Pierre Bourdieu
Pierre Bourdieu | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Pierre Félix Bourdieu |
Nacemento | 1 de agosto de 1930 |
Denguin | |
Falecemento | 23 de xaneiro de 2002 |
12.º arrondissement de Paris | |
Causa | carcinoma de células pequenas |
Soterrado | Cemiterio do Père-Lachaise |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Escola Normal Superior de Paris, École pratique des hautes études, Lycée Louis-Barthou e Lycée Louis-le-Grand |
Ocupación | filósofo, sociólogo, antropólogo, escritor e fotógrafo |
Cónxuxe | Marie-Claire Bourdieu |
Fillos | Emmanuel Bourdieu, Laurent Bourdieu e Jérôme Bourdieu |
Coñecido por | Distinction, sen etiquetar e La reproduction |
Premios | Medalha de Ouro CNRS, Ernst Bloch Award, Honorary doctor of the Free University of Berlin, Lysenko Prize e doutor honoris causa pola Universidade de Atenas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pierre Bourdieu nado en Denguin (na rexión de Aquitania) o 1 de agosto de 1930 e finado en París o 23 de xaneiro de 2002, foi un sociólogo francés, referencia intelectual da esquerda política europea.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Filosofía en París e exerceu a docencia en Moullins, Alxeria, París e Lille. Realizou estudos sobre o estudantado, a fotografía, a pedagoxía e a comunicación.
Foi profesor da Ecole Normale Superieure e foi director da Escola Práctica de Altos Estudos e catedrático de socioloxía do College de France e da Escola Superior de Ciencias Sociais. Foi director da revista Actes de la Recherche en Sciencies Sociales. Tivo varios doutorados honoris causa.
Continuou con investigacións e estudos sobre a violencia simbólica, a reprodución da clase dominante, a socioloxía da cultura e os estilos de vida.
Pensamento[editar | editar a fonte]
Bourdieu foi un crítico da globalización, o neoliberalismo, as novas formas de explotación capitalista e a xenofobia. Denunciou o tratamento da política por parte dos medios de difusión de masas que consideraba superficial e sometido á necesidade de divertir antes que de concienciar. Combateu a tendencia neoliberal a flexibilizar os mercados de traballo facendo retroceder conquistas sociais co fin de outorgar confianza aos investidores. Tentou desmantelar as xustificacións teóricas dos privilexiados. Condenou a debilidade dos Estados fronte aos ataques especulativos dos poderes financeiros.
A Bourdieu débenselle conceptos en socioloxía como habitus e campo en tanto que elementos obxectivos de socialización interiorizados e o contido novo doutros como capital e poder que abranguen conceptos como prestixio, pundonor e recoñecemento social. Segundo Bourdieu, todos buscan un interese particular pero isto non é un proceso racional senón en gran medida inconsciente.