Golfiños de auga doce
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Golfiño (homónimos).
Co nome de golfiños de auga doce ou golfiños de río coñécense varias especies de cetáceos odontocetos que, a diferenza dos golfiños (ou golfiños oceánicos, como se coñecen adoito na bibliografía), teñen o seu hábitat en estuarios e cursos fluviais.
Estes particulares golfiños está englobados en tres superfamilias Platanistoidea, Inioidea e Lipotoidea, e actualmente son cinco especies (ou catro, de consideramos extinta a Lipotes vexillifer).
Os golfiños do xénero Orcaella, que ocasionalmente poden verse nas augas doces dalgúns ríos do sueste asiático, como o Mekong ou o Irauadi, non son propiamente golfiños de río, senón membros da familia dos delfínidos, é dicir, golfiños oceánicos.
Especies modernas
[editar | editar a fonte]- Superfamilia Platanistoidea
- Familia Platanistidae
- Superfamilia Inioidea
- Familia Iniidae
- Xénero Inia
- Familia Pontoporiidae
- Xénero Pontoporia
- Familia Iniidae
- Superfamilia Lipotoidea (†)?
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.