Odontocetos
Odontocetos Odontoceti Rango fósil: eoceno – presente | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Arroaz (Tursiops truncatus) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||||||||||
Os odontocetos (Odontoceti, Flower, 1867) constitúen unha suborde dos cetáceos caracterizados por posuíren dentes, a diferenza das baleas e especies similares (misticetos) que posúen unhas formacións quitinosas chamadas barbas, con función filtradora.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O nome Odontoceti provén do grego antigo ὀδόντο- odónto-, "dente" e κῆτος kêtos, "gran monstro mariño".[1]
Características[editar | editar a fonte]
A característica definitoria do taxon é a presenza de dentes, polo que as especies de gran tamaño, reciben o nome (impropio) de baleas dentadas ou baleas con dentes. Os dentes son cónicos, ocos e indiferenciados (homodontes) e poden presentarse en número moi variable, desde os 160-240 do golfiño común ata o dente único do narval.[2] Así mesmo varía a súa disposición, presente nas dúas mandíbulas ou só na inferior (como nos cachalotes ou algúns zifios) ou na superior (narval), e o seu tamaño, que oscila entre uns milímetros na toniña e os dous metros no narval.
Os dentes non teñen función mastigatoria senón que serven para capturar as presas, que engolen enteiras. Aínda así, non sempre cumpren esa función e nalgunhas especies convértense en caracteres de diferenciación sexual, como acontece tipicamente no narval.
Presentan un único espiráculo (orificio respiratorio) na parte superior da cabeza e unha fronte avultada debida ás modificacións anatómicas producidas pola presenza do melón, denominación popular do órgano da ecolocación.
Todos os odontocetos son carnívoros.
Taxonomía[editar | editar a fonte]
Os odontocetos clasifícanse dentro da orde Cetacea e distribúense en dez familias (algunhas delas discutidas):
- Delphinidae (Gray, 1821): golfiños, candorca, caldeiróns
- Ziphiidae (Gray, 1850): zifios
- Iniidae (Gray, 1846): golfiños de auga doce (algús inclúena en Platanistidae)
- Kogiidae (Gill, 1871): cachalote anano (alúns inclúena en Physeteridae)
- Lipotidae (incluída por algúns, en Innidae, e por outrpos en Platanistidae)
- Monodontidae (Gray, 1821): narval e beluga
- Phocoenidae (Gray, 1825): toniñas
- Physeteridae (Gray, 1821): cachalote
- Platanistidae (Gray, 1846): golfiños de auga doce
- Pontoporiidae (incluída por algúns, en Innidae, e por outrpos en Platanistidae)
Modernamente moitos autores agrupan estas familias en seis superfamilias:[3]
- Orde Cetacea
- Suborde Odontoceti
- Superfamilia Delphinoidea
- Familia Delphinidae
- Familia Monodontidae
- Familia Phocoenidae
- Superfamilia Inioidea
- Familia Iniidae
- Familia Pontoporiidae [4]
- Superfamilia Lipotoidea
- Superfamilia Physeteroidea
- Famila Kogiidae
- Familia Physeteridae
- Superfamilia Platanistoidea
- Familia Platanistidae
- Superfamila Zifioidea
- Familia Ziphiidae
- Superfamilia Delphinoidea
- Suborde Odontoceti
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Dentadura do golfiño común
Candorcas saltando no aire
Cranio de candorca
Maxilar inferior do cachalote
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Dicciomed.es: Odontocetos". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2010. Consultado o 21 de agosto de 2013.
- ↑ Reealmente, o narval ten dous dentes na mandíbula superior, aínda que (normalmente) o esquerdo alcanza un desenvolvemento enorme, de ata de máis de 2 m)
- ↑ Paleobiology Database
- ↑ Que inclúe a especie Pontoporia blainvillei, o coñecido como golfiño do Prata, antes incluída na familia Iniidae.
- ↑ A dos Lipotidae é unha familia creada por Zhou, Qian & Li en 1978, que inclúe á especie Lipotes vexillifer, chamado golfiño chinés de río, antes icluída na familia dos Platanistidae.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Odontocetos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Odontocetos |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Taxonomía ITIS
- Taxonomía Mammals Species of the World
- Jefferson, Thomas A.; Leatherwood, Stephen; Webber, Marc A. (1994). Marine mammals of the world (en inglés). Rome: United Nations Environment Programme. ISBN 9251032920. OCLC 30643250.
- Odontoceti en Fauna ibérica; mamíferos. Ángel Cabrera Latorre, 1914 (Facsímile electrónico) (en castelán).
- Asturnatura.com