Tsunekazu Ishihara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tsunekazu Ishihara
Nacemento27 de novembro de 1957
 Toba
NacionalidadeXapón
Alma máterUniversity of Tsukuba
Ocupaciónxerente
PremiosCEDEC Awards - Special Award e Japan Game Awards Minister of Economy, Trade and Industry Award
editar datos en Wikidata ]

Tsunekazu Ishihara (石原恒和?), nado o 27 de novembro de 1957, é un deseñador, director e produtor de videoxogos xaponés, ademais de ser o presidente de The Pokémon Company. Antes de traballar para a serie Pokémon, Ishihara formou parte de Ape Inc. e colaborou en títulos como EarthBound. Dez anos máis tarde fundou Creatures Inc.

Ishihara traballou eh Pokémon dende as primeiras fases de desenvolvemento na década de 1990, sendo produtor de criaturas ó tempo que traballou en conseguir licenzas de produtos spin-off como o Pokémon Trading Card Game, sendo fundador de The Pokémon Company para poder xestionar todas estas actividades. Tamén foi unha persoa crucial no desenvolvemento de Pokémon Go, dando o seu apoio ó concepto dun xogo de Pokémon baseado na localización.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ishihara naceu o 27 de novembro de 1957 na cidade de Toba, na prefectura de Mie. En 1983, completou un mestrado en Arte e Deseño na Universidade de Tsukuba.[1][2] Logo da súa graduación uniuse a Ape Inc. en 1991, onde traballou no desenvolvemento de varios videoxogos,[3] entre outros Mario & Wario (1993) e EarthBound (1994).[4][5] En 1995, despois de deixar Ape Inc., Ishihara fundou a empresa de desenvolvemento Creatures Inc., [6] coa asistencia de Satoru Iwata.[7] No ano 2019, Ishihara era director representante e xefe de criaturas.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nikkei (ed.). "Mr. Tsunekazu Ishihara". Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  2. "President's Message". pokemon.co.jp. The Pokémon Company. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  3. Computer Entertainment Supplier's Association (ed.). "Mr. Tsunekazu Ishihara" (PDF). Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  4. Musgrave, Shaun (28 de xullo de 2016). TouchArcade, ed. "Who Owns Pokemon, Anyway? It's Complicated.". Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  5. Nintendo Wire, ed. (5 de xuño de 2016). "Happy birthday, EarthBound: Looking back at all the 'Smiles and Tears'". Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  6. dime.jp, ed. (30 de decembro de 2018). "「テクノロジーの先端部分に引っ張られすぎると、当たり前を見失う」株式会社ポケモン石原恒和社長" (en xaponés). Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  7. Nintendo (ed.). "Iwata Asks - Just Making The Last Train". Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  8. "COMPANY". 株式会社クリーチャーズ (en xaponés). Creatures Inc. Consultado o 7 de xuño de 2019.