Martín Veiga
Martín Veiga | |
---|---|
Nacemento | 1970 |
Noia | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | University College Cork e Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta, tradutor, crítico e académico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Martín Veiga Alonso, nado en Noia en 1970, é un poeta, tradutor e crítico literario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC. Doutor en Estudos Hispánicos pola Universidade de Cork.
Colabora en prensa, revistas literarias e libros colectivos con ensaios, artigos, poemas, traducións ao galego de autores de lingua inglesa e traducións ao inglés de poemas galegos. Foi lector de galego no "Irish Centre for Galician Studies" do departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Cork, en Cork (Irlanda), e na actualidade é profesor de lingua española, director do citado centro de estudos galegos de Cork e director do centro de "Creative Writing" (escritura creativa) nesa mesma universidade.
Como poeta, participou en numerosos recitais, colaborou nas revistas Ólisbos, Eis, Lúa Nova, Dorna; Southword, SERTA, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.
Grande parte da súa obra crítica, xunto á súa tese de doutoramento, estivo centrada na figura e obra de Antón Avilés de Taramancos.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Tempo van de porcelana, 1990, Casa de Cultura, Noia.
- As últimas ruínas, 1994, Espiral Maior.
- Ollos de ámbar, 2005, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Fundaxes, 2006, Espiral Maior.
- Diario de Crosses Green, 2016, Kalandraka. Foi traducida ao inglés.[1]
- A ganancia e a perda (2020). Faktoría K. 106 páxs.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Antón Avilés de Taramancos, 2003, Edicións Fervenza.
- Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos, 2003, Laiovento.
Edición[editar | editar a fonte]
- Cantos caucanos, de Antón Avilés de Taramancos, 2003, Xerais.
Antoloxías e obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Para saír do século. Nova proposta poética, 1997, Xerais.
- Poesía ultimísima, 1997, Libertarias, Madrid.
- Muestra de la joven poesía gallega, en La flama en el espejo, 1997, Praxis.
- A poesía contemporánea a partir de 1975. Antoloxía, 1997, A Nosa Terra/AS-PG.
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
- Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
- Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega, 1999, Xerais.
- Milenio. Ultimísima poesía española, 2000, Sial.
- Novas voces da poesía galega: recital, 2000, Consello da Cultura Galega.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Investigación[editar | editar a fonte]
- A obra literaria de Anton Aviles de Taramancos: un estudo critico, 2007 (Tese doutoral)
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Domingo Antonio de Andrade.
- Premio Rosalía de Castro.
- Premio Xacobeo de Poesía.
- Gañador do II Premio Espiral Maior de Poesía no 1994, por As últimas ruínas.
- Premio Ramón Cabanillas de Tradución.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2005, por Fundaxes.
- Esquio no 2005, por Ollos de ámbar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Diary of Crosses Green". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-28.