eduardo Milán- "logra imprimir unha liberdade resplandecente, atravesada de dor, mergulladora de relato, suspendida de fragmento. De cara sempre ao real -que materialmente investiga-, esa poesía actúa cunha sobriedade de sorpresa, pautada por un ritmo que sostén cambios imprevistos como un clima, como unha estación".

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • El tercer jardín, Ediciones del Faro, Valladolid, 1986.
  • Exposición, Ferrol, 1990, premio Ícaro de Literatura.
  • ella, los pájaros, Diputación, Soria, 1994, premio Leonor de Poesía.
  • caza nocturna, Ave del Paraíso, Madrid, 1997 (traducido ao sueco: Nattlig jakt, tradución de Ulf Eriksson, Ariel Skrifter, Estocolmo, 2004; e ao francés:Chasse nocturne, tradución de Stéphane Chaumet, L'Oreille du Loup, París, 2009).
  • Del ojo al hueso, Ave del Paraíso, Madrid, 2001.
  • La poesía, ese cuerpo extraño (Antología), Universidad, Oviedo, 2005.
  • Y todos estábamos vivos, Tusquets, Barcelona, 2006, premio Nacional de Poesía 2007 (traducido ao inglés: And we were all alive, tradución de Catherine Hammond, Cardboard House, USA, 2016; e ao francés: Et nous étions tous vivants, tradución de Bénédicte Mathios, L'Harmattan, París, 2017).
  • Esa polilla que delante de mí revolotea. Poesía reunida (1982-2008). Prólogo de Eduardo Milán. Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores, Barcelona, 2008 e 2016.
  • Racines d'ombre (antología), tradución ao francés de Martine Joulia e Jean-Yves Bériou, Cadastre8zéro, Abbeville, 2009.
  • Lo solo del animal, Tusquets, Barcelona, 2012.
  • Poesie (antología preparada por Mariano Peyrou), tradución ao italiano de Matteo Lefevre, Raffaelli, Rimini, 2012.
  • Obraz, który trwa tyle, co zycie (antología), tradución ao polaco de Marta Eloy Cichocka, Lokator, Cracovia, 2018.

Plaquettes[editar | editar a fonte]

  • Mimosa de febrero, Astrolabio, Palencia, 1994.
  • Si un cuervo trajera, La Borrachería, Lucerna, Zamora, 2000.
  • Todo acaba cayendo del lado que se inclina, Edición a secas, Buenos Aires, 2002.
  • Siete poemas. Con monotipos –Serie Babel 15106- de Luis Costillo. Escuela de Arte, Mérida, 2006.
  • Poética y Poesía, Fundación March, Madrid, 2009.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Teresa de Jesús, Omega, Barcelona, 2001.
  • Los poetas de la República (en colaboración con Miguel Casado), Hermes, Barcelona, 1997.

En volumes colectivos[editar | editar a fonte]

  • Perdidas en el espacio. Formas de ocupar, recorrer y representar los lugares. V.V. A.A. (Coord. Asun Bernárdez). Huerga y Fierro, Madrid, 1999.
  • En torno a Velázquez. V.V. A.A. (Coord. Miguel Ángel Ramos) Comunidad de Madrid, Madrid, 1999.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Pier Paolo Pasolini, La religión de mi tiempo, Icaria, Barcelona, 1997.
  • Anna Akhmatova e Marina Tsvetaieva, El canto y la ceniza. Antología poética (en colaboración con Monika Zgustova), Galaxia Gutenberg, Barcelona, 2005 y 2018.
  • Pier Paolo Pasolini, Larga carretera de arena. La Fábrica Editorial, Madrid, 2007.
  • Bernard Noël, El resto del viaje y otros poemas (en colaboración con Miguel Casado), Abada, Madrid, 2014.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "La asturiana Olvido García Valdés, nueva directora general del Libro". La Nueva España (Gijón). 7/7/2018. p. 55. 
  2. "El Consejo de Ministros aprueba el nombramiento de varios altos cargos del Ministerio de Cultura y Deporte - Ministerio de Educación, Cultura y Deporte". www.mecd.gob.es (en castelán). Consultado o 29/7/2018. 
  3. S.M., M. (16/1/2016). "Olvido García Valdés recoge el Premio de las Letras de Asturias". La Nueva España (Gijón). p. 55. Consultado o 8/7/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Un lugar donde no se miente. Conversación con Olvido García Valdés (2014), de Miguel Marinas.
  • Del animal poema. Olvido García-Valdés y la poética de lo vivo (2016), de Amelia Gamoneda.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]