Platanista minor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Platanista minor
Golfiño do Indo

Rango fósil: oligoceno - actualidade

Comparación co tamaño dun humano
Comparación co tamaño dun humano

Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Platanistoidea
Familia: Platanistidae
Xénero: Platanista
Especie: P. minor
Nome binomial
Platanista minor
(Owen, 1853) [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Platanista gangetica minor Owen, 1853
  • Platanista indi Blyth, 1859
Véxase tamén: Golfiños de río.

Platanista minor é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos platanístidos.

É un golfiño de río que habita na conca do río Indo, nas provincias paquistanís de Sind e Punjab, polo que se coñece na bibliografía internacional como golfiño do Indo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Platanístidos.

A especie foi descrita en 1853 por Owen, quen a denominou inicialmente como Delphinus gangetica, en Descrip. Cat. Osteol. R. Mus. Coll. Surgeons, 2: 448.[2]

Durante moitos anos Platanista minor e a súa especie irmá, Platanista gangetica, foron consideradas como subespecies de P. gangetica. Logo, na década de 1970, descubríronse diferenzas na estrutura dos seus cranios e, máis tarde, investigacións moleculares demostraron tamén diferenzas nas proteínas do sangue.[3]

Porén, en 1972 Kasuya reduciu os dous taxa a subespecies dunha soa especie, Platanista gangetica, (P. g. gangetica e P. g. minor, respectiovamente).[4][5][6]

Así mesmo, Shreshta cuestiou a realidade das supostas diferenzas entre as dúas poblacións.[7]

Até o plioceno tardío, os actuais ríos Indo, Ganxes e Brahmaputra (excepto nos treitos superiores) constituían un único río que fluía cara ao oeste (denominado río Indobrahm). Incluso até tempos históricos houbo probabelmente esporádicos intercambios faunísticos entre os ríos Indo e Ganxes mediante capturas fluviais nas chairas baixas indoganxéticas. Por iso a IUCN considera só unha especie, P. gangetica, coas subespecies mencionadas.[8]

Pero na actualidade a maoiría dos autores consideran as dúas poboacións como dúas especies diferentes.[1][2]

Con todo, cómpre sinalar que, aínda que separadas xeograficamente, ambas as especies son morfoloxicamente idéticas, e os seus hábitos son tamén similares.[3]

Características[editar | editar a fonte]

As principais características físicas do golfiño do Indo son as seguintes:[3][9]

  • Corpo robusto, co ventre arredondado, de 2,1 a 2,5 m de lonxitude e un peso de entre os 70 e os 90 kg (uns 7,5 kg ao nacer).
  • Cabeza pequena, coa fronte en lixeiro declive, espiráculo lonxitudinal sitado no lado esquerdo, ollos pequenos e sen cristalino (polo que son practicamente cegos), e boca rematada nun longo e estreito biclo ou fociño (que pode alcanzar o 20 % da loinxituide total do corpo) e que está lixeiramente engrosado no extremo anterior, está armado con numerosos dentes, longos e acabados en punta, que son visíbeis incluso coa boca pechada.
  • Aletas pectorais anchas, en forma de paleta, cos bordos posteriores ondulados. Carece de aleta dorsal, que está substituída por unha pequena corcova de forma triangular, situada moi atrás e da que parte unha quilla que se estende até a aleta caudal, que presenta unha marcada fenda que separa os dous lobos, que teñen os bordos posteriores cóncavos.
Distribución do golfiño do Indo
e do golfiño do Ganxes.
  • Coloración parda agrisada uniforme, ás veces coa rexión ventral rosada.

Distribución[editar | editar a fonte]

O golfiño do Indo vive exclusivamente no río Indo, nas provincias de Sind e Punjab (Paquistán).
Máis do 80 % dos seus efectivos vive nun treito de 180 km no curso inferior dol río, entre as presas de Skkur e Guddu.
O límite superior está na presa de Jinnah, no Punjab noroccidental, e o inferior seguramente a presa de Kotri, en Sind.
Desde a década de 1930 as numeosas presas construídas para rega e a xeración de electricidade afectadon profundamente aos seus movementos e á súa distribución, dispersando a poboación en grupos illados.[3]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Os espécimes de Platanista gangetica poden vivir sos ou en parellas, pero tamén se observaron en pequenos grupos de até 10 individuos. Nadan e realizan vocalizacións durante todo o día, sen que se aprecien períodos claros de descanso. Saen máis á superficie que outros golfiños de auga doce e, ás veces, nadan cos seus bicos fóra da auga. Poden saltar cando se ven en apuros, saíndo case por completo da auga e volvendo a ela coa cabeza en primeiro lugar e, polo xeral, facendo un grande estrépito ao golpear coa cola na auga. As femias poden subir ás súas crías cara á superficie montadas no seu dorso. Polo xeral son de movementos lentos, pero son capaces de nadar a gran velocidade durante tempos curtos. Poden vivir en augas superficiais (de até 1 m de profundidade) pero parecen prefirir augas profundas.[3]

Poden nadar de lado, sobre todo en augas pouco profundas; os animais adoitan inclinarse cara á dereita e desprazarse cerca do fondo do río, coa aleta pectoral dese lado fozando na lama do fondo en busca de alimento. Segundo algúns informes esta natación lateral adoita ter lugar preferntemente ao anoitecer, e alcanza un máximo pola noite. A pesar de seren case cegos, é posíbel que poidan detectar a dirección da luz, e talvez os cambios na súa intensidade, pero nadan e localizan os alimentos mediante un sofisticado sistema de sonar (ecolocalización).[3]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntanse dunha gran variedade de crustáceos e pequenos peixes.[3]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Alcanzan a madurez sexual sobre os 10 anos de idade. A xestación crese que dura aproximadamente 9 ou 10 meses. Os nacementos poden ter lugar durante todo o ano, pero parecen concentrarse sobre todo en dúas épocas, decembro-xaneiro e marzo-maio.[10]

Estado actual[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza determinar o estado desta especie é especialmente problemático debido á carencia de datos cuantitativos rigorosos (actuais ou históricos) en número, mortandade, grao de ocorrencia e área de distribución. Porén, a diversidade e a escala das ameazas —recentes, actuais e proxectadas— son tales que xustifican que no ano 2012 a UICN cualificase o estado desta especie como "EN" (risco baixo).[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Platanista minor Owen, 1853 no SIIT.
  2. 2,0 2,1 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Carwardine, M. (1995), pp. 230-233.
  4. Brownell Jr., R. L. (1984): "Review of reproduction in platanistid dolphins". Reports of the International Whaling Commission. Número especial 6: 149-158.
  5. Reeves, R. R. (1998): "Conservation status of the Indus Rver Dolphin in Pakistan". BI Reports (International Marine Biological Research Institute, Kamogawa, Japan) 8: 1–9.
  6. Reeves, R. R. and Chaudhry, A. A. (1998): "Status of the Indus River Dolphin Platanista minor". Oryx 32: 35–44.
  7. Shrestha, T. K.( 1989): "Biology, status and conservation of the Ganges River dolphin, Platanista gangetica, in Nepal. En: W. F. Perrin, R. L. Brownell Jr., K. Zhou and J. Liu (eds.), Biology and Conservation of River Dolphins, pp. 70-76. IUCN Species Survival Commission Occasional Paper 3, Gland, Switzerland and Cambridge, UK.
  8. 8,0 8,1 Smith, B.D., Braulik, G.T. & Sinha, R. (2012): Platanista gangetica minor na Lista vermella da UICN.
  9. Kiefner, Ralf (2002): Baleines et dauphins du monde. Paris: Editions Ulmer. ISBN 2-84138-192-7.
  10. Swinton, J., W. Gomez e P. Myer (2009): Platanista minor en ADW (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]