Meme (Internet)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Un meme sobre Richard Dawkins.

Un meme de Internet é unha actividade, concepto, frase ou contido multimedia que se estende de persoa a persoa a traves de Internet e as redes sociais.[1] Un meme defínese como "unha idea, comportamento ou estilo que se estende de persoa a persoa dentro dunha cultura."[2] Un meme de Internet pode tomar a forma dunha imaxe, ligazón web, vídeo, páxina web ou hastag. Pode ser só unha verba ou frase, incluíndo faltas de ortografía intencionadas. Os métodos de transmisión do meme máis habituais son as redes sociais, blogs, correos electrónicos, etc.

O termo meme foi cuñado por Richard Dawkins no seu libro de 1976 titulado The Selfish Gene, como intento de explicar a forma na que a información cultural se estende.[3] Os memes de Internet son un subconxunto deste concepto xeral de meme específicos da cultura e ecosistema de Internet. No 2013 Dawkins caracterizou un meme de Internet como un meme alterado intencionadamente pola creatividade humana.[4] Dawkins explicou que os memes de Internet son polo tanto un "secuestro da idea orixinal", coa propia idea dos memes sufrindo unha mutación e evolución nesta nova dirección.[5] Os memes de Internet teñen unha propiedade adicional que os memes ordinarios non teñen, ó deixar pegada nos medios polos que se propagan, facendo que se poidan rastrear e analizar.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schubert, Karen (31 de xullo de 2003). "Bazaar goes bizarre". USA Today. 
  2. Meme. Merriam-Webster Dictionary
  3. Dawkins, Richard (1989). The Selfish Gene (2ª ed.). Oxford University Press. p. 192. ISBN 0-19-286092-5. 
  4. Solon, Olivia (20 de xuño de 2013). "Richard Dawkins on the internet's hijacking of the word 'meme'". Wired UK. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2013. 
  5. Dawkins, Richard (22 de xuño de 2013). "Just for Hits". The Saatchi & Saatchi New Directors' Showcase. 
  6. Coscia, Michele (5 de abril de 2013). "Competition and Success in the Meme Pool: a Case Study on Quickmeme.com" (PDF). Center for International Development, Harvard Kennedy School. arXiv:1304.1712. 
  7. Mims, Christopher (28 de xuño de 2013). "Why you’ll share this story: The new science of memes". Quartz. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2013.