De amor e desamor deu título tamén a dous volumes[1] aparecidos en 1984 e 1985, editados por Ediciós do Castro e hoxe fóra de catálogo, que incluían textos dos membros do grupo. A súa posta en escena[3] foi o recital[4] de formato clásico, apoiado ás veces en músicos coma Alfonso Morán ou César Morán. As presentacións do colectivo contaron con gran asistencia de público.
Tras disolverse De amor e desamor moitos dos seus autores e autoras seguiron destacando en solitario. No ano 2010 celebrouse o XXV aniversario do colectivo cun recital poético[5]. Lois Pereiro foi homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas no ano 2011.