Saltar ao contido

Porto, Zamora

(Redirección desde «Porto de Sanabria»)
Modelo:Xeografía políticaPorto, Zamora
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°10′02″N 6°53′58″O / 42.167222222222, -6.8994444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor en Wikidata
CapitalPorto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Porto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación171 (2023) Editar o valor en Wikidata (0,85 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie200,46 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.211 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRogelio Carracedo Carracedo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49583 Editar o valor en Wikidata
Código INE49162 Editar o valor en Wikidata

Páxina webporto.es Editar o valor en Wikidata

Porto, tamén chamado Porto de Seabra ou Porto de Sanabria, é un concello español das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante está encadrado dentro da denominada Alta Seabra é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O xentilicio é «portexo».[1]

Parte do seu termo municipal atópase situado no Parque Natural do Lago de Seabra, un espazo natural protexido de grande atractivo turístico que conta co maior lago de orixe glaciar de España.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situado ao noroeste da provincia de Zamora, a 180 km da capital. Está situado a 1.205 m de altitude, sendo o concello de maior altitude da provincia.

Atópase nun profundo val entre os cumios de La Cuesta e Tanxilde, ao norte do río Bibei, accidentada polas serras da Porpasa e Currais (na Serra Calva ou de Porto) e A Segundeira.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Porto posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 2,25% da poboación (5 persoas) ten 15 anos ou menos (SIE 2010).

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2004 2010
437 363 302 299 222

Durante a Idade Moderna, ao igual que o resto da comarca, pertenceu á provincia de Valladolid. Durante o Trienio liberal pertenceu á provincia de Ourense. Administrativamente sempre estivo vinculado á terra de Seabra. No 1833 incorporouse á provincia de Zamora.

O 26 de agosto de 2018, coincidindo coa maior feira de gando do ano, celebrouse unha consulta informal sobre a hipotética separación de Castela e León, coa intención de pasar a Galicia. Os veciños quéixanse do afastados que se atopan da capital zamorana, o uso da lingua galega pola maioría dos moradores e o abandono que, din, teñen dende a administración castelá. O resultado foi de 202 votos a prol da escisión, 19 en contra e 6 en branco. A consulta non se limitou ao censo senón que puido votar calquera que se achase nese momento na localidade[2][3].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]