Entertainment Software Rating Board

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ESRB»)
Enterntainment Software Rating Board
Publicación inicial1994
Plataforma/sClasificación de videoxogos
Sitio webwww.esrb.org

Entertainment Software Rating Board (ESRB) é un sistema de clasificación de contido dos videoxogos estadounidense.[1]

Foi establecido en 1994 pola Entertainment Software Association (ESA), a anteriormente chamada Interactive Digital Software Association (IDSA). En 2009, asignara 19.130 categorías a xogos enviados por máis de 350 distribuidoras de videoxogos.

ESRB realiza de forma independente clasificacións, entregando lineamentos e os principios de privacidade para a industria dos videoxogos. Primeiro clasifica os videoxogos segundo o seu contido de violencia física o verbal e outros elementos como o contido sexual. Esta clasificación orienta e axuda os pais e consumidores a elixir os videoxogos que son correctos para a súa familia, idea proposta tras a aparición do videoxogo Mortal Kombat.

Clasificación ESRB[editar | editar a fonte]

Os símbolos que usa a ESRB son letras alfabéticas estilizadas que teñen a intención de indicar a etapa para a que é axeitado o obxecto. A ESRB usa actualmente máis de sete clasificacións diferentes.[2]

Clasificacións normais[editar | editar a fonte]

Clasificación ESRB Nome Ano de entrada Ano de retirado Idade adecuada Descrición das clasificacións
Early Childhood
(Nenos pequenos)
1994 2018 3 a 9 Anos Material con contido apto para nenos pequenos. Os xogos que entran dentro desta categoría son especificamente desenvolvidos para nenos pequenos e usualmente son de orientación educativa, un exemplo son os xogos de Sesame Street e os de Nick Jr..

Esta clasificación retirouse en 2018. Era apto para nenos de 3 a 9 anos.

Kids to Adults (Nenos a Adultos) 1994 1997
Everyone
(Todos)
1998 Vixente Todas as idades o 3 o máis anos Abarca temas aptos para todas as idades dos títulos comprendidos dentro desta categoría, poden conter algo de animación, violencia fantástica o mínima ou o uso de insultos suaves. Tamén se aplica na maioría dos xogos de deportes. Exemplos son as franquías de FIFA, Pokémon, o Super Mario
Everyone 10 and up/Everyone 10+
(Todos +10) (Todas as persoas maiores de 10 anos de idade)
2005 10 anos o máis Material idóneo para idades de 10 e máis anos. As obras dentro desta categoría xeralmente conteñen animacións, máis violencia leve o fantástica, sangre animada, insultos regulares o en temas suxerentes mínimos. Exemplos como os xogos da saga LEGO, Sonic Unleashed, Donkey Kong Jungle Beat, a serie Super Smash Bros (3DS, Wii U e Ultimate), Super Mario Odyssey, Kirby Star Allies, Crash Bandicoot N. Sane Trilogy, Roblox etc. É apto para nenos maiores de 10 anos.
Teen
(Adolescentes)
1994 13 anos o máis Contido adecuado para adolescentes entre 13 anos. Os produtos deste xénero xeralmente conteñen sangre (pode ser mínima), humor cruel, temas suxestivos o violencia moderada (pode ser regular), e, na maioría das veces, xogos de azar o apostas simulados. Como exemplo pódese mencionar a serie de Guitar Hero, Street Fighter IV, Tekken 7, The King of Fighters XIV, A serie Super Smash Bros (Melee e Brawl), Need for Speed: Most Wanted, Uncharted 2: El reino de los ladrones, Friday Night Funkin' etc. É apto para nenos maiores de 13 anos.

Clasificacións restrinxidas[editar | editar a fonte]

Clasificación ESRB Nome Ano de entrada Idade adecuada Descrición das clasificacións
Mature 17+ (Maduro 17+) 1994 17 (Menores deben ter permiso dun adulto) Artigos que poden conter material pertinente para idades de 17 o máis anos. As obras desta categoría xeralmente mostran violencia (pode ser intensa), sangre e horror/mutilacións, temas o natureza sexuais o insultos. Moitos vendedores (como Walmart e GameStop), aplican políticas sobre non vender xogos con este ordenamento a menores de 17 anos sen a presenza e aprobación dalgún titor. Algúns exemplos de xogos desta categoría son Warframe, South Park, Conker's Bad Fur Day, Resident Evil, os xogos da serie Mortal Kombat e os xogos da saga de Grand Theft Auto (GTA).[3]
Adults Only 18+ (Adultos unicamente +18) (Só adultos) 1994 18 (Os nenos o adolescentes non se les permite comprar, alugar o xogar) Contido soamente para adultos. Os títulos nesta categoría xeralmente inclúen escenas prolongadas de violencia intensa o temas o gráficas sexuais, linguaxe extremadamente malfalado o xogos de apostas/azar reais (e con diñeiro, divisas, efectivo e moeda), e sangre frecuentemente o nudez. A categorización AO é tema de controversia polas exaxeradas restricións que impoñen a algúns xogos. Por exemplo Manhunt 2, GTA: San Andreas (2005, re-clasificación) o Hatred. Tamén é usado comunmente en xogos que presentan escenas de hentai. Empresas como Microsoft[4], Sony o Nintendo[5] non permiten que xogos con esta clasificación salgan para as súas consolas. É apto para persoas maiores de 18 anos nada máis (podía ser restrinxido a maiores de 18 anos).

Outras clasificacións sen restricións[editar | editar a fonte]

Clasificación ESRB Nome Ano de entrada Idade adecuada Descrición das clasificacións
Rating Pending (Clasificación pendente) (Aún sen cualificar) 1994 Descoñecido (non está clasificado aínda) Aparece en xogos enviados á ESRB e que esperan unha clasificación final. Non obstante, unha vez cualificados, toda a publicidade pre-lanzamento debe conter a cualificación oficial do xogo posta pola ESRB. Algúns xogos, dependendo da intensidade do seu contido, poden ter unha renuncia de responsabilidade na que aparece «Pode ter contido inapropiado para menores» para moitos xogos que están clasificados con T (Teen), M (Mature) e AO (Adults Only).

Descricións e definicións[editar | editar a fonte]

Exemplo de descritores de contido usados pola empresa. Neste caso no xogo Rabbids Go Home.

Os descritores de contido aparecen na parte posterior da caixa do xogo e en anuncios impresos o sitios web que fagan referencia ao xogo. A ESRB ten máis de vinte descriptores de contido, como referencia ao alcohol, violencia e nudez. Abaixo, os descriptores de contido usados na clasificación[6]:

Alcohol Reference (Referencia ao alcohol)
Referencia e/ou imaxes das bebidas alcohólicas.
Animated Blood (Sangue animadi/Animación do sangue)
Representacións decoloradas ou pouco realistas do sangue.
Blood (Sangre)
Representacións do sangue.
Blood and gore (Derramamento de sangre)
Representacións da sangre o da mutilación das partes do corpo/obxectos/pezas.
Cartoon Violence (Violencia de caricatura)
Accións violentas que inclúen situacións e personaxes caricaturescos. Pode incluír violencia na cal un personaxe sae ileso despois de que a acción se leve a cabo.
Comic Mischief (Travesuras cómicas)
Representacións o diálogo que impliquen pallasadas o humor suxestivo. Nomeado como "Travesura cómica" na Google Play.
Crude Humor (Humor vulgar/cru)
Representacións ou diálogo que implique bromas vulgares, incluído o humor "hixiénico". Nomeado como "Humor cru" na Google Play.
Drug References (Referencias ás drogas)
Referencias e/ou imaxes de drogas ilegais.
Fantasy Violence (Violencia de fantasía)
Accións violentas de natureza fantástica/ficticia que inclúen personaxes humanos e non humanos (animais) en situacións que se distinguen con facilidade na vida real.
Intense Violence (Violencia intensa)
Representacións gráficas e de aparencia realista de conflitos físicos. Pode comprender sangre excesiva o realista, derramamento da sangre, armas e representacións de lesións humanas e a morte.
Language (Linguaxe)
Uso de linguaxe malfalado de moderado a intermedio. Nomeado como "Idioma" na Google Play e en Microsoft.
Lyrics (Letra de cancións)
Referencias moderadas de linguaxe malfalado, sexualidade, violencia, alcohol o uso das drogas nas cancións.
Mature Humor (Humor para adultos/maduro)
Representación o diálogos que conteñen humor "para adultos", incluídas as alusións sexuais.
Mild Violence (Violencia moderada/leve)
Escenas de personaxes debuxados en situacións non seguras o violentas. Nomeado como "Violencia leve" na Google Play.
Mild Blood (Sangre moderada/Pouca sangre)
Representacións moderadas o breves da sangre. Nomeado como "Pouca sangre" na Google Play.
Nudity (Nudez)
Representacións gráficas o prolongadas de nudez. Nomeado como "Nudos" na Google Play.
Partial Nudity (Nudez parcial)
Representacións breves o moderadas de nudez. Nomeado como "Nudez parcial" na Google Play.
Real Gambling (Apostas reais)
O xogador pode apostar, incluso colocar apostas con diñeiro o divisas reais.
Sexual Content (Contido sexual)
Representacións non explícitas de comportamento sexual, posiblemente conteñen nudeces parciais.
Sexual Themes (Temas sexuais)
Alusións ao sexo o á sexualidade.
Sexual Violence (Violencia sexual)
Representacións de violacións ou doutros actos sexuais violentos.
Simulated Gambling (Apostas simuladas)
O xogador pode apostar sen colocar apostas con diñeiro o divisas reais.
Strong Language (Linguaxe forte/ofensivo)
Uso explícito o frecuente de linguaxe malfalado. Nomeado como "Linguaxe ofensivo" en Microsoft.
Strong Lyrics (Letra de cancións forte)
Alusións explícitas o frecuentes de linguaxe malfalado, sexo, violencia o uso do alcohol o drogas nas cancións.
Strong Sexual Content (Contido sexual forte)
Alusións explícitas o frecuentes de comportamento sexual, posiblemente conteñen espidos.
Suggestive Themes (Temas insinuantes/suxestivos/provocativos)
Referencias ou materiais provocativos moderados. Nomeado como "Temas provocativos" en Google Play.
Tobacco Reference (Referencia ao tabaco)
Referencia ou imaxes de produtos de tabaco
Use of Alcohol (Uso do alcohol)
Consumo de alcohol o de bebidas alcohólicas.
Use of Drugs (Uso das drogas)
Consumo o uso de drogas ilegais.
Use of Tobacco (Uso do tabaco)
Consumo o uso de produtos de tabaco.
Violence (Violencia)
Escenas que comprenden un conflito agresivo. Poden conter desmembramento sen derramamento de sangre.
Violent References (Referencias violentas)
Alusións a actos violentos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Frequently Asked Questions". ESRB Ratings (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2021. 
  2. "Ratings Guides, Categories, Content Descriptors". ESRB Ratings (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2021. 
  3. "ESRB Retail Council" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2019. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  4. Kit Dotson (29 de dicembro de 2010). "Microsoft Vows to block AO Rated Games from the Xbox 360 Console" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  5. Brendan Sinclair (20 de xuño de 2007). "Sony, Nintendo forbid AO-rated Manhunt 2" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  6. "Guía de clasificacións da ESRB". ESRB Ratings (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]